MP0180 Módulo profesional: Segunda lingua estranxeira

_ Equivalencia en créditos ECTS: 7.

_ Código: MP0180.

_ Duración: 157 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Recoñece información cotiá e profesional específica contida en discursos orais claros e sinxelos emitidos en lingua estándar, e identifica o contido global da mensaxe.

- CA1.1. Situouse a mensaxe no seu contexto profesional.

- CA1.2. Captouse a idea principal da mensaxe.

- CA1.3. Identificouse a información específica contida na mensaxe.

- CA1.4. Identificouse a actitude e a intención da persoa interlocutora.

- CA1.5. Extraéronse as ideas principais dunha mensaxe emitida por un medio de co municación.

- CA1.6. Identificouse o fío argumental dunha situación comunicativa presenciada.

- CA1.7. Determináronse os papeis que aparecen nunha secuencia presenciada.

_ RA2. Interpreta información profesional escrita contida en textos sinxelos e analiza comprensivamente os seus contidos.

- CA2.1. Fíxose unha lectura comprensiva de textos específicos do seu ámbito profe sional.

- CA2.2. Identificouse con precisión a terminoloxía utilizada.

- CA2.3. Extraeuse a información máis salientable dun texto relativo á súa profesión.

- CA2.4. Realizáronse traducións directas e inversas de textos específicos sinxelos, e utilizáronse materiais de consulta e dicionarios técnicos.

- CA2.5. Interpretouse a mensaxe recibida a través de soportes telemáticos (correo electrónico, fax, etc.).

- CA2.6. Relacionouse o texto co ámbito do sector a que se refira.

- CA2.7. Léronse con certo grao de independencia textos de diversos tipos, adaptando o estilo e a velocidade de lectura, aínda que poida presentar algunha dificultade, con modismos pouco frecuentes.

_ RA3. Emite mensaxes orais sinxelas, claras e ben estruturadas, e relaciona o propósito da mensaxe coas estruturas lingüísticas adquiridas.

- CA3.1. Comunicouse utilizando fórmulas sinxelas, nexos e estratexias de interac ción.

- CA3.2. Utilizouse correctamente a terminoloxía da profesión.

- CA3.3. Manifestáronse preferencias laborais no sector profesional.

- CA3.4. Describiuse con relativa fluidez o seu contorno profesional máis próximo.

- CA3.5. Estableceuse a secuencia das actividades propias dun proceso produtivo do sector profesional.

- CA3.6. Realizáronse con claridade presentacións breves e preparadas sobre un tema dentro da especialidade.

- CA3.7. Utilizáronse normas de protocolo en presentacións adaptadas ao seu nivel.

- CA3.8. Respondeuse a preguntas breves complementarias relativas á profesión.

- CA3.9. Intercambiouse información específica con fluidez, utilizando frases de es trutura sinxela.

_ RA4. Elabora textos sinxelos e relaciona as regras gramaticais co seu propósito.

- CA4.1. Formalizouse información básica requirida en distintos tipos de documentos.

- CA4.2. Elaborouse unha solicitude de emprego a partir dunha oferta de traballo da da.

- CA4.3. Redactouse un breve currículo.

- CA4.4. Formalizouse un texto dado con apoios visuais e claves lingüísticas achega das.

- CA4.5. Elaborouse un pequeno informe cun propósito comunicativo específico.

- CA4.6. Redactouse unha carta comercial a partir de instrucións detalladas e modelos dados.

- CA4.7. Realizáronse resumos breves de textos sinxelos relacionados co seu contorno profesional.

_ RA5. Aplica actitudes e comportamentos profesionais en situacións de comunicación e describe as relacións típicas características dos países da lingua estranxeira.

- CA5.1. Definíronse os trazos máis significativos dos costumes e dos usos da comu nidade onde se fale a lingua estranxeira.

- CA5.2. Describíronse os protocolos e as normas de relación social propios dos paí ses da lingua estranxeira.

- CA5.3. Identificáronse os valores e as crenzas da comunidade onde se fale a lingua estranxeira.

- CA5.4. Identificáronse en calquera tipo de texto os aspectos socioprofesionais pro pios do sector.

- CA5.5. Aplicáronse os protocolos e as normas de relación social dos países da lin gua estranxeira.

- CA5.6. Recoñecéronse os marcadores lingüísticos da procedencia rexional.

 

Contidos

 

BC1. Comprensión de mensaxes orais

_ Recoñecemento de mensaxes profesionais do sector e cotiás.

_ Mensaxes directas, telefónicas, radiofónicas e gravadas. Distinción entre datos e opi nións e identificación da intención da persoa falante.

_ Terminoloxía específica do sector.

_ Ideas principais e secundarias.

_ Recursos lingüísticos: estruturas e funcións.

_ Discriminación das principais oposicións fonolóxicas.

_ Diferenciación entre fonemas vocálicos orais e nasais.

 

BC2. Interpretación de mensaxes escritas

_ Comprensión de mensaxes, textos e artigos profesionais do sector e cotiáns.

_ Terminoloxía específica do sector.

_ Ideas principais e ideas secundarias.

_ Recursos gramaticais.

_ Relacións lóxicas: oposición, concesión, comparación, condición, causa, finalidade e resultado.

_ Relacións temporais: anterioridade, posterioridade e simultaneidade.

_ Interpretación dun documento profesional na lingua estranxeira: ofertas e demandas de emprego, currículos, modelos de cartas, cuestionarios, facturas, manuais, etc.

_ Características específicas de documentos profesionais recibidos por medios telemáti cos.

 

BC3. Produción de mensaxes orais

_ Terminoloxía específica do sector.

_ Rexistros utilizados na emisión de mensaxes orais. Preferencias polo rexistro formal no ámbito socioprofesional.

_ Expresión fónica, entoación e ritmo.

_ Marcadores lingüísticos de relacións sociais, normas de cortesía e diferenzas de rexis tro.

_ Benvida e recepción da clientela. Despedida.

_ Uso do discurso indirecto. Transmisión dun aviso.

_ Proposta de actividades e informacións varias.

_ Resposta afirmativa ou negativa atenuada a unha petición.

_ Particularidades da conversa telefónica.

_ Resolución de problemas coa clientela. Interrogación.

_ Mantemento e seguimento do discurso oral.

_ Toma, mantemento e cesión da quenda de palabra.

_ Apoio, demostración de entendemento e petición de aclaración.

_ Entoación como recurso de cohesión do texto oral: uso dos patróns de entoación.

_ Conectadores lingüísticos.

_ Linguaxe non verbal (código xestual).

 

BC4. Emisión de textos escritos

_ Expresión e formalización de documentos e textos profesionais do sector e cotiáns.

_ Relacións lóxicas: oposición, concesión, comparación, condición, causa, finalidade e resultado.

_ Nexos.

_ Relacións temporais: anterioridade, posterioridade e simultaneidade.

_ Uso da descrición como recurso lingüístico.

_ Linguaxe específica de internet na lingua estranxeira.

_ Formalización dun documento profesional na lingua estranxeira: ofertas e demandas de emprego, currículos, modelos de cartas, cuestionarios, facturas, manuais, etc.

_ Coherencia textual.

 

BC5. Identificación e interpretación dos elementos culturais máis salientables dos países da lingua estranxeira

_ Valoración das normas socioculturais e protocolarias nas relacións internacionais.

_ Uso dos recursos formais e funcionais en situacións que requiran un comportamento socioprofesional, co fin de proxectar unha boa imaxe da empresa.

_ Recoñecemento da lingua estranxeira para afondar en coñecementos que resulten de in terese ao longo da vida persoal e profesional.

_ Uso de rexistros axeitados segundo o contexto da comunicación e a intención das per soas interlocutoras.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo contén a formación necesaria para o desempeño de actividades relacionadas coas actividades de asistencia á dirección.

A tarefa de asistencia á dirección abrangue o desenvolvemento dos procesos relacionados e o cumprimento de procesos e protocolos de calidade, todo iso nunha segunda lingua es tranxeira.

A formación do módulo contribúe a alcanzar o obxectivo xeral b) do ciclo formativo, e as competencias b), c) e d).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

- Descrición, análise e aplicación dos procesos de comunicación utilizando unha se gunda lingua estranxeira.

- Desenvolvemento dos procesos incluídos nas actividades de asistencia á dirección, nunha segunda lingua estranxeira.

- Formalización de documentos asociados ás actividades de asistencia á dirección, nunha segunda lingua estranxeira.

- Identificación, análise e procedementos de actuación ante situacións imprevistas (queixas, reclamacións, etc.), nunha segunda lingua estranxeira.