MP0649 Módulo profesional: ofimática e proceso da información

_ Equivalencia en créditos ECTS: 12.

_ Código: MP0649.

_ Duración: 240 horas.

 

Unidade formativa 1: operatoria de teclados

_  Código: MP0649_13.

_ Duración: 52 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Procesa textos alfanuméricos nun teclado estendido aplicando as técnicas meca nográficas.

- CA1.1. Organizáronse os elementos e os espazos de traballo.

- CA1.2. Mantívose a posición corporal correcta.

- CA1.3. Identificouse a posición correcta dos dedos nas ringleiras do teclado alfanu mérico.

- CA1.4. Precisáronse os requisitos básicos dun equipamento informático e as fun cións de posta en marcha do terminal informático.

- CA1.5. Empregáronse coordinadamente as ringleiras do teclado alfanumérico e as teclas de signos e puntuación.

- CA1.6. Utilizouse o método de escritura ao tacto en parágrafos de dificultade pro gresiva e en táboas sinxelas.

- CA1.7. Utilizouse o método de escritura ao tacto para realizar textos nas linguas propias e en linguas estranxeiras.

- CA1.8. Controlouse a velocidade (mínimo de 350 ppm) e a precisión (máximo du nha falta por minuto), coa axuda dun programa informático.

- CA1.9. Aplicáronse as normas de presentación dos documentos de texto.

- CA1.10. Localizáronse e corrixíronse os erros mecanográficos, ortográficos e sintác ticos.

 

Contidos básicos

 

BC1. Procesamento de textos alfanuméricos en teclados estendidos

_ Postura corporal ante o terminal.

_ Requisitos básicos e posta en marcha dun terminal informático.

_ Colocación dos dedos.

_ Desenvolvemento da destreza mecanográfica de escritura ao tacto:

- Escritura de palabras simples.

- Escritura de palabras de dificultade progresiva.

- Maiúsculas, numeración e signos de puntuación.

- Copia de textos con velocidade controlada.

- Escritura de textos nos idiomas propios e en idiomas estranxeiros

_ Corrección de erros.

 

Unidade formativa 2: aplicacións informáticas de xestión

_  Código: MP0649_23.

_ Duración: 135 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Mantén en condicións óptimas de funcionamento os equipamentos, as aplicacións e a rede, instalando e actualizando os compoñentes de hardware e software necesarios.

- CA1.1. Realizáronse probas de funcionamento dos equipamentos informáticos.

- CA1.2. Comprobáronse as conexións dos portos de comunicación.

- CA1.3. Identificáronse os elementos básicos (de hardware e software) dun sistema en rede.

- CA1.4. Caracterizáronse os procedementos xerais de operacións nun sistema de rede.

- CA1.5. Utilizáronse as funcións básicas do sistema operativo.

- CA1.6. Aplicáronse medidas de seguridade e confidencialidade, identificando o pro grama tornalumes e o antivirus.

- CA1.7. Compartiuse información con outros usuarios da rede.

- CA1.8. Executáronse funcións básicas de usuario (conexión, desconexión, óptimo aproveitamento do espazo de almacenamento, utilización de periféricos, comunica ción con outros usuarios, conexión con outros sistemas ou redes, etc.).

- CA1.9. Identificáronse e establecéronse as fases do proceso de instalación e actuali zación.

_ RA2. Elabora follas de cálculo adaptadas ás necesidades que se presenten no tratamen to da información, aplicando as opcións avanzadas.

- CA2.1. Utilizáronse as prestacións da folla de cálculo para realizar xestións de tesou raría, cálculos comerciais e outras operacións administrativas.

- CA2.2. Deseñáronse e elaboráronse documentos coa folla de cálculo.

- CA2.3. Relacionáronse e actualizáronse follas de cálculo.

- CA2.4. Creáronse e aniñáronse fórmulas e funcións.

- CA2.5. Establecéronse contrasinais para protexer celas, follas e libros.

- CA2.6. Obtivéronse gráficos para a análise da información.

- CA2.7. Empregáronse macros para a realización de documentos e patróns.

- CA2.8. Importáronse e exportáronse follas de cálculo creadas con outras aplicacións e outros formatos.

- CA2.9. Utilizouse a folla de cálculo como base de datos (formularios, creación de listas, filtraxe, e protección e ordenación de datos).

- CA2.10. Utilizáronse aplicacións e periféricos para introducir textos, números, códi gos e imaxes.

- CA2.11. Utilizáronse as opcións de traballo en grupo.

_ RA3. Elabora documentos de textos, utilizando as opcións avanzadas dun procesador de textos.

- CA3.1. Utilizáronse funcións, prestacións e procedementos dos procesadores de tex tos e autoedición.

- CA3.2. Identificáronse as características de cada tipo de documento.

- CA3.3. Redactáronse documentos de texto coa destreza adecuada e aplicando as normas de estrutura.

- CA3.4. Confeccionáronse patróns adaptados aos documentos administrativos tipo, incluíndo utilidades de combinación.

- CA3.5. Integráronse obxectos, gráficos, táboas, follas de cálculo, hiperligazóns, etc.

- CA3.6. Detectáronse e corrixíronse os erros cometidos.

- CA3.7. Recuperouse e utilizouse a información almacenada.

- CA3.8. Utilizáronse as funcións e as utilidades que garantan as normas de segurida de, integridade e confidencialidade dos datos.

_ RA4. Utiliza sistemas de xestión de bases de datos adaptadas ás necesidades que se presenten no tratamento da información administrativa, aplicando as opcións avanza das.

- CA4.1. Ordenáronse e clasificáronse os datos das bases de datos para presentar a in formación.

- CA4.2. Realizáronse consultas de bases de datos con criterios precisos.

- CA4.3. Realizáronse informes de bases de datos con criterios precisos.

- CA4.4. Realizáronse formularios con criterios precisos.

- CA4.5. Actualizáronse, fusionáronse e elimináronse rexistros das bases de datos.

- CA4.6. Relacionáronse as bases de datos con outras aplicacións informáticas para desenvolver as actividades que así o requiran.

- CA4.7. Realizouse a procura e a filtraxe sobre a información almacenada.

- CA4.8. Protexéronse as bases de datos establecendo niveis de seguridade.

- CA4.9. Elaborouse unha base de datos adaptada aos requisitos da organización.

 

Contidos básicos

 

BC1. Mantemento básico dos equipamentos, as aplicacións e a rede

_ Elementos de hardware.

_ Periféricos de entrada: teclados, escáner, etc.

_ Elementos de software:

- Programas para o procesamento da información (recoñecemento de voz).

- Software libre e software propietario.

_ Sistemas operativos: funcións básicas.

_ Redes locais: compoñentes, configuracións principais, compartición e actualización de recursos.

_ Descarga, instalación, configuración e actualización de aplicacións, programas e utili dades a través de soportes físicos e da rede.

 

BC2. Elaboración de follas de cálculo

_ Estrutura e funcións.

_ Instalación e carga de follas de cálculo.

_ Deseño.

_ Edición de follas de cálculo.

_ Gráficos.

_ Tratamento de datos.

_ Outras utilidades.

_ Xestión de arquivos.

_ Automatización de procesos nas follas de cálculo. Macros.

_ Impresión de follas de cálculo.

_ Relacións con outras aplicacións: importación e exportación.

_ Utilización de opcións de traballo en grupo, control de versións, verificación de cam bios, etc.

 

BC3. Creación de documentos con procesadores de texto

_ Estrutura e funcións.

_ Instalación e carga.

_ Deseño de documentos e patróns.

_ Edición de textos e táboas.

_ Verificación ortográfica.

_ Combinación de documentos.

_ Xestión de ficheiros.

_ Impresión de textos.

_ Relacións con outras aplicacións: importación e exportación; conversión a PDF.

_ Traballo en grupo: comparar documentos, versións de documento, verificar cambios, etc.

_ Opcións avanzadas:

- Automatización de procesos: macros.

- Recoñecemento óptico de caracteres.

- Utilización de software e hardware para introducir textos e imaxes.

 

BC4. Utilización de bases de datos para o tratamento da información administrativa

_ Estrutura e funcións dunha base de datos.

_ Tipos de bases de datos.

_ Deseño dunha base de datos.

_ Utilización dunha base de datos.

_ Relación con outras aplicacións.

_ Impresión.

 

Unidade formativa 3: multimedia

_  Código: MP0649_33.

_ Duración: 53 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Xestiona os sistemas de arquivos buscando e seleccionando con medios conven cionais e informáticos a información necesaria.

- CA1.1. Detectáronse necesidades de información.

- CA1.2. Identificáronse as fontes de obtención de información e establecéronse prio ridades.

- CA1.3. Elixíronse buscadores en intranet e en internet segundo criterios de rapidez e de opcións de procura.

- CA1.4. Empregáronse ferramentas web 2.0 para obter e producir información.

- CA1.5. Utilizáronse os criterios de procura para restrinxir o número de resultados que se obteñan.

- CA1.6. Aplicáronse sistemas de seguridade, protección, confidencialidade e restri ción da información.

- CA1.7. Canalizouse a información obtida, arquivándoa e/ou rexistrándoa, de ser o caso.

- CA1.8. Organizáronse os ficheiros para facilitar a procura posterior.

- CA1.9. Actualizouse a información necesaria.

- CA1.10. Cumpríronse os prazos previstos.

- CA1.11. Realizáronse copias dos ficheiros.

- CA1.12. Utilizáronse os compresores e os descompresores de ficheiros.

_ RA2. Xestiona integradamente a información proveniente de diversas aplicacións, así como ficheiros audiovisuais, utilizando programas e periféricos específicos.

- CA2.1. Xestionáronse de xeito integrado bases de datos, textos, imaxes, etc., impor tando e exportando datos provenientes de follas de cálculo e obtendo documentos compostos de todas estas posibilidades.

- CA2.2. Seleccionáronse arquivos audiovisuais de fontes externas e elixiuse o forma to óptimo destes.

- CA2.3. Creouse e mantívose un banco propio de recursos audiovisuais.

- CA2.4. Personalizáronse os ficheiros audiovisuais en función do obxectivo do docu mento que se queira obter.

- CA2.5. Respectouse a lexislación específica en materia de protección de ficheiros audiovisuais.

_ RA3. Xestiona o correo e a axenda electrónica utilizando aplicacións específicas.

- CA3.1. Utilizouse a aplicación de correo electrónico.

- CA3.2. Identificouse o emisor, o destinatario e o contido nunha mensaxe de correo.

- CA3.3. Aplicáronse filtros de protección de correo non desexado.

- CA3.4. Canalizóuselles a información a todos os implicados.

- CA3.5. Comprobouse a recepción da mensaxe.

- CA3.6. Organizáronse as bandexas de entrada e saída.

- CA3.7. Rexistrouse a entrada e a saída de correos.

- CA3.8. Imprimíronse, arquiváronse ou elimináronse as mensaxes de correo.

- CA3.9. Aplicáronse as funcións e as utilidades que ofrece a axenda electrónica como método de organización do departamento.

- CA.3.10. Conectáronse e sincronizáronse axendas do equipamento informático con dispositivos móbiles.

_ RA4. Elabora presentacións multimedia de documentos e informes utilizando aplica cións específicas.

- CA4.1. Realizouse a análise e a selección da información que se queira incluír.

- CA4.2. Inseríronse obxectos (táboas, gráficos, follas de cálculo, fotos, debuxos, or ganigramas, arquivos de son e vídeo, etc.).

- CA4.3. Distribuíuse a información de xeito claro e estruturado.

- CA4.4. Animáronse os obxectos segundo o obxectivo da presentación.

- CA4.5. Creáronse presentacións para acompañar exposicións orais.

- CA4.6. Realizáronse presentacións relacionadas con informes ou documentación empresarial.

 

Contidos básicos

 

BC1. Xestión de ficheiros e procura de información

_ Internet e navegadores.

_ Utilidade dos navegadores.

_ Descarga e instalación de aplicacións, programas e utilidades a través da web.

_ Ferramentas web 2.0: blogs, wikies, servizos de aloxamento de vídeos e imaxes, redes sociais, etc.

_ Comprensión e descompresión de ficheiros.

_ Buscadores de información.

_ Importación e exportación da información.

_ Técnicas de arquivo.

_ Arquivo informático: xestión documental.

 

BC2. Xestión integrada de ficheiros

_ Ficheiros integrados por varias aplicacións: folla de cálculo, base de datos, procesador de textos, gráficos, etc.

_ Gravación, transmisión, percepción e comprensión: dispositivos de captación e repro dución.

_ Contido visual e sonoro.

_ Obxectivo da comunicación dos contidos.

_ Inserción noutros medios ou documentos.

_ Obsolescencia e actualización.

 

BC3. Xestión de correo e axenda electrónica

_ Tipos de contas de correo electrónico.

_ Contorno de traballo: configuración e personalización.

_ Patróns e sinatura corporativas.

_ Foros de noticias (news): configuración, uso e sincronización de mensaxes. Caderno de enderezos: importar, exportar, engadir contactos, crear listas de distribución e pór a lis ta á disposición doutras aplicacións ofimáticas.

_ Xestión de correos: enviar, borrar, gardar, copias de seguridade, etc. Configuración das opcións de seguimento.

_ Xestión da axenda: citas, calendario, avisos, tarefas, etc.

_ Sincronización con dispositivos móbiles.

_ Xestión de ficheiros e seguridade das aplicacións de correo e axenda electrónica. Fil tros.

 

BC4. Elaboración de presentacións

_ Estrutura e funcións.

_ Instalación e carga.

_ Procedemento de presentación.

_ Utilidades da aplicación.

_ Procedemento de protección de datos: copias de seguridade.

_ Relacións con outras aplicacións.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de utili zación de aplicacións informáticas de oficina para a realización de tarefas administrativas.

Esta función abrangue aspectos como:

- Confección, rexistro e control de toda a documentación administrativa xerada na em presa.

- Xestión e control dos arquivos de información empresarial.

- Rexistro contable das operacións máis comúns relacionadas coa actividade comercial da empresa.

- Confección da documentación, e xestión e control das obrigas tributarias derivadas da actividade comercial.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en comunicacións de cal quera tipo, atención á clientela, procesamento de datos, documentación, tramitación e re xistro.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais b), c), d), e), g), o)  e

v) do ciclo formativo, e as competencias a), b), d), e), n), p) e r).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo han versar sobre:

- Análise dos cambios e as novidades que se producen no mercado de aplicacións in formáticas.

- Instalación e actualización de aplicacións.

- Elaboración de documentos (manuais, informes, partes de incidencia, etc.).

- Asistencia e resolución de problemas na explotación de aplicacións.