Ciclo Superior en desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

O Ciclo Formativo de Grado Superior DAM (Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma), permitirache traballar desenvolvendo, implantando, documentando e mantendo aplicacións informáticas multiplataforma (movil, web e de escritorio) en todas as empresas do sector.

Matricúlate
Horario: Mañás
Duración 2.000 horas (2 cursos académicos)
Título de Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma
Tipo: Concertado
Familia profesional: informática y comunicaciones.

INFORMACIÓN

A competencia xeral deste título consiste en desenvolver, implantar, documentar e manter aplicacións informáticas multiplataforma (movil, web e de escritorio), utilizando tecnoloxías e contor nos de desenvolvemento específicos, garantindo o acceso aos datos de xeito se guro e cumprindo os criterios de usabilidade e calidade esixidos nos estándares establecidos.
1. As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en entidades públicas ou privadas de calquera tamaño, tanto por conta allea como por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas multiplataforma en diversos ámbitos:
  • xestión empresarial e de negocio, relacións con clientes, educación, lecer, dispositivos móbiles e entretemento.
  • aplicacións desenvolvidas e implantadas en contornos de alcance intranet, extranet e Internet.
  • e implantación e adaptación de sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes.

 

2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
  • Desenvolver aplicacións informáticas e videojuegos para móbiles, tablets e aplicacións de escritorio de propósito xeral en distintos sistemas operativos; creación de servizos en rede en segundo plano; deseño de bases de datos e desenvolvemento de sistemas ERP para a xestión empresarial e de negocio.
  • Desenvolvedor/ora de aplicacións informáticas para a xestión empresarial e de negocio.
  • Desenvolvedor/ora de aplicacións de propósito xeral.
  • Desenvolvedor/ora de aplicacións no ámbito do entretemento e a informática móbil.

As competencias profesionais, persoais e sociais deste título son as que se relacionan a continuación:

  1. Configurar e explotar sistemas informáticos, adaptando a configuración lóxica do sistema segundo as necesidades de uso e os criterios establecidos.
  2. Aplicar técnicas e procedementos relacionados coa seguridade en sistemas, servizos e aplicacións, conforme o plan de seguridade.
  3. Xestionar bases de datos, interpretando o seu deseño lóxico, e verificar a integridade, a consistencia, a seguridade e a accesibilidade dos datos.
  4. Xestionar contornos de desenvolvemento adaptando a súa configuración en cada caso para permitir o desenvolvemento e o despregamento de aplicacións.
  5. Desenvolver aplicacións multiplataforma con acceso a bases de datos utili zando linguaxes, librarías e ferramentas adecuadas ás especificacións.
  6. Desenvolver aplicacións pondo en práctica un sistema completo de formularios e informes que permitan xestionar de xeito integral a información almacenada.
  7. Integrar contidos gráficos e compoñentes multimedia en aplicacións multiplataforma, empregando ferramentas específicas e cumprindo os requisitos estableci dos.
  8. Desenvolver interfaces gráficas de usuario interactivas e coa usabilidade adecuada, empregando compoñentes visuais estándar ou executando compoñentes visuais específicos.
  9. Participar no desenvolvemento de xogos e aplicacións no ámbito do entretemento e a educación empregando técnicas, motores e contornos de desenvolve mento específicos.
  10. Desenvolver aplicacións para teléfonos, PDA e outros dispositivos móbiles empregando técnicas e contornos de desenvolvemento específicos.
  11. Crear axudas xerais e sensibles ao contexto, empregando ferramentas específicas e integrándoas nas súas correspondentes aplicacións.
  12. Crear titoriais e manuais de usuario, de instalación, de configuración e de administración, empregando ferramentas específicas.
  13. Empaquetar aplicacións para a súa distribución en paquetes autoinstalables con asistentes incorporados.
  14. Desenvolver aplicacións multiproceso e multifío empregando librarías e técnicas de programación específicas.
  15. Desenvolver aplicacións capaces de ofrecer servizos en rede empregando mecanismos de comunicación.
  16. Participar na implantación de sistemas ERPCRM avaliando a utilidade de cada un dos seus módulos.
  17. Xestionar a información almacenada en sistemas ERPCRM, de xeito que se garanta a súa integridade.
  18. Desenvolver compoñentes personalizados para un sistema ERPCRM aten dendo aos requisitos.
  19. Realizar plans de probas e verificar o funcionamento dos compoñentes de software desenvolvidos, segundo as especificacións.
  20. Despregar e distribuír aplicacións en distintos ámbitos de implantación, así como verificar o seu comportamento e realizar as modificacións necesarias.
  21. Establecer vías eficaces de relación profesional e comunicación cos superiores, os compañeiros e as compañeiras, e o persoal subordinado, respectando a autonomía e as competencias de cada persoa.
  22. Liderar situacións colectivas que se poidan producir, mediando en conflitos persoais e laborais, contribuíndo ao establecemento dun ambiente de traballo agradable, e actuando en todo momento de forma respectuosa e tolerante.
  23. Xestionar a propia carreira profesional, analizando as oportunidades de emprego, de autoemprego e de aprendizaxe.
  24. Manter o espírito de innovación e de actualización no ámbito do traballo propio, para se adaptar aos cambios tecnolóxicos e organizativos do seu ámbito pro fesional.
  25. Crear e xestionar unha pequena empresa, realizando un estudo de viabilidade de produtos, de planificación da produción e de comercialización.
  26. Participar activamente na vida económica, social e cultural, cunha actitude crítica e responsable.

Os obxectivos xerais deste ciclo formativo son os seguintes:

  1. Axustar a configuración lóxica do sistema analizando as necesidades e os criterios establecidos, para configurar e explotar sistemas informáticos.
  2. Identificar as necesidades de seguridade analizando vulnerabilidades e verificando o plan preestablecido, para aplicar técnicas e procedementos relacionados coa seguridade no sistema.
  3. Interpretar o deseño lóxico de bases de datos, analizando e cumprindo as es pecificacións relativas á súa aplicación, para xestionar bases de datos.
  4. Instalar e configurar módulos e complementos, e avaliar a súa funcionalidade, para xestionar contornos de desenvolvemento.
  5. Seleccionar e empregar linguaxes, ferramentas e librarías, e interpretar as especificacións para desenvolver aplicacións multiplataforma con acceso a bases de datos.
  6. Xestionar a información almacenada, planificando e pondo en práctica sistemas de formularios e informes para desenvolver aplicacións de xestión.
  7. Seleccionar e utilizar ferramentas específicas, linguaxes e librarías, e avaliar as súas posibilidades, seguindo un manual de estilo, para manipular e integrar en aplicacións multiplataforma contidos gráficos e compoñentes multimedia.
  8. Empregar ferramentas de desenvolvemento, linguaxes e compoñentes vi suais, conforme as especificacións, e verificar a interactividade e a usabilidade, para desenvolver interfaces gráficas de usuario en aplicacións multiplataforma.
  9. Seleccionar e empregar técnicas, motores e contornos de desenvolvemento, e avaliar as súas posibilidades, para participar no desenvolvemento de xogos e apli cacións no ámbito do entretemento.
  10. Seleccionar e empregar técnicas, linguaxes e contornos de desenvolvemento, e avaliar as súas posibilidades, para desenvolver aplicacións en teléfonos, PDA e outros dispositivos móbiles.
  11. Valorar e empregar ferramentas específicas, atendendo á estrutura dos contidos, para crear axudas xerais e sensibles ao contexto.
  12. Valorar e empregar ferramentas específicas atendendo á estrutura dos contidos, para crear titoriais, manuais de usuario e outros documentos asociados a unha aplicación.
  13. Seleccionar e empregar técnicas e ferramentas, e avaliar a utilidade dos asistentes de instalación xerados, para empaquetar aplicacións.
  14. Analizar e aplicar técnicas e librarías específicas, simulando diferentes escenarios, para desenvolver aplicacións capaces de ofrecer servizos en rede.
  15. Analizar e aplicar técnicas e librarías de programación, e avaliar a súa funcionalidade, para desenvolver aplicacións multiproceso e multifío.
  16. Recoñecer a estrutura dos sistemas ERPCRM, e identificar a utilidade de cada un dos seus módulos, para participar na súa implantación.
  17. Realizar consultas, e analizar e avaliar o seu alcance, para xestionar a información almacenada en sistemas ERPCRM.
  18. Seleccionar e empregar linguaxes e ferramentas, conforme os requisitos, para desenvolver compoñentes personalizados en sistemas ERPCRM.
  19. Verificar os compoñentes de software desenvolvidos, analizando as especificacións, para completar un plan de probas.
  20. Establecer procedementos, e verificar a súa funcionalidade, para despregar e distribuír aplicacións.
  21. Describir os papeis de cada compoñente do grupo de traballo, e identificar en cada caso a responsabilidade asociada, para establecer as relacións profesionais máis convenientes.
  22. Identificar formas de intervención ante conflitos de tipo persoal e laboral, tendo en conta as decisións máis convenientes, para garantir un ámbito de traballo satisfactorio.
  23. Identificar e valorar as oportunidades de promoción profesional e de aprendizaxe, analizando o contexto do sector, para elixir o itinerario laboral e formativo máis conveniente.
  24. Identificar os cambios tecnolóxicos, organizativos, económicos e laborais na súa actividade, e analizar as súas implicacións no ámbito do traballo, para manter o espírito de innovación.
  25. Recoñecer as oportunidades de negocio, identificando e analizando demandas do mercado, para crear e xestionar unha pequena empresa.
  26. Recoñecer os dereitos e os deberes como axente activo na sociedade, analizando o marco legal que regula as condicións sociais e laborais, para participar na cidadanía democrática.
  27. Analizar e valorar a participación, o respecto, a tolerancia e a igualdade de oportunidades, para facer efectivo o principio de igualdade entre mulleres e homes.

En calquera tipo de empresa, independientemente do seu tamaño e do sector de actividade, tanto públicas como persoais, tanto por conta allea como por conta propia, e desempeñan o seu traballo no área de desenvolvemento de aplicacións informáticas multiplataforma en diversos ámbitos: desenvolvemento de aplicación de escritorio a medida; creación de apps móbiles e videojuegos; aplicacións desenvolvidas e implantadas en contornos de alcance intranet, extranet e Internet; e implantación e adaptación de sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes.

De forma particular, a colocación en postos de traballo afines dos nosos alumnos dos últimos anos supera o 80%

Calquera dos Grados Universitarios relacionados coa ingeniería informática ou coa ingeniería de Telecomunicación.
Para poder cursar estudos de ciclos formativos de grao superior, o alumnado debe cumprir algún dos requisitos seguintes:
  • Título de bacharel.
  • Título de técnico especialista, de técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
  • Titulación universitaria ou equivalente para efectos académicos.
  • Ter superado o segundo curso de calquera modalidade de bacharelato experimental.
  • Ter superado o curso de orientación universitaria (COU) ou preuniversitario (PREU).
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Ter superada a proba de acceso a ciclos formativos.
De non cumprir ningún dos requisitos anteriores é posible acceder a un ciclo de grao superior superando as probas de acceso que as administracións educativas organizan todos os anos, sempre e cando se dean algunha das seguintes situacións: Ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba. Cumprir ou ter cumpridos dezaoito anos no ano natural de celebración da proba e dispor dun título de técnico, no momento de inscrición na proba, que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción a que opta, conforme a táboa do anexo III da resolución (DOG do 20 de xaneiro de 2011).

Módulos do Primeiro Curso

  • Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información (133 h). +info
  • Sistemas informáticos (186 h). +info
  • Bases de datos (187 h). +info
  • Programación (240 h). +info
  • Contornos de desenvolvemento (107 h). +info
  • Formación e orientación laboral (107 h). +info

Módulos do Segundo Curso

  • Acceso a datos (157 h). +info
  • Desenvolvemento de interfaces (140 h). +info
  • Programación multimedia e dispositivos móbiles (123 h). +info
  • Programación de servizos e procesos (70 h). +info
  • Sistemas de xestión empresarial (87 h). +info
  • Empresa e iniciativa emprendedora (53 h). +info
  • Proxecto de desenvolv. de aplicacións multiplataforma (26 h). +info
  • Formación en centros de traballo (384 h). +info

CONTACTA CONNOSCO

Solicita información sen compromiso. O noso servizo de atención ao público responderalle no menor tempo posible.

986 419899