MP0653 Módulo profesional: xestión financeira

_ Equivalencia en créditos ECTS: 7.

_ Código: MP0653.

_ Duración: 123 horas.

 

Unidade formativa 1: produtos e servizos financeiros

_  Código: MP0653_12.

_ Duración: 90 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Determina as necesidades financeiras e as axudas económicas óptimas para a em presa, logo de identificar as alternativas posibles.

- CA1.1. Comprobáronse os estados contables desde a óptica das necesidades de fi nanciamento.

- CA1.2. Verificáronse informes económicofinanceiros e patrimoniais dos estados contables.

- CA1.3. Comparáronse os resultados das análises cos valores establecidos e calculá ronse as desviacións.

- CA1.4. Confeccionáronse informes de acordo coa estrutura e os procedementos, ten do en conta os custos de oportunidade.

- CA1.5. Utilizáronse todas as canles de información e comunicación para identificar as axudas públicas e privadas, así como fontes ás que poida acceder a empresa.

- CA1.6. Identificáronse as características das formas de apoio financeiro á empresa.

- CA1.7. Contrastouse a idoneidade e as incompatibilidades das axudas públicas e pri vadas estudadas.

_ RA2. Clasifica os produtos e os servizos financeiros, analizando as súas características e as súas formas de contratación.

- CA2.1. Identificáronse as organizacións, as entidades e os tipos de empresas que operan no sistema financeiro.

- CA2.2. Precisáronse as institucións financeiras bancarias e non bancarias, e describí ronse as súas principais características.

- CA2.3. Detalláronse os aspectos específicos dos produtos e dos servizos existentes no mercado.

- CA2.4. Recoñecéronse as variables que interveñen nas operacións  que se realizan con cada produto ou servizo financeiro.

- CA2.5. Identificáronse os suxeitos que interveñen nas operacións que se realizan con cada produto ou servizo financeiro.

- CA2.6. Relacionáronse as vantaxes e os inconvenientes dos produtos e servizos.

- CA2.7. Determinouse a documentación necesaria esixida e xerada coa xestión dos produtos e servizos financeiros.

_ RA3. Avalía produtos e servizos financeiros do mercado, para o que realiza os cálculos, e elabora os informes oportunos. 

- CA3.1. Recolleuse información sobre produtos e servizos financeiros a través de di versas canles dispoñibles.

- CA3.2. Efectuáronse as operacións matemáticas necesarias para valorar cada produ to.

- CA3.3. Calculáronse as comisións e os gastos devindicados en cada produto.

- CA3.4. Determinouse o tratamento fiscal de cada produto.

- CA3.5. Determinouse o tipo de garantía esixido por cada produto.

- CA3.6. Realizáronse informes comparativos dos custos financeiros de cada produto de financiamento proposto.

- CA3.7. Comparáronse os servizos e as contraprestacións das entidades financeiras, resaltando as diferenzas, as vantaxes e os inconvenientes.

- CA3.8. Comparáronse as rendibilidades, as vantaxes e os inconvenientes de cada forma de aforro ou investimento proposta en produtos financeiros.

- CA3.9. Realizáronse os cálculos financeiros necesarios utilizando aplicacións infor máticas específicas.

_ RA4. Selecciona investimentos en activos financeiros ou económicos, para o que anali za as súas características e realiza os cálculos oportunos.

- CA4.1. Recoñeceuse a función dos activos financeiros como xeito de investimento e como fontes de financiamento.

- CA4.2. Clasificáronse os activos financeiros utilizando como criterio o tipo de renda que xeren, a clase de entidade emisora e os prazos de amortización.

- CA4.3. Distinguíronse o valor nominal, de emisión, de cotización, de reembolso e outros para efectuar os cálculos oportunos.

- CA4.4. Determinouse o importe resultante en operacións de compravenda de activos financeiros, calculando os gastos e as comisións devindicadas.

- CA4.5. Elaboráronse informes sobre as alternativas de investimento en activos finan ceiros que máis se axusten ás necesidades da empresa.

- CA4.6. Identificáronse as variables que inflúen nun investimento económico.

- CA4.7. Calculouse e interpretouse VAN, TIR e outros métodos de selección de in vestimentos.

_ RA5. Integra os orzamentos parciais das áreas funcionais e/ou territoriais da empresa ou da organización, verificando a información que conteñen.

- CA5.1. Integráronse os orzamentos das áreas nun orzamento común.

- CA5.2. Comprobouse que a información estea completa e na forma requirida.

- CA5.3. Contrastouse o contido dos orzamentos parciais.

- CA5.4. Verificáronse os cálculos aritméticos coa comprobación da súa corrección.

- CA5.5. Valorouse a importancia de elaborar en tempo e forma a documentación rela cionada cos orzamentos.

- CA5.6. Controlouse a execución do orzamento e detectáronse desviacións e as súas causas.

- CA5.7. Ordenouse e arquivouse a información de xeito que sexa doadamente locali zable.

- CA5.8. Utilizáronse aplicacións informáticas na xestión das tarefas orzamentarias.

 

Contidos básicos

 

BC1. Determinación das necesidades financeiras e axudas económicas para a empresa

_ Análise de estados financeiros.

_ Axudas e subvencións públicas e/ou privadas.

 

BC2. Clasificación dos produtos e servizos financeiros

_ Sistema financeiro.

_ Produtos financeiros de pasivo e de activo.

_ Servizos financeiros.

_ Outros produtos financeiros.

 

BC3. Valoración de produtos e servizos financeiros

_ Procedemento de cálculo financeiro na xestión financeira.

_ Análise de operacións de desconto de efectos e liñas de crédito.

_ Análise de operacións de liquidación de contas.

_ Análise de operacións de depósitos.

_ Análise de préstamos e aplicación do cálculo financeiro ás operacións orixinadas por estes. Métodos de amortización.

_ Análise de operacións de arrendamento financeiro e aplicación do cálculo financeiro ás operacións orixinadas por estes.

_ Análise de operacións de empréstitos e aplicación do cálculo financeiro ás operacións orixinadas por estes.

_ Aplicación financeira da folla de cálculo.

 

BC4. Selección de investimentos en activos financeiros e económicos

_ Mercados financeiros.

_ Renda fixa e variable.

_ Débeda pública e privada.

_ Fondos de investimento.

_ Produtos derivados.

_ Fiscalidade dos activos financeiros para as empresas.

_ Investimentos económicos.

_ Aplicación financeira da folla de cálculo.

 

BC5. Integración de orzamentos

_ Métodos de orzamentación.

_ Orzamento mestre e orzamento operativo.

_ Cálculo e análise de desviacións.

 

Unidade formativa 2: seguros

_  Código: MP0653_22.

_ Duración: 33 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Caracteriza a tipoloxía de seguros analizando a actividade aseguradora.

- CA1.1. Identificouse a lexislación básica que regula a actividade aseguradora.

- CA1.2. Relacionáronse os riscos e as condicións da asegurabilidade.

- CA1.3. Identificáronse os elementos que conforman un contrato de seguro.

- CA1.4. Clasificáronse os tipos de seguros.

- CA1.5. Establecéronse as obrigas das partes nun contrato de seguro.

- CA1.6. Determináronse os procedementos administrativos relativos á contratación  e o seguimento dos seguros.

- CA1.7. Identificáronse as primas e os seus compoñentes.

- CA1.8. Determinouse o tratamento fiscal dos seguros.

 

Contidos básicos

 

BC1. Tipoloxía das operacións de seguros

_ Concepto, características e clasificación.

_ Contrato de seguro e a valoración de riscos.

_ Elementos materiais e persoais dos seguros.

_ Clasificación dos seguros.

_ Tarifas e primas.

_ Xestión administrativa derivada da contratación dun seguro.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de xes tión financeira da empresa, que abrangue aspectos como:

- Determinación das necesidades financeiras da empresa.

- Procura de financiamento e de axudas públicas.

- Procura de produtos e servizos financeiros que se adapten ás necesidades da empresa.

- Contratación de produtos e servizos financeiros e de seguros.

- Análise e selección de investimentos óptimos para a empresa, tanto bolsistas como en activos económicos.

- Verificación de orzamentos e detección de desviacións.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse na área de financiamento de pequenas e medianas empresas de calquera sector de actividade.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais j), q) e v) do ciclo formativo, e as competencias h), ñ) e r).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os  obxectivos do módulo han versar sobre:

- Análise das fontes de financiamento ás que poida acudir unha empresa.

- Realización de cálculos financeiros básicos.

- Análise dos procedementos administrativos relacionados cos produtos e os servizos financeiros e de seguros.

- Comparación de alternativas de investimento e/ou contratación de produtos, para de terminar a máis óptima con base en diversos criterios.

- Utilización de ferramentas informáticas no tratamento da información na xestión fi nanceira.