MP0448 Módulo profesional: operacións auxiliares de xes tión de tesouraría

_ Código: MP0448.

_ Duración: 160 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Aplica métodos de control de tesouraría e describe as súas fases.

- CA1.1. Describiuse a función e os métodos do control da tesouraría na empresa.

- CA1.2. Diferenciáronse os fluxos de entrada e saída de tesouraría (cobramentos e pagamentos) e a documentación relacionada con eles.

- CA1.3. Formalizáronse os libros e os rexistros de tesouraría.

- CA1.4. Executáronse as operacións do proceso de arqueamento e cadramento da caixa, e detectáronse as desviacións.

- CA1.5. Cotexouse a información dos extractos bancarios co libro de rexistro do ban co.

- CA1.6. Describíronse as utilidades dun calendario de vencementos en termos de previsión financeira.

- CA1.7. Relacionouse o servizo de tesouraría e o resto de departamentos, empresas e entidades externas.

- CA1.8. Utilizáronse medios telemáticos, de administración electrónica e outros substitutivos da presentación física dos documentos.

- CA1.9. Efectuáronse os procedementos de acordo cos principios de responsabilida de, seguridade e confidencialidade da información.

_ RA2. Realiza os trámites de contratación, renovación e cancelación correspondentes a instrumentos financeiros básicos de financiamento, investimento e servizos desta índole que se utilizan na empresa, e describiuse a finalidade de cada un.

- CA2.1. Clasificáronse as organizacións, as entidades e os tipos de empresas que operan no sistema financeiro español.

- CA2.2. Precisáronse as institucións de crédito e as financeiras bancarias e non ban carias, e describíronse as súas principais características.

- CA2.3. Diferenciáronse os mercados dentro do sistema financeiro español en rela ción cos produtos financeiros que se empregan habitualmente na empresa.

- CA2.4. Relacionáronse as funcións principais de cada intermediario financeiro.

- CA2.5. Diferenciáronse os principais instrumentos financeiros bancarios e non ban carios, e describíronse as súas características.

- CA2.6. Clasificáronse os tipos de seguros da empresa e os elementos que conforman un contrato de seguro.

- CA2.7. Identificáronse os servizos básicos que nos ofrecen os intermediarios finan ceiros bancarios e os documentos necesarios para a súa contratación.

- CA2.8. Calculouse a rendibilidade e o custo financeiro dalgúns instrumentos finan ceiros de investimento.

- CA2.9. Operouse con medios telemáticos de banca en liña e afíns.

- CA2.10. Formalizáronse documentos relacionados coa contratación, a renovación  e a cancelación de produtos financeiros habituais na empresa.

_ RA3. Efectúa cálculos financeiros básicos, para o que identifica e aplica as leis finan ceiras correspondentes.

- CA3.1. Diferenciouse entre as leis financeiras de capitalización simple e de actuali zación simple.

- CA3.2. Calculouse o xuro simple e composto de diversos instrumentos financeiros.

- CA3.3. Calculouse o desconto simple de diversos instrumentos financeiros.

- CA3.4. Describíronse as implicacións do tempo e do tipo de xuro neste tipo de ope racións.

- CA3.5. Diferenciáronse os conceptos do tanto nominal e xuro efectivo ou taxa anual equivalente.

- CA3.6. Diferenciáronse as características dos tipos de comisións dos produtos finan ceiros máis habituais na empresa.

- CA3.7. Identificáronse os servizos básicos que ofrecen os intermediarios financeiros bancarios, e os documentos necesarios para a súa contratación.

_ RA4. Efectúa as operacións bancarias básicas e interpreta a documentación asociada.

- CA4.1. Liquidouse unha conta bancaria e unha de crédito polos métodos máis habi tuais.

- CA4.2. Calculouse o líquido dunha negociación de efectos.

- CA4.3. Diferenciáronse as variables que interveñen nas operacións de préstamos.

- CA4.4. Relacionáronse os conceptos integrantes da cota do préstamo.

- CA4.5. Describíronse as características do sistema de amortización de préstamos po los métodos máis habituais.

- CA4.6. Calculouse o cadro de amortización de préstamos sinxelos polos métodos máis habituais.

- CA4.7. Relacionáronse as operacións financeiras bancarias coa capitalización simple e composta, e o desconto simple.

- CA4.8. Comparáronse produtos financeiros baixo as variables de custo e rendibili dade.

- CA4.9. Utilizáronse ferramentas informáticas específicas do sistema operativo ban cario.

 

Contidos básicos

 

BC1. Aplicación de métodos de control de tesouraría

_ Métodos do control de xestión de tesouraría: finalidade e características.

_ Documentos e medios de cobramento e pagamento da empresa.

_ Libros de rexistros de tesouraría: caixa, bancos, contas da clientela e provedores, e efectos para pagar e para cobrar.

_ Control de caixa e banco: arqueamentos e cadramentos de caixa, e conciliación banca ria.

_ Aplicacións informáticas de xestión de tesouraría.

 

BC2. Trámite de instrumentos financeiros básicos de financiamento, investimento e ser vizos

_ Institucións financeiras bancarias: Banco Central Europeo, Banco de España, banca privada e caixas de aforros.

_ Institucións financeiras non bancarias: entidades aseguradoras.

_ Mercados financeiros.

_ Instrumentos financeiros bancarios e de financiamento, investimento e servizos: contas correntes e de crédito, préstamo, desconto comercial, carteira de valores, imposicións a prazo, transferencias, domiciliacións, xestión de cobramentos e pagamentos e banca en liña.

_ Instrumentos financeiros non bancarios de financiamento, investimento e servizos: lea sing, renting e factoring.

_ Outros instrumentos de financiamento.

_ Subvencións, provedores e avais.

_ Rendibilidade do investimento.

_ Custo do financiamento.

 

BC3. Cálculos financeiros básicos

_ Capitalización simple e composta.

_ Actualización simple.

_ Tipo de xuro efectivo ou taxa anual equivalente. Tantos por cento equivalentes.

_ Comisións bancarias: identificación e cálculo.

 

BC4. Operacións bancarias básicas

_ Operacións bancarias de capitalización simple e desconto simple.

_ Operacións bancarias de capitalización composta e desconto composto.

_ Documentación relacionada coas operacións bancarias.

_ Aplicacións informáticas de operativa bancaria.

_ Servizos bancarios en liña máis habituais.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de reali zar algunhas operacións administrativas establecidas no procedemento da xestión de te souraría necesaria para a adecuada xestión financeira da empresa.

Esta función abrangue aspectos como:

- Control da caixa e do banco.

- Identificación dos documentos de cobramentos e pagamentos.

- Identificación dos intermediarios financeiros.

- Diferenciación dos instrumentos financeiros.

- Determinación de cálculos financeiros bancarios básicos.

-   Aplicación de ferramentas informáticas de xestión de tesouraría.

 

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse nos procesos de control da xestión de tesouraría no ámbito empresarial de calquera sector produtivo necesarios para unha boa xestión financeira.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), e), i), j) e ñ) do ciclo formativo, e as competencias profesionais, persoais e sociais a), b), e), m), p) e q).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo han versar sobre:

- Identificación dos documentos internos e externos de cobramentos e  pagamentos que se xeren na empresa.

- Diferenciación dos fluxos de entrada e saída de tesouraría.

- Rexistro da información extraída dos documentos nos libros correspondentes.

- Diferenciación dos instrumentos financeiros que operan no mercado financeiro, e as institucións financeiras que os xeran.

- Cálculo de operacións financeiras básicas.

- Uso de ferramentas informáticas específicas de xestión de tesouraría.

- Consulta e dispositivo de aplicacións de banca en liña.