¿Quen somos?

CEBEM é un centro de ensinanzas con máis de 40 anos de antigüidade que comezou como centro dedicado ós Estudios Bancarios, Económicos e Mercantís, (precisamente toma o seu nome destas actividades) e cuxa finalidade foi dende o seu comezo a formación de profesionais na área informática, administrativa, comercial e de xestión das empresas.

fachada.jpg

Linea metodolóxica

Tratarase de conseguir que no claustro prevaleza o equilibrio e complementariedade necesaria cara a acadar un correcto funcionamento.

Respectarase o estilo docente de cada profesor ou profesora coa finalidade de fomentar a pluralidade e a variedade de aproximacións fronte a unha mesma actividade profesional.

Fomentarase a actitude positiva, curiosa, investigadora e crítica na aprendizaxe de conceptos, procedementos e actitudes, insistindo naqueles aspectos máis relacionados co entorno profesional e de traballo: cooperación, traballo en equipo, rigor, estética profesional, etc

Buscarase a inter disciplinariedade e potenciaranse as metodoloxías motivadoras que respondan ós intereses dos alumnos e mailas alumnas mediante a aproximación non soamente ó seu entorno senón tamén ás súas expectativas.

Parte do noso proxecto e acadar unha boa relación entre tódolos membros da comunidade educativa e propiciar un sistema non autoritario que implique e promova a participación dos alumnos e alumnas nos seus procesos de aprendizaxe e que estea baseado no respecto mutuo, no diálogo, na reflexión, na colaboración e na solidariedade.

Obxectivos

o principal obxectivo do centro e adaptar o currículo á realidade, certamente cambiante do noso entorno, especialmente en relación co mercado laboral e cara a facilitar a inserción laboral e profesional dos nosos alumnos e alumnas.

O noso alumnado xa acode o centro cunha clara orientación polo que o noso esforzo concéntrase en:

  • Lograr unha boa coordinación e participación do profesorado.
  • Conceder unha gran relevancia non so ós contidos senón tamén ás actitudes, hábitos e valores profesionais.
  • Adoptar unha metodoloxía activa e participativa.
  • Potenciar o traballo en equipo e a colaboración.
  • Fomentar a capacidade de observación e a creatividade.
  • Potenciar a educación para a democracia evitando a agresividade a violencia
  • Evitar a discriminación, a exclusión e as actitudes sexistas.
  • Potenciar o coidado da saúde do entorno e do medio ambiente.
  • Fomentar a actitude crítica ante o consumo
  • Procurar a integración daqueles alumnos e daquelas alumnas con deficiencias na súa formación que precisen maior apoio.

Persoal directivo

  • Director Administrativo: José A. López Antes
  • Director de Formación Profesional: Ángeles Seijo Alén
  • Director da Escuela Sup. de Turismo: José A. López Antes
  • Xefe de Estudos: Minela Román
  • Secretaria do Centro: Ana Terrón
  • Equipo de Normalización Lingüística:
    • Coordinadora: Ángeles Seijo Alén
    • Susana M. Rodríguez Domínguez
    • Carlos Alonso Rial
    • Mª Elena Campos Rodríguez

Persoal docente

Persoal non docente

  • Secretaría: Mamen Cifuentes
  • Administración: Elena Campos
  • Mantemento: Domingo A. Rodríguez