MP0664 Módulo profesional: Proxecto de Asistencia á Dirección

_ Equivalencia en créditos ECTS: 5.

_ Código: MP0664.

_ Duración: 26 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Identifica necesidades do sector produtivo en relación con proxectos tipo que as poidan satisfacer.

- CA1.1. Clasificáronse as empresas do sector polas súas características organizativas e o tipo de produto ou servizo que ofrecen.

- CA1.2. Caracterizáronse as empresas tipo e indicouse a súa estrutura organizativa e as funcións de cada departamento.

- CA1.3. Identificáronse as necesidades máis demandadas ás empresas.

- CA1.4. Valoráronse as oportunidades de negocio previsibles no sector.

- CA1.5. Identificouse o tipo de proxecto requirido para dar resposta ás demandas pre vistas.

- CA1.6. Determináronse as características específicas requiridas ao proxecto.

- CA1.7. Determináronse as obrigas fiscais, laborais e de prevención de riscos, e as súas condicións de aplicación.

- CA1.8. Identificáronse as axudas e as subvencións para a incorporación de novas tecnoloxías de produción ou de servizo que se propoñan.

- CA1.9. Elaborouse o guión de traballo para seguir na elaboración do proxecto.

_ RA2. Deseña proxectos relacionados coas competencias expresadas no título, onde in clúe e desenvolve as fases que o compoñen.

- CA2.1. Compilouse información relativa aos aspectos que se vaian tratar no proxec to.

- CA2.2. Realizouse o estudo da viabilidade técnica do proxecto.

- CA2.3. Identificáronse as fases ou as partes que compoñen o proxecto, e o seu con tido.

- CA2.4. Establecéronse os obxectivos procurados e identificouse o seu alcance.

- CA2.5. Prevíronse os recursos materiais e persoais necesarios para realizar o proxec to.

- CA2.6. Realizouse o orzamento correspondente.

- CA2.7. Identificáronse as necesidades de financiamento para a posta en marcha do proxecto.

- CA2.8. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para o seu deseño.

- CA2.9. Identificáronse os aspectos que se deben controlar para garantir a calidade do proxecto.

_ RA3. Planifica a posta en práctica ou a execución do proxecto, para o que determina o plan de intervención e a documentación asociada.

- CA3.1. Estableceuse a secuencia de actividades ordenadas en función das necesida des de posta en práctica.

- CA3.2. Determináronse os recursos e a loxística necesarios para cada actividade.

- CA3.3. Identificáronse as necesidades de permisos e autorizacións para levar a cabo as actividades.

- CA3.4. Determináronse os procedementos de actuación ou execución das activida des.

- CA3.5. Identificáronse os riscos inherentes á posta en práctica e definiuse o plan de prevención de riscos, así como os medios e os equipamentos necesarios.

- CA3.6. Planificouse a asignación de recursos materiais e humanos, e os tempos de execución.

- CA3.7. Fíxose a valoración económica que dea resposta ás condicións da posta en práctica.

- CA3.8. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para a posta en práctica ou execución.

_ RA4. Define os procedementos para o seguimento e o control na execución do proxec to, e xustifica a selección das variables e dos instrumentos empregados.

- CA4.1. Definiuse o procedemento de avaliación das actividades ou intervencións.

- CA4.2. Definíronse os indicadores de calidade para realizar a avaliación.

- CA4.3. Definiuse o procedemento para a avaliación das incidencias que se poidan presentar durante a realización das actividades, así como a súa solución e o seu re xistro.

- CA4.4. Definiuse o procedemento para xestionar os cambios nos recursos e nas acti vidades, incluíndo o sistema para o seu rexistro.

- CA4.5. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para a avaliación das ac tividades e do proxecto.

- CA4.6. Estableceuse o procedemento para a participación na avaliación das persoas usuarias ou da clientela, e elaboráronse os documentos específicos.

- CA4.7. Estableceuse un sistema para garantir o cumprimento do prego de condi cións do proxecto, cando este exista.

_ RA5. Elabora e expón o informe do proxecto realizado, e xustifica o procedemento se guido.

- CA5.1. Enunciáronse os obxectivos do proxecto.

- CA5.2. Describiuse o proceso seguido para a identificación das necesidades das em presas do sector.

- CA5.3. Describiuse a solución adoptada a partir da documentación xerada no proce so de deseño.

- CA5.4. Describíronse as actividades en que se divide a execución do proxecto.

- CA5.5. Xustificáronse as decisións tomadas de planificación da execución do pro xecto.

- CA5.6. Xustificáronse as decisións tomadas de seguimento e control na execución do proxecto.

- CA5.7. Formuláronse as conclusións do traballo realizado en relación coas necesi dades do sector produtivo.

- CA5.8. Formuláronse, de ser o caso, propostas de mellora.

- CA5.9. Realizáronse, de ser o caso, as aclaracións solicitadas na exposición.

- CA5.10. Empregáronse ferramentas informáticas para a presentación dos resultados.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional complementa a formación establecida para o resto dos módulos profesionais que integran o título nas funcións de análise do contexto, deseño do proxecto e organización da execución.

A función de análise do contexto inclúe as subfuncións de compilación de información, identificación de necesidades e estudo de viabilidade.

A función de deseño do proxecto ten como obxectivo establecer as liñas xerais para dar resposta ás necesidades presentadas, concretando os aspectos salientables para a súa reali zación. Inclúe as subfuncións de definición do proxecto, planificación da intervención e elaboración da documentación.

A función de organización da execución inclúe as subfuncións de programación de ac tividades, xestión de recursos e supervisión da intervención.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións desenvólvense no sector da ad ministración e a xestión.

Fomentarase e valorarase a creatividade, o espírito crítico e a capacidade de innovación nos procesos realizados, así como a adaptación da formación recibida en supostos laborais e en novas situacións.

O equipo docente exercerá a titoría das seguintes fases de realización do traballo, que se realizarán fundamentalmente de xeito non presencial: estudo das necesidades do sector produtivo, deseño, planificación, e seguimento da execución do proxecto.

A exposición do informe, que realizará todo o alumnado, é parte esencial do proceso de avaliación e defenderase ante o equipo docente.

Polas súas propias características, a formación do módulo relaciónase con todos os ob xectivos xerais do ciclo e con todas as competencias profesionais, persoais e sociais, bar dante no relativo á posta en práctica de diversos aspectos da intervención deseñada.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo están relacionadas con:

- Execución de traballos en equipo.

- Responsabilidade e autoavaliación do traballo realizado.

- Autonomía e iniciativa persoal.

- Uso das TIC.