MP0662 Módulo profesional: Organización de eventos empresariais

_ Equivalencia en créditos ECTS: 11.

_ Código: MP0662.

_ Duración: 158 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Mellora o ambiente de traballo e o compromiso do equipo cos obxectivos da or ganización aplicando técnicas de motivación na xestión de traballos e a transmisión de ordes e obxectivos de xeito sintético e comprensible, e polo medio máis adecuado.

- CA1.1. Valorouse a importancia de crear un ambiente de traballo positivo e de coo peración.

- CA1.2. Identificáronse as cuestións clave para o desenvolvemento de relacións hu manas cordiais, que fomenten a asunción de obxectivos comúns da organización.

- CA1.3. Recoñecéronse as formas sistemáticas e puntuais de motivación de equipos humanos.

- CA1.4. Relacionáronse as situacións profesionais habituais nunha organización coas boas prácticas e os principios de ética empresarial.

- CA1.5. Aplicáronse as técnicas de liderado e dirección de grupos máis indicadas nas situacións empresariais.

- CA1.6. Describiuse a identificación correcta de necesidades e a anticipación como obxectivo para a mellora do servizo.

- CA1.7. Seleccionáronse as técnicas de comunicación formal e informal, o diálogo e a argumentación como bases para mellorar a organización do traballo na empresa ou entidade.

- CA1.8. Analizouse a participación de todos os membros dun grupo como impres cindible para a obtención de resultados con proxección a longo prazo.

- CA1.9. Valorouse a importancia das accións destinadas á prevención e á redución do estrés e a tensión.

- CA1.10. Analizáronse as vantaxes de fomentar a resolución de conflitos dentro do grupo de traballo e nas relacións externas, así como a súa anticipación.

- CA1.11. Mantívose a confidencialidade e a privacidade axustando as súas actua cións ao código deontolóxico da profesión.

_ RA2. Coordina as actuacións propias e as da dirección ou do grupo de traballo a quen preste soporte, aplicando técnicas e métodos convencionais e/ou electrónicos de xestión do tempo.

- CA2.1. Relacionáronse os métodos e as técnicas de xestión do tempo analizando as fases dos métodos para o seu óptimo aproveitamento.

- CA2.2. Identificáronse as causas habituais de perdas de tempo (ladróns de tempo) e os métodos para as evitar.

- CA2.3. Valoráronse os tipos de prioridades segundo a situación e os obxectivos es tablecidos para a xestión da axenda.

- CA2.4. Empregáronse as ferramentas convencionais e/ou electrónicas aplicando os procedementos para unha correcta xestión do tempo.

- CA2.5. Valorouse a importancia de estandarizar tarefas e procedementos, e automa tizalos sempre que sexa posible, para lograr unha maior eficiencia e eficacia.

- CA2.6. Describíronse os tipos de axenda dispoñibles e a súa utilidade e usabilidade en cada situación.

- CA2.7. Analizouse a complexidade de coordinar axendas das persoas implicadas atendendo ás xerarquías establecidas e ás funcións asignadas a cadaquén.

- CA2.8. Valorouse a importancia de manter a imaxe corporativa e os estándares de calidade establecidos.

- CA2.9. Respectáronse de xeito estrito os criterios de seguridade e confidencialidade.

_ RA3. Planifica as tarefas do seu posto de dirección adaptándoas á situación, á persoa interlocutora e aos obxectivos do traballo.

- CA3.1. Identificouse a estrutura organizativa, a cultura corporativa e as prioridades establecidas.

- CA3.2. Identificáronse as características propias das tarefas do/da asistente de direc ción, os medios dispoñibles e os obxectivos propostos.

- CA3.3. Diferenciáronse os niveis de autonomía e responsabilidade que deben apli carse nas actividades de apoio e/ou nas actividades delegadas.

- CA3.4. Describíronse os criterios de xestión e organización de recursos materiais e instalacións tendo en conta o deseño universal.

- CA3.5. Analizáronse os recursos humanos dispoñibles e o nivel de autonomía de xestión para cumprir os obxectivos establecidos e canalizar adecuadamente tarefas e comunicacións.

- CA3.6. Xestionáronse e mantivéronse actualizadas redes de contactos formais e in formais, para facilitar a tarefa da dirección ou os equipos de traballo aos que se dea soporte.

- CA3.7. Seleccionáronse os modelos de documentación, libro de estilo, manual de imaxe corporativa e procedementos aplicables en cada caso.

- CA3.8. Valoráronse as condicións ambientais e de traballo.

- CA3.9. Establecéronse os tempos para a realización das tarefas propias do/da asis tente de dirección, cumprindo prazos e os niveis de calidade.

_ RA4. Organiza reunións e eventos corporativos aplicando técnicas de negociación e normas de protocolo, e cumprindo os obxectivos propostos.

- CA4.1. Describíronse os criterios de eficiencia e óptimo aproveitamento de recursos ou instalacións atendendo ao tipo de evento que cumpra planificar e aos seus obxec tivos.

- CA4.2. Identificáronse os elementos estratéxicos para preparar as negociacións en situacións profesionais estándares.

- CA4.3. Planificáronse e programáronse os recursos persoais e materiais  necesarios, e elaboráronse os orzamentos totais e parciais, indicando condicións de pagamento e os seus prazos.

- CA4.4. Avaliáronse as ofertas de empresas organizadoras de eventos.

- CA4.5. Valorouse a importancia de aplicar técnicas de negociación na contratación dos servizos necesarios para reunións e eventos.

- CA4.6. Tivéronse en conta as xerarquías e os protocolos respecto ás persoas partici pantes en reunións e eventos.

- CA4.7. Preveuse a loxística necesaria para a reunión ou o evento de xeito que se re duzan as posibles continxencias, con eficacia e rapidez, e seguindo as normas de se guridade e confidencialidade.

- CA4.8. Recibíronse visitas e clientes/as con cortesía, aplicando as normas de proto colo e transmitindo a imaxe corporativa.

- CA4.9. Distinguíronse as técnicas propias da organización de reunións e eventos na cionais ou internacionais, e establecéronse os indicadores de supervisión e control do desenvolvemento do evento e a análise das causas de incumprimento, no caso de que este se produza.

- CA4.10. Analizáronse os aspectos de seguridade e rigor apropiados en función do tipo de reunión, viaxe ou evento corporativo organizado e/ou os seus asistentes, así como a forma en que pode afectar a organización deste.

- CA4.11. Prevíronse as reclamacións en formas e prazos establecidos, ante incum primentos das condicións acordadas, segundo a normativa e as pautas da empresa

_ RA5. Organiza viaxes e desprazamentos nacionais e internacionais cumprindo os ob xectivos e os procedementos establecidos.

- CA5.1. Prevíronse as necesidades loxísticas de viaxes para as reunións e eventos corporativos.

- CA5.2. Describíronse os elementos na organización de viaxes nacionais e interna cionais.

- CA5.3. Valorouse a idoneidade do modo de transporte en cada caso.

- CA5.4. Negociáronse as condicións coas axencias de viaxes ou outros/as provedo res/as do servizo.

- CA5.5. Tivéronse en conta as posibles continxencias, reducíronse e preparáronse al ternativas viables.

- CA5.6. Preparouse a axenda de traballo que se desenvolverá durante a viaxe.

- CA5.7. Obtívose información sobre os requisitos de documentación persoal, permi sos, divisas, fuso horario, vacinacións, control de alfándegas, e protocolo e usos do país de destino.

- CA5.8. Analizáronse os aspectos de seguridade apropiados en función do tipo de re unión, viaxe ou evento corporativo organizado e/ou os seus asistentes, e a forma en que pode afectar a organización deste.

- CA5.9. Valoráronse os resultados da organización das viaxes utilizando, se procede, cuestionarios de satisfacción, tendo en conta os obxectivos fixados previamente.

- CA5.10. Prevíronse as reclamacións en formas e prazos establecidos ante incumpri mentos das condicións acordadas, segundo a normativa e as pautas da empresa.

 

Contidos básicos

 

BC1. Mellora do ambiente de traballo

_ Motivación para o traballo.

_ Cultura empresarial e ambiente laboral.

_ Reputación ou boa imaxe.

_ Xeración de confianza. Técnicas de liderado e dirección de grupos.

_ Desenvolvemento de habilidades sociais no ámbito laboral.

_ Código deontolóxico empresarial e a súa aplicación nas tarefas diarias.

_ Aseguramento da reserva e a confidencialidade.

_ Conflito: resolución de conflitos.

_ Prevención de conflitos.

_ Sistemas de información con accesos restrinxidos.

 

BC2. Coordinación de actuacións no equipo de traballo

_ Coordinación de actuacións propias e da dirección ou grupo de traballo a quen se dea soporte.

_ Métodos de óptimo aproveitamento do tempo.

_ Planificación: organización, realización, seguimento, valoración e proposta de mello ras.

_ Axendas: tipos e utilidade.

_ Aplicacións específicas.

 

BC3. Planificación de tarefas do departamento

_ Organización e imaxe corporativa. Organigramas funcionais das organizacións.

_ Programación de actividades. Aplicación de recursos e tempos.

_ Utilización de gráficos e métodos de control de proxectos.

_ Tramitación de documentos.

_ Calidade do servizo de secretaría.

 

BC4. Organización de reunións e eventos corporativos

_ Eventos de carácter interno e de carácter externo.

_ Eventos corporativos

 

BC5. Organización de viaxes e desprazamentos nacionais e internacionais

_ Viaxes.

_ Planificación da viaxe.

_ Seguros de viaxe.

_ Axencias de viaxes.

_ Orzamento.

_ Organización da viaxe.

_ Documentación posterior á viaxe.

_ Seguridade nos datos e confidencialidade.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de de senvolvemento de planificación e organización de calquera tipo de tarefas e eventos do di rectivo ou equipamento ao que se preste servizo, que abrangue aspectos como:

- Planificación de tarefas.

- Control e coordinación de axendas.

- Procedementos de planificación, contratación e xestión de viaxes e eventos compe tencia do departamento.

 

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse na programación e no con trol do traballo diario da xerencia ou equipo de traballo ao que se preste servizo.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), c), d), m), o), p) e

q) do ciclo formativo, e as competencias a), c), d), m), p) e q).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo han versar sobre:

- Análise de técnicas de motivación e mellora do clima laboral.

- Coñecemento e manexo de técnicas de programación de tempos e axendas.

- Avaliación de técnicas de planificación, xestión e control de viaxes e eventos em presariais.