MP0663 Módulo profesional: Xestión avanzada da información

_ Equivalencia en créditos ECTS: 7.

_ Código: MP0663.

_ Duración: 157 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Xestiona as facetas administrativas de proxectos empresariais administrando re cursos mediante unha aplicación específica de control.

- CA1.1. Elaborouse unha proposta de xestión administrativa dun proxecto acorde cos obxectivos que se pretendan con el.

- CA1.2. Definíronse as tarefas que cumpra levar a cabo relacionadas co soporte ad ministrativo do proxecto.

- CA1.3. Identificáronse as actividades, tarefas e prazos de entrega ou finalización de cada fase dos proxectos.

- CA1.4. Xestionáronse os recursos, os requisitos (tempos, custos, calidade e recursos humanos) e os riscos derivados do proxecto.

- CA1.5. Supervisouse e revisouse cada fase do proxecto.

- CA1.6. Estableceuse a estrutura organizativa asignando os papeis e as responsabili dades.

- CA1.7. Redactáronse e presentáronse informes aos diversos axentes interesados no proxecto ("stakeholders").

_ RA2. Elabora documentos integrando textos, datos, imaxes e gráficos a través das apli cacións informáticas axeitadas.

- CA2.1. Determinouse o tipo de aplicación ofimática necesaria para a elaboración e a presentación de documentos.

- CA2.2. Elaboráronse patróns específicos adaptados ao tipo de documento que se va ia elaborar.

- CA2.3. Realizáronse as macros adecuadas para a automatización de traballos repeti tivos.

- CA2.4. Seleccionáronse os datos adecuados para a integración do documento.

- CA2.5. Efectuouse a combinación da correspondencia a través da selección dos da tos necesarios.

- CA2.6. Utilizáronse páxinas web para a obtención de posibles gráficos, diagramas ou debuxos.

- CA2.7. Confeccionáronse documentos organizados con formato e presentación ade cuados.

- CA2.8. Presentouse e publicouse o traballo final segundo os requisitos de tempo e forma.

_ RA3. Elabora presentacións audiovisuais relacionadas coa xestión empresarial ou de proxectos, utilizando unha aplicación de tratamento de vídeo dixital.

- CA3.1. Determinouse o equipamento e o material necesario.

- CA3.2. Elaborouse un guión para a produción audiovisual.

- CA3.3. Describíronse os formatos de audio e vídeo máis habituais.

- CA3.4. Seleccionáronse e ordenáronse os clips de audio e vídeo.

- CA3.5. Introducíronse os ficheiros de audio dixital na aplicación informática.

- CA3.6. Editáronse os ficheiros de audio e vídeo dixital na aplicación informática

- CA3.7. Inseríronse os títulos e os rótulos necesarios na aplicación informática.

- CA3.8. Efectuouse a autoría e a xeración da presentación en soporte óptico.

- CA3.9. Efectuouse a conversión a outros formatos aptos para a súa difusión por in ternet.

_ RA4. Realiza tarefas de xestión empresarial e de proxectos empregando ferramentas da web 2.0.

- CA4.1. Utilizáronse aplicacións web para a xestión de mensaxaría electrónica.

- CA4.2. Realizáronse comunicacións mediante aplicacións web de telefonía e video conferencia de baixo custo.

- CA4.3. Manexáronse calendarios e axendas de compromisos mediante aplicacións web.

- CA4.4. Utilizáronse aplicacións de ofimática colaborativa a través de aplicacións web.

- CA4.5. Creáronse páxinas web corporativas a través das posibilidades das aplica cións web.

- CA4.6. Xestionáronse comunicacións mediante mensaxaría instantánea a través aplicacións web.

- CA4.7. Realizáronse diversas xestións empresariais a través dunha aplicación web de oficina virtual.

_ RA5. Administra os documentos a través dun sistema de xestión documental.

- CA5.1. Determináronse os elementos que compoñen un sistema de xestión docu mental: bases de datos documentais, hardware, software, redes, usuarios/as e admi nistradores.

- CA5.2. Escanáronse documentos mediante programas de xestión documental.

- CA5.3. Almacenáronse, clasificáronse e recuperáronse documentos seguindo os pa rámetros establecidos.

- CA5.4. Establecéronse mecanismos de custodia dos documentos.

- CA5.5. Deseñáronse regras para o fluxo de documentos entre diversos postos da or ganización ("workflow").

- CA5.6. Caracterizáronse os condicionantes de tempo e forma na distribución dos documentos.

- CA5.7. Deseñáronse mecanismos de colaboración na creación de documentos com partidos ("workflow").

- CA5.8. Cubríronse os estándares de autenticación dos documentos ante diversas ins tancias públicas e privadas.

- CA5.9. Valorouse a contribución dos programas de xestión documental á conserva ción ambiental.

 

Contidos básicos

 

BC1. Xestión e administración de proxectos mediante aplicacións de control

_ Proxecto: concepto de "project management".

_ Organización do proxecto.

_ Planificación do proxecto.

_ Risco nos proxectos.

_ Programación do proxecto: introdución de tarefas, relacións entre elas e asignación de recursos.

_ Seguimento e control de proxecto.

_ Presentación de resultados: informes e gráficos

 

BC2. Elaboración de documentos mediante a integración de textos, datos, imaxes e grá ficos

_ Paquetes ofimáticos: uso integrado.

_ Patróns de traballo ofimático.

_ Automatización do traballo: macros.

_ Importación e exportación de datos a documentos.

_ Traballo con gráficos.

_ Web como fonte de recursos.

_ Transferencia da información.

_ Revisión do documento final.

_ Presentación e publicación do documento final.

 

BC3. Elaboración de presentacións audiovisuais

_ Introdución ao vídeo dixital.

_ Guión.

_ Formatos de ficheiros de audio e vídeo.

_ Aplicacións de edición de vídeo dixital.

_ Produción do vídeo dixital. Autoría en soportes de discos dixitais.

_ Creación de vídeos para a súa difusión por internet.

 

BC4. Xestión empresarial e de proxectos con ferramentas web 2.0

_ Aplicacións web.

_ Correo web.

_ Aplicacións de telefonía e videoconferencia en internet.

_ Calendario e axenda electrónica para manexo de eventos por internet.

_ Elaboración colaborativa de documentos.

_ Creación de páxinas web.

_ Integración de ferramentas web: oficina virtual en internet.

 

BC5. Administración de documentos mediante un sistema de xestión documental (SXD)

_ Concepto de xestión documental.

_ Elementos dun sistema de xestión documental.

_ Conversión dixital de documentos.

_ Procesos e control da xestión documental.

_ Almacenamento da información.

_ Sistemas de clasificación de documentos en SXD.

_ Creación de copias de seguridade.

_ Aspectos legais da xestión documental.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para dotar o alumnado dos coñece mentos para a posta en práctica dun proxecto dentro dunha empresa, así como a integra ción de diversas aplicacións de ofimática de cara a unha maior eficiencia nestas tarefas, e outras como a xestión das comunicacións.

A función de administración e xestión de proxectos abrangue aspectos como:

- Xestión de proxectos como método para conseguir un obxectivo específico dentro da empresa.

- Uso e aplicación integrados de aplicacións ofimáticas para a presentación de docu mentos organizados e con formatos.

- Utilización de aplicacións web relacionadas co mundo da comunicación e a xestión de empresas.

- Control dun programa de xestión documental como solución para a organización, o arquivamento e o control do fluxo dos documentos na empresa.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

- Todas as áreas relacionadas co apoio á xestión de proxectos: concepto de tarefas, asignación e control de recursos, e avaliación de resultados.

- Xestión das comunicacións do cargo directivo, do departamento ou do grupo de tra ballo, a través de ferramentas informáticas.

- Elaboración de presentacións e outras tarefas de comunicación empresarial dos máis diversos tipos (páxinas web corporativas, presentacións de resultados, vendas, oferta comercial, plans internos, etc.), integrando todas as posibilidades técnicas, incluídas as audiovisuais.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais g) e k) do ciclo formati vo, e as competencias g) e k).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo han versar sobre:

- Creación e xestión dun proxecto mediante unha aplicación informática.

- Deseño de fluxos de traballo e comunicacións en tarefas colaborativas, e asignación e emprego de medios informáticos para a realización destas.

- Integración de aplicacións ofimáticas con incorporación de texto, imaxes, gráficos e datos na creación de documentos administrativos de uso habitual.

- Elaboración de presentacións multimedia e uso de ferramentas web para a comuni cación e a xestión da empresa.

- Aplicación de programas de xestión documental.