Matrícula aberta

Ciclo Superior Asistencia Dirección

O ciclo formativo de secretariado capacita para organizar, gestionar, elaborar e transmitir a información procedente ou con destino aos órganos executivos, profesionais e de xestión en lingua propia e/ou estranxeira e, tamén, representar á empresa e fomentar a cooperación e calidade das relacións internas e externas, segundo os obxectivos marcados e as normas internas establecidas.

Matricúlate
Horario: Mañás
Duración 2.000 horas (2 cursos académicos)
Titulación: Técnico Superior en Asistencia á Dirección.
Tipo: Concertado
Familia profesional: Administración e Xestión.

INFORMACIÓN

A competencia xeral do título de técnico superior en Asistencia á Dirección consiste en asistir a dirección e outros departamentos nas actividades de organiza ción, representación da entidade e funcións administrativa e documental, así como xestionar a información e a comunicación interna e externa, e realizar outras tarefas por delegación, utilizando, en caso necesario, a lingua inglesa e/ou outra lingua estranxeira, aplicando a normativa vixente e os protocolos de xestión de calidade que aseguren a satisfacción da clientela ou das persoas usuarias, e actuando se gundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
1. As persoas que obteñan o título de técnico superior en Asistencia á Dirección han exercer a súa actividade ao lado de un ou máis membros directivos ou execu tivos, ou ben dun equipo de traballo (departamento, proxecto, grupo, etc.) nun contexto de crecente internacionalización. Ten un papel basicamente interpersoal, or ganizativo e administrativo, que pode desenvolverse en calquera tipo de organiza ción (empresas nacionais ou internacionais, asociacións, axencias gobernamen tais, entidades do sector público ou privado, domésticas ou internacionais), que dan cabida a este tipo de profesional.
A denominación dos seus postos varía substancialmente dependendo dos cos tumes profesionais de cada sector, a maior ou menor cualificación exixida polo tipo de traballo, a importancia relativa das actividades que se desempeñan por delega ción e o grao de responsabilidade que se lle outorga.
Tomando en conta o seu papel específico de apoio a un superior ou grupo de traballo, o persoal asistente de dirección traballa habitualmente por conta allea e actúa só ou formando parte da estrutura dun equipo, e de xeito independente total ou parcialmente.

2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Asistente á dirección.
- Asistente persoal.
- Secretario/a de dirección.
- Asistente de despachos e oficinas.
- Asistente xurídico/a.
- Asistente en departamentos de recursos humanos.
- Administrativo/a na Administración e en organismos públicos.
  1. As competencias profesionais, persoais e sociais do título de técnico superior en Asistencia á Dirección son as que se relacionan:

    a) Administrar sistemas de información e arquivamento, en soporte convencional e informático, en condicións de seguridade e establecendo medidas de control.
    b) Comunicarse oralmente e por escrito de xeito preciso en, polo menos, dúas linguas estranxeiras.
    c) Organizar e xestionar a axenda e as comunicacións da dirección, coordinando a súa actividade con outras áreas ou organizacións.
    d) Xestionar a organización de eventos, reunións e demais actos corporativos, seguindo normas e protocolos establecidos.
    e) Xestionar e presentar expedientes e documentación xurídica e empresarial ante organismos e administracións públicas en prazo e forma requiridos.
    f) Desenvolver tarefas de relacións públicas na empresa, mediante a coopera ción con outras instancias internas e externas.
    g) Realizar presentacións de documentos e informes, integrando textos, datos e gráficos, e utilizando aplicacións informáticas.
    h) Realizar tarefas básicas de administración das áreas comercial, financeira, contable e fiscal da empresa, cunha visión global e integradora deses procesos.
    i) Realizar e controlar as tarefas administrativas de selección, formación e de senvolvemento dos recursos humanos, axustándose á normativa vixente e á políti ca empresarial.
    j) Desenvolver e verificar a atención á clientela ou ás persoas usuarias no ámbito administrativo, asegurando os niveis de calidade establecidos e axustándose a cri terios éticos e de imaxe da empresa ou da institución.
    k) Tramitar documentos e comunicacións internas ou externas nos circuítos de información da empresa.
    l) Elaborar documentos e comunicacións a partir de ordes recibidas, información obtida e/ou necesidades detectadas.
    m) Detectar necesidades e anticipar solucións de diversos tipos, dentro do seu ámbito, a partir da análise da información dispoñible e do contexto.
    n) Clasificar, rexistrar e arquivar comunicacións e documentos segundo as técni cas apropiadas e os parámetros establecidos na empresa.
    ñ) Adaptarse ás novas situacións laborais, mantendo actualizados os coñece mentos científicos, técnicos e tecnolóxicos relativos ao seu ámbito profesional, xes tionando a súa formación e os recursos existentes na aprendizaxe ao largo da vida e utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación.
    o) Resolver situacións, problemas ou continxencias con iniciativa e autonomía no ámbito da súa competencia, con creatividade, innovación e espírito de mellora no traballo persoal e no dos membros do equipo.
    p) Organizar e coordinar equipos de traballo con responsabilidade, e supervisar o seu desenvolvemento, mantendo relacións fluídas e asumindo o liderado, e achegar solucións aos conflitos grupais que se presenten.
    q) Comunicarse con iguais, superiores, clientela e persoas baixo a súa respon sabilidade, utilizando vías eficaces de comunicación, transmitindo a información ou os coñecementos adecuados e respectando a autonomía e a competencia das persoas que interveñen no ámbito do seu traballo.
    r) Xerar ámbitos seguros no desenvolvemento do seu traballo e no do seu equi po, supervisando e aplicando os procedementos de prevención de riscos laborais e ambientais, de acordo co establecido pola normativa e cos obxectivos da empresa.
    s) Supervisar e aplicar procedementos de xestión de calidade e de accesibilida de e deseño universais, nas actividades profesionais incluídas nos procesos de produción ou prestación de servizos.
    t) Realizar a xestión básica para a creación e o funcionamento dunha pequena empresa e ter iniciativa na súa actividade profesional con sentido da responsabili dade social.
    u) Exercer os seus dereitos e cumprir as obrigas derivadas da súa actividade profesional, de acordo co establecido na lexislación vixente, participando activa mente na vida económica, social e cultural.

Os obxectivos xerais do ciclo formativo de grao superior de Asistencia á Direc ción son os seguintes:

  1. Identificar datos e parámetros en relación cos sistemas de comunicación e arquivamento, para administrar estes sistemas.
  2. Interpretar as normas lingüísticas, o vocabulario, os modelos e as vías de comunicación, aplicando os apropiados a cada situación profesional, para se comuni car en dúas linguas estranxeiras.
  3. Recoñecer os actos e os tempos que determinan a tarefa da dirección, priorizando e clasificando segundo criterios e procedementos, para organizar a axenda e as comunicacións.
  4. Analizar os obxectivos, os trazos definitorios e as fases dos eventos empresariais, caracterizando os métodos do seu desenvolvemento, para xestionar a súa organización.
  5. Identificar os documentos xurídicoempresariais, describindo as súas características e as súas vías de xestión, para os tramitar ante administracións públicas.
  6. Identificar os puntos críticos e as necesidades de comunicación interna e externa das organizacións, con aplicación de técnicas específicas a cada situación, para desenvolver tarefas de relacións públicas da empresa ou da institución.
  7. Interpretar documentos e datos empresariais, seleccionando medios técnicos, para realizar presentacións.
  8. Analizar os requisitos e as técnicas de xestión das áreas comercial, financeira, contable e fiscal, aplicando a normativa vixente, para realizar tarefas adminis trativas nelas.
  9. Interpretar a normativa, os métodos e as técnicas de selección e formación de recursos humanos, en relación con cada tipo de empresa, para realizar e controlar as tarefas administrativas destas funcións.
  10. j) Analizar os puntos críticos e as fases da atención á clientela ou ás persoas usuarias, identificando as necesidades técnicas e actitudinais de cada unha, para a desenvolver e a planificar.
  11. Identificar os circuítos de comunicación da empresa, relacionando os documentos que en cada instancia ou departamento se producen, para os tramitar.
  12. Caracterizar as exixencias formais e técnicas da comunicación empresarial, póndoas en conexión con diferentes contextos, para elaborar documentos.
  13. Analizar os procesos en que o/a asistente de dirección teña competencia, contrastando a suficiencia de medios, recursos e tempos, para detectar necesida des e anticipar solucións.
  14. Identificar técnicas e procedementos en relación cos tipos de documentos e coas necesidades das empresas, para clasificar, rexistrar e arquivar comunica cións.
  15. Analizar e utilizar os recursos e as oportunidades de aprendizaxe que se rela cionan coa evolución científica, tecnolóxica e organizativa do sector, e as tecnoloxías da información e da comunicación, para manter o espírito de actualización e adaptarse a novas situacións laborais e persoais.
  16. Desenvolver a creatividade e o espírito de innovación para responder aos retos que se presenten nos procesos e na organización do traballo e da vida persoal.
  17. Tomar decisións de xeito fundamentado analizando as variables implicadas, integrando saberes de distinto ámbito e aceptando os riscos e a posibilidade de equivocación, para afrontar e resolver situacións, problemas ou continxencias.
  18. Desenvolver técnicas de liderado, motivación, supervisión e comunicación en contextos de traballo en grupo, para facilitar a organización e a coordinación de equipos de traballo.
  19. Aplicar estratexias e técnicas de comunicación, adaptándose aos contidos que se vaian transmitir, así como á finalidade e ás características dos receptores, para asegurar a eficacia nos procesos de comunicación.
  20. Avaliar situacións de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, así como propor e aplicar medidas de prevención persoais e colectivas, de acordo coa normativa aplicable nos procesos de traballo, para garantir ámbitos seguros.
  21. Identificar e propor as accións profesionais necesarias para dar resposta á accesibilidade universal e o deseño universais.
  22. Identificar e aplicar parámetros de calidade nas actividades e nos traballos realizados no proceso de aprendizaxe, para valorar a cultura da avaliación e da calidade, e ser quen de supervisar e mellorar procedementos de xestión de calidade.
  23. Utilizar procedementos relacionados coa cultura emprendedora, empresarial e de iniciativa profesional, para realizar a xestión básica dunha pequena empresa ou emprender un traballo.
  24. Recoñecer os dereitos e os deberes como axente activo na sociedade, tendo enconta o marco legal que regula as condicións sociais e laborais, para participar na cidadanía democrática.
  25. Analizar e valorar a participación, o respecto, a tolerancia e a igualdade de oportunidades, para facer efectivo o principio de igualdade entre mulleres e homes.

1. As actividades das persoas tituladas como asistente á dirección foron modifi cándose de xeito notable baixo a dobre influencia dos cambios tecnolóxicos e or ganizativos, que favoreceron o seguinte:
2. O desenvolvemento do traballo colaborativo en contextos de redes operativas, do que se deriva un incremento das tarefas relacionadas coa coordinación e a comunicación; en particular, dentro da estrutura de grupos que traballan en proxectos.
3. A adscrición ao persoal con esta titulación de tarefas que ata agora pertencían ao ámbito de responsabilidades de executivos/as ou directivos/as (procura de in formación, compilación, análise e síntese, conexión e seguimento de casos ou pro xectos, coordinación de grupos de traballo, control de áreas de recursos humanos ou administración, etc.)
4. En ambas as facetas, a automatización das tarefas administrativas non se li mita hoxe ao manexo de teclados e á gravación de datos. Pola contra, constitúese como unha parte integral do sistema de información de cada entidade. As súas ca racterísticas están relacionadas co uso de ferramentas específicas de software e o acceso a bases de datos internas. Estes puntos relaciónanse coas tecnoloxías de comunicación e os sistemas de xestión de datos máis avanzados. Ademais, os úl timos cambios neste tipo de ferramentas ofrecen posibilidades de xestión electró nica de documentos.
5. Deste novo contexto laboral pode afirmarse que se elevou o nivel das súas competencias. As tendencias de emprego, así como as enquisas de prospección, apoian a idea da necesidade dun incremento do nivel e da amplitude da prepara ción destas persoas profesionais.

1. O título de técnico superior en Asistencia á Dirección permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior, nas condicións de ad misión que se establezan.
2. O título de técnico superior en Asistencia á Dirección permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao nas condicións de admisión que se establezan.
3. Para os efectos de facilitar o réxime de validacións entre o título de técnico superior en Asistencia á Dirección e as ensinanzas universitarias de grao, asíg nanse 120 créditos ECTS distribuídos entre os módulos profesionais do ciclo for mativo de grao superior de Asistencia á Dirección.

Para poder cursar estudos de ciclos formativos de grao superior, o alumnado debe cumprir algún dos requisitos seguintes:
  • Título de bacharel.
  • Título de técnico especialista, de técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
  • Titulación universitaria ou equivalente para efectos académicos.
  • Ter superado o segundo curso de calquera modalidade de bacharelato experimental.
  • Ter superado o curso de orientación universitaria (COU) ou preuniversitario (PREU).
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Ter superada a proba de acceso a ciclos formativos.
De non cumprir ningún dos requisitos anteriores é posible acceder a un ciclo de grao superior superando as probas de acceso que as administracións educativas organizan todos os anos, sempre e cando se dean algunha das seguintes situacións: Ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba. Cumprir ou ter cumpridos dezaoito anos no ano natural de celebración da proba e dispor dun título de técnico, no momento de inscrición na proba, que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción a que opta, consonte a táboa do anexo III da resolución (DOG do 20 de xaneiro de 2011).

Módulos do Primeiro Curso

  • Ingles (160 h). +info
  • Xestión da documentación xurídica e empresarial (80 h). +info
  • Recursos humanos e responsabilidade social corporativa (80 h). +info
  • Ofimática e proceso da información (240 h). +info
  • Proceso integral da actividade comercial (133 h). +info
  • Comunicación e atención á clientela (160 h). +info
  • Formación e orientación laboral (107 h). +info

Módulos do Segundo Curso

  • Protocolo empresarial (158 h). +info
  • Organización de eventos empresariais (158 h). +info
  • Xeistión avanzada da información (157 h). +info
  • Francés (Segunda lingua estranxeira) (157 h). +info
  • Proxecto de Asistencia á Dirección (26 h). +info
  • Formación en centros de trabalo (384 h). +info

CONTACTA CONNOSCO

Solicita información sen compromiso. O noso servizo de atención ao público responderalle no menor tempo posible.
986 419899

¡Reserva agora a túa praza!