MP0438 Módulo profesional: operacións administrativas de compravenda

_ Código: MP0438.

_ Duración: 133 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Calcula descontos e prezos de venda e compra, aplicando as normas e os usos mercantís e a lexislación fiscal.

- CA1.1. Recoñecéronse as funcións do departamento de vendas, ou comercial, e as do de compras.

- CA1.2. Recoñecéronse os tipos de mercados, de clientes e de produtos ou servizos.

- CA1.3. Describíronse os circuítos dos documentos de compravenda.

- CA1.4. Identificáronse os conceptos de prezo de compra do produto, gastos, prezo de venda, desconto, xuro comercial, recarga e marxe comercial.

- CA1.5. Distinguíronse os conceptos de comisión e corretaxe.

- CA1.6. Recoñecéronse as porcentaxes do imposto sobre o valor engadido (IVE) para aplicar nas operacións de compravenda.

- CA1.7. Clasificáronse os tipos de desconto máis habituais.

- CA1.8. Recoñecéronse e cuantificáronse os gastos de compra ou de venda.

- CA1.9. Identificáronse os métodos para calcular o prezo final de venda e os prezos unitarios.

- CA1.10. Valorouse a necesidade de actualizar as referencias, as características téc nicas, as tarifas e outras especificacións dos produtos e dos servizos prestados.

_ RA2. Confecciona documentos administrativos das operacións de compravenda en re lación coas transaccións comerciais da empresa.

- CA2.1. Identificáronse os documentos básicos das operacións de compravenda e precisáronse os requisitos formais que deban cumprir.

- CA2.2. Recoñeceuse o contrato mercantil de compravenda.

- CA2.3. Describíronse os fluxos de documentación administrativa habituais da em presa relacionados coa compra e a venda.

- CA2.4. Identificouse o proceso de recepción de pedidos e a súa posterior xestión.

- CA2.5. Formalizáronse os documentos relativos á compra e á venda na empresa.

- CA2.6. Comprobouse a coherencia interna dos documentos, para o que se traslada ron as copias aos departamentos correspondentes.

- CA2.7. Recoñecéronse os procesos de expedición e entrega de mercadorías.

- CA2.8. Verificouse que a documentación comercial recibida e emitida cumpra a le xislación e os procedementos internos da empresa.

- CA2.9. Identificáronse os parámetros e a información que cumpra rexistrar nas ope racións de compravenda.

- CA2.10. Valorouse a importancia da continua actualización de canles de compra venda, provedores e clientes.

- CA2.11. Valorouse a necesidade da calidade no servizo posvenda.

-      CA2.12. Valorouse a necesidade de aplicar os sistemas de protección e salvagarda da información, así como os criterios de calidade no proceso administrativo.

_ RA3. Liquida obrigas fiscais ligadas ás operacións de compravenda, con aplicación da normativa fiscal.

- CA3.1. Identificáronse as características básicas das normas mercantís e fiscais apli cables ás operacións de compravenda.

- CA3.2. Identificáronse as obrigas de rexistro en relación co IVE.

- CA3.3. Identificáronse os librosrexistro obrigatorios para as empresas.

- CA3.4. Identificáronse os librosrexistro voluntarios para as empresas.

- CA3.5. Identificouse a obriga de presentar declaracións trimestrais e resumos anuais en relación co IVE.

- CA3.6. Identificáronse as obrigas informativas á Facenda en relación coas opera cións efectuadas periodicamente.

- CA3.7. Recoñeceuse a normativa sobre a conservación de documentos e informa ción.

_ RA4. Controla existencias aplicando sistemas de xestión de almacén.

- CA4.1. Clasificáronse os tipos de existencias habituais en empresas de produción, comerciais e de servizos.

- CA4.2. Diferenciáronse os tipos de embalaxes e envases que se utilizan.

- CA4.3. Describíronse os procedementos administrativos de recepción, almacena mento, distribución interna e expedición de existencias.

- CA4.4. Calculáronse os prezos unitarios de custo das existencias, tendo en conta os gastos correspondentes.

- CA4.5. Identificáronse os métodos de control de existencias.

- CA4.6. Recoñecéronse os conceptos de existencias mínimas e existencias óptimas.

- CA4.7. Identificáronse os procedementos internos para o lanzamento de pedidos aos provedores.

- CA4.8. Valorouse a importancia dos inventarios periódicos.

- CA4.9. Utilizáronse as aplicacións informáticas e os procesos establecidos na em presa para a xestión do almacén.

_ RA5. Tramita pagamentos e cobramentos, para o que recoñece a documentación aso ciada e o seu fluxo dentro da empresa.

- CA5.1. Identificáronse os medios de pagamento e cobramento habituais na empresa.

- CA5.2. Formalizáronse os documentos financeiros utilizados e os impresos de co bramento e pagamento.

- CA5.3. Valoráronse os procedementos de autorización dos pagamentos.

- CA5.4. Valoráronse os procedementos de xestión dos cobramentos.

- CA5.5. Recoñecéronse os documentos de xustificación do pagamento.

- CA5.6. Diferenciouse o pagamento ao contado do aprazado.

- CA5.7. Identificáronse as características básicas e o funcionamento dos pagamentos por internet.

- CA5.8. Analizáronse as formas máis usuais de financiamento comercial.

 

Contidos básicos

 

BC1. Cálculo de prezos de venda, compra e descontos

_ Organización e estrutura comercial na empresa.

- Concepto de empresa: tipos e obxectivos.

- Formas de organización comercial da empresa.

- Función de compra e función de venda.

- Sistema de comercialización. Elección de provedores. Canles de venda.

_ Conceptos básicos da actividade de compravenda e cálculos comerciais.

- Conceptos de prezo de compra, prezo de venda, marxe comercial, beneficio, gastos de compra e gastos de venda.

- Descontos. Xuros e recargas. Comisións e corretaxes.

- Cálculos comerciais básicos na facturación e de prezos unitarios.

- Cálculos de pagamento e cobramento aprazado ou avanzado.

- Xestión e negociación de documentos de cobramento.

 

BC2. Confección de documentos administrativos das operacións de compravenda

_ Contrato mercantil de compravenda.

_ Proceso de compras.

_ Proceso de vendas.

_ Canles de venda e/ou distribución. Expedición e entrega de mercadorías.

_ Elaboración de documentos de compravenda. Lexislación aplicable.

_ Devolucións e reclamacións.

_ Servizo posvenda.

_ Bases de datos de provedores e clientes.

_ Aplicacións informáticas de xestión de clientes e facturación.

_ Sistemas de protección de datos.

_ Avaliación da calidade do proceso administrativo.

 

BC3. Liquidación de obrigas fiscais derivadas da compravenda

_ Normas mercantís e fiscais aplicables ás operacións de compravenda.

_ Imposto sobre o valor engadido.

_ Modelos e prazos de presentación da declaraciónliquidación do IVE.

_ Soporte documental e informático das operacións de compravenda.

_ Libros de rexistro obrigatorios e voluntarios.

_ Declaracións censuais e de operacións con terceiras persoas.

_ Obrigas na conservación de documentos e información.

 

BC4. Control de existencias de almacén

_ Tipo de existencias.

_ Envases e embalaxes.

_ Inventarios e verificacións.

_ Control e xestión de existencias: procesos administrativos.

_ Custo de existencias. Custo unitario.

_ Existencias mínimas e óptimas.

_ Métodos de valoración de existencias.

_ Aplicacións informáticas para a xestión de almacén.

 

BC5. Tramitación de cobramentos e pagamentos

_ Medios usuais e documentos de cobramento e pagamento usuais.

_ Procesos administrativos de cobramento e pagamento. Autorizacións.

_ Financiamento de documentos de cobramento a prazo.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de apoio administrativo e de atención á clientela, dos departamentos de compra, de vendas ou comerciais, así como de almacén, aplicando os protocolos de calidade establecidos pola empresa.

A función de apoio administrativo abrangue aspectos como:

- Formalización, confección, recepción e tramitación da documentación administrati va e comercial con clientela externa e interna, utilizando medios convencionais e te lemáticos.

- Uso e aplicación das diversas técnicas de comunicación para informar e asesorar a clientela, en condicións de seguridade.

- Desenvolvemento e formalización de procesos e protocolos de calidade asociados ás xestións administrativas e comerciais.

- Control da xestión de almacén, aplicando os sistemas de xestión de existencias.

- Actividades de pagamento e cobramento, seguindo os protocolos establecidos.

- Trámites administrativos das obrigas fiscais da empresa.

 

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse nomeadamente en:

- Operacións de compravenda de produtos e servizos que realizan as empresas de di ferentes sectores económicos, e todas as operacións administrativas asociadas e de rivadas delas.

- Atención á clientela proporcionada por empresas de diversos sectores económicos.

 

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais n), ñ), p) e q) do ciclo formativo, e as competencias h), i), k) e l).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo han versar sobre:

- Aplicación dos procesos de comunicación e técnicas de imaxe corporativa.

- Identificación e análise das convencións básicas nos ámbitos administrativo e co mercial da compravenda, e as relacións internas entre os departamentos dunha em presa.

- Formalización, confección, recepción e tramitación de documentación, utilizando os protocolos establecidos e usando medios convencionais e telemáticos.

- Mantemento actualizado de rexistros e tramitación de declaraciónsliquidacións fis cais, cos requisitos e nos prazos requiridos.