MP0654 Módulo profesional: contabilidade e fiscalidade

_ Equivalencia en créditos ECTS: 7.

_ Código: MP0654.

_ Duración: 157 horas.

 

Unidade formativa 1: contabilidade

_  Código: MP0654_13.

_ Duración: 97 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Contabiliza en soporte informático os feitos contables derivados das operacións de transcendencia económicofinanceiras dunha empresa, cumprindo os criterios esta blecidos no Plan Xeral de Contabilidade (PXC).

- CA1.1. Comprobouse a correcta instalación das aplicacións informáticas e o seu fun cionamento.

- CA1.2. Seleccionáronse as prestacións, as funcións e os procedementos das aplica cións informáticas que cumpra empregar para a contabilización.

- CA1.3. Caracterizáronse as definicións e as relacións contables fundamentais esta blecidas nos grupos, nos subgrupos e nas contas principais do PXC

- CA1.4. Rexistráronse, en asentos por partida dobre, as operacións máis habituais re lacionadas cos grupos de contas descritos anteriormente.

- CA1.5. Clasificáronse os tipos de documentos mercantís que esixe o PXC, indicando a clase de operación que representan.

- CA1.6. Verificouse o traspaso da información entre as fontes de datos contables.

- CA1.7. Identificouse a estrutura e o xeito de elaboración do balance de comproba ción de sumas e saldos.

- CA1.8. Realizáronse copias de seguridade para a salvagarda dos datos.

_ RA2. Rexistra contablemente as operacións derivadas do fin do exercicio económico con base na información e na documentación dun ciclo económico completo, aplicando os criterios do PXC e a lexislación.

- CA2.1. Calculáronse e contabilizáronse as correccións de valor que proceda.

- CA2.2. Recoñecéronse os métodos de amortización máis habituais.

- CA2.3. Realizáronse os cálculos derivados da amortización do inmobilizado.

- CA2.4. Dotáronse as amortizacións que proceda segundo a amortización técnica pro posta.

- CA2.5. Realizáronse os asentos derivados da periodización contable.

- CA2.6. Obtívose o resultado por medio do proceso de regularización.

- CA2.7. Rexistrouse a distribución do resultado segundo as normas e as indicacións propostas.

- CA2.8. Rexistráronse en soporte informático os feitos contables e fiscais que se xe ran nun ciclo económico completo e contidas nos documentos soporte. 

- CA2.9. Rexistráronse nos libros obrigatorios da empresa todas as operacións deriva das do exercicio económico que sexan necesarias.

- CA2.10. Realizáronse copias de seguridade para a salvagarda dos datos.

_ RA3. Confecciona as contas anuais e verifica os trámites para o seu depósito no Rexis tro Mercantil, aplicando a lexislación mercantil.

- CA3.1. Determinouse a estrutura da conta de perdas e ganancias, diferenciando os ti pos de resultado que integran.

- CA3.2. Determinouse a estrutura do balance de situación indicando as relacións entre as epígrafes.

- CA3.3. Estableceuse a estrutura da memoria, o estado de cambios no patrimonio e o estado de fluxos de efectivo.

- CA3.4. Confeccionáronse as contas anuais aplicando os criterios do PXC e utilizá ronse as aplicacións informáticas correspondentes.

- CA3.5. Determináronse os libros contables obxecto de legalización para a súa pre sentación ante os organismos correspondentes.

- CA3.6. Verificáronse os prazos de presentación legalmente establecidos nos orga nismos oficiais correspondentes.

- CA3.7. Cubríronse os formularios de acordo coa lexislación mercantil, utilizando aplicacións informáticas.

- CA3.8. Comprobouse a veracidade e a integridade da información contida nos fichei ros xerados pola aplicación informática.

- CA3.9. Valorouse a importancia das contas anuais como instrumentos de comunica ción interna e externa, e información pública.

- CA3.10. Realizáronse copias de seguridade para a salvagarda dos datos.

- CA3.11. Valorouse a aplicación das normas de protección de datos no proceso con table.

 

Contidos básicos

 

BC1. Contabilización en soporte informático dos feitos contables

_ Aplicacións informáticas de contabilidade.

_ Normalización contable. Plan Xeral de Contabilidade.

_ Estudo dos grupos do PXC.

_ Fondos propios e creación da empresa.

_ Fontes de financiamento alleas.

_ Proceso contable do inmobilizado material e intanxible.

_ Proceso contable por operacións comerciais.

_ Contas de persoal: contas relacionadas coa Administración pública.

_ Rexistro contable das operacións financeiras.

_ Rexistro contable da tesouraría.

_ Balances de comprobación de sumas e saldos.

 

BC2. Rexistro contable das operacións derivadas do fin do exercicio económico

_ Proceso de regularización.

_ Perdas sistemáticas de valor. Amortización. Perdas asistemáticos reversibles. Provi sións. Perdas asistemáticas irreversibles. Corrección de valor.

_ Provisións de tráfico.

_ Periodización contable: rexistros contables do imposto sobre sociedades.

_ Resultado contable.

_ Rexistro dos libros contables.

_ Aplicacións informáticas de contabilidade.

 

BC3. Confección das contas anuais

_ Comunicación da información contable.

_ Contas anuais: normas para a súa elaboración.

_ Balance de situación.

_ Conta de perdas e ganancias.

_ Estado de cambios no patrimonio neto.

_ Estado de fluxos de efectivo.

_ Memoria.

_ Depósito e publicación das contas anuais.

_ Aplicacións informáticas de contabilidade.

 

Unidade formativa 2: fiscalidade

_  Código: MP0654_23.

_ Duración: 30 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Realiza a tramitación das obrigas fiscais e contables relativas ao imposto de acti vidades económicas, ao de sociedades e ao imposto sobre a renda das persoas físicas, aplicando a normativa de carácter mercantil e fiscal.

- CA1.1. Analizouse a normativa fiscal e as normas aplicables en cada tipo de impos to.

- CA1.2. Seleccionáronse os modelos establecidos pola Facenda pública para atender o procedemento de declaraciónliquidación dos impostos.

- CA1.3. Identificáronse os prazos establecidos pola Facenda pública para cumprir as obrigas fiscais.

- CA1.4. Realizáronse os cálculos oportunos para cuantificar os elementos tributarios dos impostos que gravan a actividade económica.

- CA1.5. Cubriuse a documentación correspondente á declaraciónliquidación dos im postos utilizando aplicacións informáticas de xestión fiscal.

- CA1.6. Xeráronse os ficheiros necesarios para a presentación telemática dos impos tos, con valoración da eficiencia desta vía.

- CA1.7. Relacionáronse os conceptos contables cos aspectos tributarios.

- CA1.8. Diferenciouse entre resultado contable e resultado fiscal, e especificáronse os procedementos para a conciliación de ambos.

- CA1.9. Contabilizáronse os feitos contables relacionados co cumprimento das obri gas fiscais, incluíndo os axustes fiscais correspondentes.

- CA1.10. Describíronse e cuantificáronse as consecuencias da falta de rigor no cum primento das obrigas fiscais.

 

Contidos básicos

 

BC1. Tramitación das obrigas fiscais e contables relativas ao imposto de actividades económicas, ao imposto de sociedades e ao imposto sobre a renda das persoas físicas

_ Impostos locais sobre actividades económicas.

_ Imposto sobre sociedades: xestión do imposto.

_ Desenvolvemento xeral do cálculo do imposto: contabilidade e imposto de sociedades.

_ Imposto sobre a renda das persoas físicas: métodos de cálculo da base impoñible; réxi mes especiais; xestión do imposto.

_ Documentación correspondente á declaraciónliquidación dos impostos.

_ Aplicacións informáticas de liquidación de impostos.

 

Unidade formativa 3: análise de estados contables e auditoría

_  Código: MP0654_33.

_ Duración: 30 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Elabora informes de análise sobre a situación económicofinanceira e patrimonial dunha empresa, interpretando os estados contables.

- CA1.1. Definíronse as funcións das análises económicofinanceira, patrimonial e de tendencia e proxección, e establecéronse as súas diferenzas.

- CA1.2. Seleccionouse a información salientable para a análise dos estados contables que a proporcionan.

- CA1.3. Identificáronse os instrumentos de análise máis significativos e describiuse a súa función.

- CA1.4. Calculáronse as diferenzas, as porcentaxes, os índices e as razóns máis sa lientables para a análise económica, financeira e de tendencia e proxección.

- CA1.5. Realizouse un informe sobre a situación económicofinanceira da empresa derivada dos cálculos realizados, en comparación cos exercicios anteriores e coa me dia do sector.

- CA1.6. Obtivéronse conclusións con respecto á liquidez, a solvencia, a estrutura fi nanceira e as rendibilidades da empresa.

- CA1.7. Valorouse a importancia da análise dos estados contables para a toma de de cisións na empresa e a súa repercusión con respecto aos implicados nesta ("stakehol ders").

- CA1.8. Utilizáronse as aplicacións informáticas correspondentes.

_ RA2. Caracteriza o proceso de auditoría na empresa e describe o seu propósito dentro do marco normativo español.

- CA2.1. Delimitouse o concepto de auditoría, as súas clases (interna e externa) e o seu propósito.

- CA2.2. Sinaláronse os órganos e a normativa que atinxen a auditoría en España.

- CA2.3. Verificáronse as facultades e as responsabilidades dos auditores.

- CA2.4. Estableceuse a secuencia das fases dun proceso de auditoría e os fluxos de in formación que se xeran en cada un.

- CA2.5. Determináronse as partes dun informe de auditoría.

- CA2.6. Valorouse a importancia da obrigatoriedade dun proceso de auditoría.

- CA2.7. Valorouse a importancia da colaboración do persoal da empresa nun proceso de auditoría.

- CA2.8. Recoñecéronse as tarefas que debe realizar a empresa nun proceso de audito ría interna ou externa.

- CA2.9. Contabilizáronse os axustes e as correccións contables derivadas de propos tas do informe de auditoría.

 

Contidos básicos

 

BC1. Informes de análise da situación económicofinanceira e patrimonial dunha empre sa

_ Obxectivo da análise dos estados contables.

_ Clasificación funcional do balance.

_ Análises patrimonial, financeira a través de razóns e económica.

_ Aplicacións informáticas de análise dos estados contables.

_ Indicadores de calidade nos procesos de análise da información contable

 

BC2. Caracterización do proceso de auditoría na empresa

_ Auditoría: definición, obxecto e clasificación. Auditoría en España. Normas de audito ría. Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas.

_ Obrigatoriedade e responsabilidade da empresa nun proceso de auditoría.

_ Fases e contido da auditoría.

_ Réxime de habilitación dos auditores. Facultades e responsabilidades dos auditores.

Nomeamento dos auditores.

_ Axustes e correccións contables.

_ Informe dos auditores de contas.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de efec tuar a xestión administrativa contablefiscal, que abrangue aspectos como:

- Rexistro, preparación e control da documentación soporte.

- Análise e aplicación da normativa contable e fiscal. 

- Rexistro dos feitos contable derivados das operacións de transcendencia económica financeira segundo o PXC.

- Xestión das obrigas fiscais e contables dunha empresa.

- Análise dos estados contables dunha empresa.

- Instalación e utilización das aplicacións informáticas de contabilidade e fiscal.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse na área contable e fiscal de pequenas e medianas empresas de calquera sector de actividade.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais h), i) e ñ) do ciclo formativo, e as competencias f), g) e m).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo versan sobre:

- Análise e interpretación da normativa mercantil, contable e fiscal.

- Contabilización dos feitos relacionados coa actividade económicofinanceira da em presa e coas obrigas fiscais.

- Contabilización das operacións de final do exercicio, obtido o resultado do ciclo eco nómico.

- Contabilización das operacións contables e fiscais derivadas nun exercicio económi co completo en soporte informático.

- Formalización dos modelos establecidos pola Facenda pública para cumprir as obri gas fiscais.

- Confección das contas anuais en soporte informático analizando as obrigas derivadas destas.

- Análise da situación económicofinanceira e patrimonial dunha empresa con  base nos estados contables.