MP0667 Módulo profesional: Formación en centros de traballo

Equivalencia en créditos ECTS: 22.

_ Código: MP0667.

_ Duración: 384 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Identifica a estrutura e a organización da empresa, tendo en conta a súa relación coa produción e a comercialización dos produtos que obtén.

- CA1.1. Identificouse a estrutura organizativa da empresa e as funcións de cada área.

- CA1.2. Comparouse a estrutura da empresa coas organizacións empresariais tipo existentes no sector.

- CA1.3. Identificáronse os elementos que constitúen a rede loxística da empresa: provedores/as, clientela, sistemas de produción e almacenaxe, etc.

- CA1.4. Identificáronse os procedementos de traballo no desenvolvemento da presta ción de servizo.

- CA1.5. Valoráronse as competencias necesarias dos recursos humanos para o desen volvemento óptimo da actividade.

- CA1.6. Valorouse a idoneidade das canles de difusión máis frecuentes nesta activi dade.

_ RA2. Amosa hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesio nal, de acordo coas características do posto de traballo e cos procedementos estableci dos na empresa.

- CA2.1. Recoñecéronse e xustificáronse:

- Dispoñibilidade persoal e temporal necesarias no posto de traballo.

- Actitudes persoais (puntualidade, empatía, etc.) e profesionais (orde, limpeza, responsabilidade, etc.) necesarias para o posto de traballo.

- Requisitos actitudinais ante a prevención de riscos na actividade profesional.

- Requisitos actitudinais referidos á calidade na actividade profesional.

- Actitudes relacionais co propio equipo de traballo e coa xerarquía establecida na empresa.

- Actitudes relacionadas coa documentación das actividades realizadas no ámbito laboral.

- Necesidades formativas para a inserción e a reinserción laboral no ámbito cientí fico e técnico do bo facer profesional.

- CA2.2. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais e os aspectos fundamentais da lei de prevención de riscos laborais de aplicación na actividade pro fesional.

- CA2.3. Puxéronse en marcha os equipamentos de protección individual segundo os riscos da actividade profesional e as normas da empresa.

- CA2.4. Mantívose unha actitude de respecto polo ambiente nas actividades desen volvidas.

- CA2.5. Mantivéronse organizados, limpos e libres de obstáculos o posto de  traballo e a área correspondente ao desenvolvemento da actividade.

- CA2.6. Responsabilizouse do traballo asignado interpretando e cumprindo as instru cións recibidas.

- CA2.7. Estableceuse unha comunicación eficaz coa persoa responsable en cada si tuación e cos membros do equipo.

- CA2.8. Coordinouse co resto do equipo e comunicou as incidencias salientables.

- CA2.9. Valorouse a importancia da súa actividade e a necesidade de adaptación aos cambios de tarefas.

- CA2.10. Responsabilizouse da aplicación das normas e os procedementos no desen volvemento do seu traballo.

_ RA3. Elabora e tramita calquera tipo de documentos, e xestiona as comunicacións rela cionados coas áreas administrativas da empresa, empregando medios, equipamentos e instrumentos de control, segundo os procedementos da empresa e o sector.

- CA3.1. Detectáronse as necesidades de comunicación dos procesos de traballo.

- CA3.2. Identificáronse os equipamentos e os instrumentos para a elaboración e o se guimento da documentación.

- CA3.3. Interpretouse o contido dos documentos e as xestións de inicio da tarefa, pa ra os documentar segundo procedementos.

- CA3.4. Verificouse o cumprimento da normativa aplicable.

- CA3.5. Verificouse o cumprimento da petición de compra e os requisitos estableci dos para as materias primas solicitadas.

- CA3.6. Acomodouse o estilo, o medio de comunicación e a documentación á clien tela ou a instancia demandante do produto ou servizo.

- CA3.7. Tivéronse en conta os aspectos relacionados coa atención á clientela e a xes tión da calidade.

_ RA4. Planifica e desenvolve tarefas de apoio á xerencia, o grupo de traballo ou o pro xecto relacionadas coa xestión de procesos de todos os ámbitos da empresa, propón li ñas de actuación e supervisa as tarefas do equipo ao seu cargo.

- RA4.1. Deducíronse as necesidades de actuación con respecto aos procesos periódi cos e non periódicos relacionados coa xestión de procesos de todos os ámbitos da empresa ou do organismo.

- RA4.2. Tivéronse en conta as posibles necesidades de coordinación co resto do equi po de administración e con outros departamentos.

- RA4.3. Determináronse os procedementos intermedios de documentación e tramita ción, tendo en conta as necesidades dos procesos administrativos e de apoio á xeren cia.

- RA4.4. Determináronse os procesos, buscando unha utilización racional dos recur sos materiais e enerxéticos.

- RA4.5. Prevíronse e determináronse as necesidades relacionadas co desenvolvemen to das fases e as técnicas propias do apoio á función directiva.

- RA4.6. Determináronse as posibles medidas de corrección en función dos resultados obtidos.

- RA4.7. Caracterizáronse e realizáronse as valoracións de custos das actuacións da súa competencia para propor aos/ás seus/súas superiores ou decidir entre varias al ternativas.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contribúe a completar as competencias do título de técnico supe rior en Asistencia á Dirección e os obxectivos xerais do ciclo, tanto os que se alcanzaran no centro educativo como os de difícil consecución nel.