Matrícula aberta

Ciclo Superior de Administración e Finanzas

O ciclo formativo de administración e finanzas capacita para a organización e realización da administración e xestión de persoal, as operacións económico-financeiras e a información e asesoramiento a clientes ou usuarios, tanto no ámbito público como no privado, segundo o tamaño e a actividade da empresa ou organismo, e de acordo cos obxectivos marcados, as normas internas establecidas e a normativa vigente.

Matricúlate
Horario: Mañás
Duración 2.000 horas (2 cursos académicos)
Título de Técnico Superior en Administración e Finanzas
Tipo: Concertado
Familia profesional: administración e xestión.

INFORMACIÓN

A competencia xeral deste título consiste en organizar e executar as operacións de xestión e administración nos procesos comerciais, laborais, contables, fiscais e financeiros dunha empresa pública ou privada, aplicando a normativa vixente e os protocolos de xestión de calidade, xestionando a información, asegurando a satisfacción da clientela e/ou das persoas usuarias, e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
1. As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade, nomeadamente no sector de servizos, así como nas Administracións públicas, desempeñando as tarefas administrativas na xestión e no asesoramento nas áreas laboral, comercial, contable e fiscal desas empresas e institucións, ofrecéndolles un servizo e atención á clientela e á cidadanía, realizando trámites administrativos coas administracións públicas e xestionando o arquivo e as comunicacións da empresa.
Poderían traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou a través do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha aseso ría financeira ou laboral, estudos de proxectos, etc.

2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Administrativo/a de oficina.
- Administrativo/a comercial.
- Administrativo/a financeiro/a.
- Administrativo/a contable.
- Administrativo/a de loxística.
- Administrativo/a de banca e de seguros.
- Administrativo/a de recursos humanos.
- Administrativo/a da Administración pública.
- Administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías.
- Técnico/a en xestión de cobramentos.
- Responsable de atención á clientela.


As competencias profesionais, persoais e sociais deste título son as que se relacionan:

a) Tramitar documentos ou comunicacións internas ou externas nos circuítos de información da empresa.
b) Elaborar documentos e comunicacións a partir de ordes recibidas, información obtida e/ou necesidades detectadas.
c) Detectar necesidades administrativas ou de xestión da empresa de diversos tipos, a partir da análise da información dispoñible e do contorno.
d) Propor liñas de actuación encamiñadas a mellorar a eficiencia dos procesos administrativos nos que interveña.
e) Clasificar, rexistrar e arquivar comunicacións e documentos segundo as técnicas apropiadas e os parámetros establecidos na empresa.
f) Xestionar os procesos de tramitación administrativa empresarial en relación ás áreas comercial, financeira, contable e fiscal, cunha visión integradora destas.
g) Realizar a xestión contable e fiscal da empresa, segundo os procesos e os procedementos administrativos, aplicando a normativa e en condicións de seguridade e calidade.
h) Supervisar a xestión de tesouraría, a captación de recursos financeiros e o estudo de viabilidade de proxectos de investimento, seguindo as normas e os protocolos establecidos.
i) Aplicar os procesos administrativos establecidos na selección, na contratación, na formación e no desenvolvemento dos recursos humanos, axustándose á norma tiva e á política empresarial.
j) Organizar e supervisar a xestión administrativa de persoal da empresa, axus tándose á normativa laboral vixente e aos protocolos establecidos.
k) Realizar a xestión administrativa dos procesos comerciais, levando a cabo as tarefas de documentación e as actividades de negociación con provedores, e de asesoramento e relación coa clientela.
l) Atender a clientela e as persoas usuarias no ámbito administrativo e comercial asegurando os niveis de calidade establecidos e axustándose a criterios éticos e de imaxe da empresa ou da institución.
m) Tramitar e realizar a xestión administrativa na presentación de documentos en diferentes organismos e administracións públicas, en prazo e forma requiridos.
n) Adaptarse ás novas situacións laborais, mantendo actualizados os coñecementos científicos, técnicos e tecnolóxicos relativos ao seu ámbito profesional, xes tionando a súa formación e os recursos existentes na aprendizaxe ao longo da vida e utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación.
ñ) Resolver situacións, problemas ou continxencias con iniciativa e autonomía no ámbito da súa competencia, con creatividade, innovación e espírito de mellora no traballo persoal e no dos membros do equipo.
o) Organizar e coordinar equipos de traballo con responsabilidade e supervisar o seu desenvolvemento, mantendo relacións fluídas, asumindo o liderado e achegando solucións aos conflitos grupais que se presenten.
p) Comunicarse cos seus iguais, superiores, clientela e persoas baixo a súa res ponsabilidade, utilizando vías eficaces de comunicación, transmitindo a información ou coñecementos adecuados e respectando a autonomía e a competencia das persoas que interveñen no ámbito do seu traballo.
q) Xerar ámbitos seguros no desenvolvemento do seu traballo e o do seu equipo, supervisando e aplicando os procedementos de prevención de riscos laborais e ambientais, de acordo co establecido pola normativa e os obxectivos da empresa.
r) Supervisar e aplicar procedementos de xestión de calidade e de accesibilidade e deseño universais, nas actividades profesionais incluídas nos procesos de pro dución ou prestación de servizos.
s) Realizar a xestión básica para a creación e o funcionamento dunha pequena empresa e ter iniciativa na súa actividade profesional, con sentido da responsabilidade social.
t) Exercer os seus dereitos e cumprir as obrigas derivadas da súa actividade pro fesional, de acordo co establecido na lexislación vixente, participando activamente na vida económica, social e cultural.

Os obxectivos xerais deste ciclo formativo son os seguintes:

  1. Analizar e confeccionar os documentos e as comunicacións que se utilizan na empresa, identificando a súa tipoloxía e a súa finalidade, para os xestionar.
  2. Analizar os documentos e as comunicacións que se utilizan na empresa recoñecendo a súa estrutura, os seus elementos e as súas características, para os ela borar.
  3. Identificar e seleccionar as expresións de lingua inglesa propias da empresa, para elaborar documentos e comunicacións.
  4. Analizar as posibilidades das aplicacións e dos equipamentos informáticos en relación co seu emprego máis eficaz no tratamento da información, para elaborar documentos e comunicacións.
  5. Analizar a información dispoñible para detectar necesidades relacionadas coa xestión empresarial.
  6. Organizar as tarefas administrativas das áreas funcionais da empresa para propor liñas de actuación e mellora.
  7. Identificar as técnicas e os parámetros que determinan as empresas, para clasificar, rexistrar e arquivar comunicacións e documentos.
  8. Recoñecer a relación entre as áreas comercial, financeira, contable e fiscal,
  9. para xestionar os procesos de xestión empresarial de forma integrada.
  10. Interpretar a normativa e a metodoloxía aplicables para realizar a xestión contable e fiscal.
  11. Elaborar informes sobre os parámetros de viabilidade dunha empresa, recoñecer os produtos financeiros e os seus provedores, e analizar os métodos de cálculo financeiros, para supervisar a xestión de tesouraría, a captación de recursos financeiros e o estudo de viabilidade de proxectos de investimento.
  12. Preparar a documentación e as actuacións que se deben desenvolver, interpretando a política da empresa, para aplicar os procesos administrativos establecidos na selección, na contratación, na formación e no desenvolvemento dos recur sos humanos.
  13. Recoñecer a normativa legal, as técnicas asociadas e os protocolos relacionados co departamento de recursos humanos, analizando a problemática laboral e a documentación derivada, para organizar e supervisar a xestión administrativa do persoal da empresa.
  14. Identificar a normativa, realizar cálculos, seleccionar datos, formalizar documentos e recoñecer as técnicas e os procedementos de negociación con provedores e de asesoramento a clientes, para realizar a xestión administrativa dos procesos comerciais.
  15. Recoñecer as técnicas de atención á clientela e ás persoas usuarias, e adecualas a cada caso, analizando os protocolos de calidade e imaxe empresarial ou institucional, para desempeñar as actividades relacionadas.
  16. Identificar modelos, prazos e requisitos para tramitar e realizar a xestión administrativa na presentación de documentos en organismos e administracións públicas.
  17. Analizar e utilizar as oportunidades e os recursos de aprendizaxe relacionados coa evolución científica, tecnolóxica e organizativa do sector, e as tecnoloxías da información e da comunicación, para manter o espírito de actualización e adaptarse a novas situacións laborais e persoais.
  18. Desenvolver a creatividade e o espírito de innovación para responder aos retos que se presentan nos procesos e na organización do traballo e da vida persoal.
  19. Tomar decisións de xeito fundamentado, analizando as variables implicadas, integrando saberes de distinto ámbito e aceptando os riscos e a posibilidade de equivocación, para afrontar e resolver situacións, problemas ou continxencias.
  20. Desenvolver técnicas de liderado, motivación, supervisión e comunicación en contextos de traballo en grupo, para facilitar a organización e a coordinación de equipos de traballo.
  21. Aplicar estratexias e técnicas de comunicación adaptándose aos contidos que se vaian transmitir, á finalidade e ás características das persoas receptoras, para asegurar a eficacia nos procesos de comunicación.
  22. Avaliar situacións de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, propondo e aplicando medidas de prevención persoais e colectivas, de acordo coa normativa aplicable nos procesos de traballo, para garantir ámbitos seguros.
  23. Identificar e propor as accións profesionais necesarias, para dar resposta á accesibilidade e o deseño universais.
  24. Identificar e aplicar parámetros de calidade nas actividades e nos traballos realizados no proceso de aprendizaxe, para valorar a cultura da avaliación e da calidade e ser quen de supervisar e mellorar procedementos de xestión de calidade.
  25. Utilizar procedementos relacionados coa cultura emprendedora, empresarial e de iniciativa profesional, para realizar a xestión básica dunha pequena empresa ou emprender un traballo.
  26. Recoñecer os seus dereitos e deberes como axente activo na sociedade, tendo en conta o marco legal que regula as condicións sociais e laborais, para participar na cidadanía democrática.
En calquera tipo de empresa, independientemente do seu tamaño e do sector de actividade, normalmente no de servizos, así como nas administracións públicas, desempeñando as tarefas administrativas na xestión e no asesoramiento nas áreas laboral, comercial, contable e fiscal, gestionar o arquivo e as comunicacións da empresa.

Poderán traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou a través do exercicio libre dunha actividade económica, como unha asesoría financeira ou laboral, estudos de proxectos, etc.

  • Administrativo/a de oficina.
  • Administrativo/a comercial.
  • Administrativo/a financeiro/a.
  • Administrativo/a contable.
  • Administrativo/a de loxística.
  • Administrativo/a de banca e de seguros.
  • Administrativo/a de recursos humanos.
  • Administrativo/a dá Administración pública.
  • Administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías.
  • Técnico/a en xestión de cobramentos.
  • Responsable de atención á clientela.
Grados:

  • Administración e Dirección de empresas
  • Dereito
  • Economía
  • Magisterio.
  • Información e Documentación
  • Comercio
  • Estatística
  • Dirección e Xestión Pública
  • Relacións laborais e Recursos Humanos
  • Traballo social
  • Consultoría e gstión da información
  • Enxeñeiro técnico en Informática de Xestión.
  • Ingeniería Informática (Especialidades de Deseño e Administración de Sistemas e Redes e de Desenvolvemento de Grandes Sistemas de Software)


Acceso e vinculación a outros estudos.

1. O título de técnico superior en administración e finanzas permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior, nas condicións de acceso que se establezan.
2. Este título permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao nas condicións de admisión que se establezan.
3. Para os efectos de facilitar o réxime de validacións entre este título e as ensi nanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS distribuídos entre os módulos profesionais deste ciclo formativo.

Para poder cursar estudos de ciclos formativos de grao superior, o alumnado debe cumprir algún dos requisitos seguintes:
  • Título de bacharel.
  • Título de técnico especialista, de técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
  • Titulación universitaria ou equivalente para efectos académicos.
  • Ter superado o segundo curso de calquera modalidade de bacharelato experimental.
  • Ter superado o curso de orientación universitaria (COU) ou preuniversitario (PREU).
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Ter superada a proba de acceso a ciclos formativos.
De non cumprir ningún dos requisitos anteriores é posible acceder a un ciclo de grao superior superando as probas de acceso que as administracións educativas organizan todos os anos, sempre e cando se dean algunha das seguintes situacións: Ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba. Cumprir ou ter cumpridos dezaoito anos no ano natural de celebración da proba e dispor dun título de técnico, no momento de inscrición na proba, que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción a que opta, consonte a táboa do anexo III da resolución (DOG do 20 de xaneiro de 2011).

Módulos do Primeiro Curso

  • Inglés (160 h). +info
  • Xestión da documentación xurídica e empresarial (80 h). +info
  • Recursos humanos e responsabilidade social corporativa (80 h). +info
  • Ofimática e proceso da información (240 h). +info
  • Proceso integral da actividade comercial (133 h). +info
  • Comunicación e atención á clientela (160 h). +info
  • Formación e orientación laboral (107 h). +info

Módulos do Segundo Curso

  • Xestión de recursos humanos (105 h). +info
  • Xestión financeira (123 h). +info
  • Contabilidade e fiscalidade (157 h). +info
  • Xestión loxística e comercial (105 h). +info
  • Simulación empresarial (140 h). +info
  • Proxecto de administración e finanzas (26 h). +info
  • Formación en centros de traballo (384 h). +info

CONTACTA CONNOSCO

Solicita información sen compromiso. O noso servizo de atención ao público responderalle no menor tempo posible.

986 419899

¡Reserva agora a túa praza!