MP0660 Módulo profesional: formación en centros de traballo

_ Equivalencia en créditos ECTS: 22.

_ Código: MP0660.

_ Duración: 384 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Identifica a estrutura e a organización da empresa, tendo en conta a súa relación coa produción e a comercialización dos produtos que obtén.

- CA1.1. Identificouse a estrutura organizativa da empresa e as funcións de cada área.

- CA1.2. Comparouse a estrutura da empresa coas organizacións empresariais tipo existentes no sector.

- CA1.3. Identificáronse os elementos que constitúen a rede loxística da empresa: provedores, clientela, sistemas de produción e almacenaxe, etc.

- CA1.4. Identificáronse os procedementos de traballo no desenvolvemento da presta ción de servizo.

- CA1.5. Valoráronse as competencias necesarias dos recursos humanos para o desen volvemento óptimo da actividade.

- CA1.6. Valorouse a idoneidade das canles de difusión máis frecuentes nesta activi dade.

_ RA2. Amosa hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesio nal, de acordo coas características do posto de traballo e cos procedementos estableci dos na empresa.

- CA2.1. Recoñecéronse e xustificáronse:

- Dispoñibilidade persoal e temporal necesarias no posto de traballo.

- Actitudes persoais (puntualidade, empatía, etc.) e profesionais (orde, limpeza, responsabilidade, etc.) necesarias para o posto de traballo.

- Requisitos actitudinais ante a prevención de riscos na actividade profesional.

- Requisitos actitudinais referidos á calidade na actividade profesional.

- Actitudes relacionais co propio equipo de traballo e coa xerarquía establecida na empresa.

- Actitudes relacionadas coa documentación das actividades realizadas no ámbito laboral.

- Necesidades formativas para a inserción e a reinserción laboral no ámbito cientí fico e técnico do bo facer profesional.

- CA2.2. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais e os aspectos fundamentais da lei de prevención de riscos laborais de aplicación na actividade pro fesional.

- CA2.3. Puxéronse en marcha os equipamentos de protección individual segundo os riscos da actividade profesional e as normas da empresa.

- CA2.4. Mantívose unha actitude de respecto polo ambiente nas actividades desen volvidas.

- CA2.5. Mantivéronse organizados, limpos e libres de obstáculos o posto de  traballo e a área correspondente ao desenvolvemento da actividade.

- CA2.6. Responsabilizouse do traballo asignado interpretando e cumprindo as instru cións recibidas.

- CA2.7. Estableceuse unha comunicación eficaz coa persoa responsable en cada si tuación e cos membros do equipo.

- CA2.8. Coordinouse co resto do equipo e comunicou as incidencias salientables.

- CA2.9. Valorouse a importancia da súa actividade e a necesidade de adaptación aos cambios de tarefas.

- CA2.10. Responsabilizouse da aplicación das normas e os procedementos no desen volvemento do seu traballo.

_ RA3. Elabora e tramita todos os tipos de documentos relacionados coas áreas adminis trativas da empresa empregando medios, equipamentos e instrumentos de control, se gundo os procedementos da empresa e do sector.

- CA3.1. Detectáronse as necesidades de comunicación de cada proceso de traballo.

- CA3.2. Identificáronse os equipamentos e os instrumentos para a elaboración e o se guimento da documentación.

- CA3.3. Interpretouse o contido dos documentos ou as xestións de inicio da tarefa, pa ra os documentar segundo procedementos.

- CA3.4. Verificouse o cumprimento da normativa aplicable.

- CA3.5. Verificouse o cumprimento da petición de compra e os requisitos estableci dos para as materias primas solicitadas.

- CA3.6. Acomodouse o estilo e o medio da comunicación, así como a documentación, á clientela ou á instancia demandante do produto ou do servizo.

- CA3.7. Tivéronse en conta os aspectos relacionados coa atención á clientela e a xes tión da calidade.

_ RA4. Realiza a xestión de procesos administrativos de todos os ámbitos da empresa propondo liñas de actuación e supervisando as tarefas do equipo ao seu cargo.

- CA4.1. Deducíronse as necesidades de actuación respecto dos procesos periódicos e non periódicos relacionados coa administración da empresa ou o organismo.

- CA4.2. Tivéronse en conta as posibles necesidades de coordinación co resto do equi po de administración e outros departamentos.

- CA4.3. Determináronse os procedementos intermedios de documentación e tramita ción, tendo en conta as necesidades dos procesos administrativos.

- CA4.4. Determináronse os procesos procurando unha utilización racional dos recur sos materiais e enerxéticos.

- CA4.5. Relacionáronse e determináronse as necesidades previas ao desenvolvemento das fases e as técnicas propias da xestión integral da administración.

- CA4.6. Determináronse as posibles medidas de corrección en función dos resultados obtidos.

- CA4.7. Caracterizáronse e realizáronse as valoracións de custos das actuacións ad ministrativas para decidir ou propor aos seus superiores entre varias alternativas.

Este módulo profesional contribúe a completar as competencias e os obxectivos xerais propios deste título que se alcanzaran no centro educativo, ou a desenvolver competencias características de difícil consecución nel.