MP0373 Módulo profesional: linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información

_ Equivalencia en créditos ECTS: 7.

_ Código: MP0373.

_ Duración: 133 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Recoñece as características de linguaxes de marcas analizando e interpretando fragmentos de código.

- CA1.1. Identificáronse as características xerais das linguaxes de marcas.

- CA1.2. Clasificáronse as linguaxes de marcas e identificáronse as máis salientables.

- CA1.3. Diferenciáronse os seus ámbitos de aplicación.

- CA1.4. Recoñecéronse as súas vantaxes no tratamento da información.

- CA1.5. Recoñeceuse a necesidade e os ámbitos específicos de aplicación dunha lin guaxe de marcas de propósito xeral.

- CA1.6. Analizáronse as características propias da linguaxe XML.

- CA1.7. Identificouse a estrutura dun documento XML e as súas regras sintácticas.

- CA1.8. Contrastouse a necesidade de crear documentos XML ben formados e a in fluencia no seu procesamento.

- CA1.9. Identificáronse as vantaxes dos espazos de nomes.

_ RA2. Utiliza linguaxes de marcas para a transmisión de información a través da web, analiza a estrutura dos documentos e identifica os seus elementos.

- CA2.1. Identificáronse e clasificáronse as linguaxes de marcas relacionadas coa web e as súas versións.

- CA2.2. Analizouse a estrutura dun documento HTML e identificáronse as súas sec cións.

- CA2.3. Recoñeceuse a funcionalidade das etiquetas e dos atributos principais da lin guaxe HTML.

- CA2.4. Establecéronse as semellanzas e as diferenzas entre as linguaxes HTML e XHTML.

- CA2.5. Recoñeceuse a utilidade de XHTML nos sistemas de xestión de información.

- CA2.6. Utilizáronse ferramentas na creación de documentos web.

- CA2.7. Identificáronse as vantaxes do uso de follas de estilo.

- CA2.8. Aplicáronse follas de estilo.

_ RA3. Xera canles de contidos analizando e utilizando tecnoloxías de sindicación.

- CA3.1. Identificáronse as vantaxes da sindicación de contidos na xestión e na trans misión da información.

- CA3.2. Definíronse os seus ámbitos de aplicación.

- CA3.3. Analizáronse as tecnoloxías en que se basea a sindicación de contidos.

- CA3.4. Identificouse a estrutura e a sintaxe dunha canle de contidos.

- CA3.5. Creáronse e validáronse canles de contidos.

- CA3.6. Comprobouse a funcionalidade das canles e o acceso a elas.

- CA3.7. Utilizáronse ferramentas específicas como agregadores e directorios de can les.

_ RA4. Establece mecanismos de validación para documentos XML utilizando métodos para definir a súa sintaxe e a súa estrutura.

- CA4.1. Estableceuse a necesidade de describir a información transmitida nos docu mentos XML e as súas regras.

- CA4.2. Identificáronse as tecnoloxías relacionadas coa definición de documentos XML.

- CA4.3. Analizouse a estrutura e a sintaxe específica utilizada na descrición.

- CA4.4. Creáronse descricións de documentos XML.

- CA4.5. Utilizáronse descricións na elaboración e na validación de documentos XML.

- CA4.6. Asociáronse as descricións cos documentos.

- CA4.7. Utilizáronse ferramentas específicas.

- CA4.8. Documentáronse as descricións.

_ RA5. Realiza conversións sobre documentos XML utilizando técnicas e ferramentas de procesamento.

- CA5.1. Identificouse a necesidade da conversión de documentos XML.

- CA5.2. Establecéronse ámbitos de aplicación.

- CA5.3. Analizáronse as tecnoloxías implicadas e o seu modo de funcionamento.

- CA5.4. Describiuse a sintaxe específica utilizada na conversión e na adaptación de documentos XML.

- CA5.5. Creáronse especificacións de conversión.

- CA5.6. Identificáronse e caracterizáronse ferramentas específicas relacionadas coa conversión de documentos XML.

- CA5.7. Realizáronse conversións con diversos formatos de saída.

- CA5.8. Documentáronse e depuráronse as especificacións de conversión.

_ RA6. Xestiona información en formato XML analizando e utilizando tecnoloxías de almacenamento e linguaxes de consulta.

- CA6.1. Identificáronse os principais métodos de almacenamento da información usada en documentos XML.

- CA6.2. Identificáronse os inconvenientes de almacenar información en formato XML.

- CA6.3. Establecéronse tecnoloxías eficientes de almacenamento de información en función das súas características.

- CA6.4. Utilizáronse sistemas xestores de bases de datos relacionais no almacena mento de información en formato XML.

- CA6.5. Utilizáronse técnicas específicas para crear documentos XML a partir de in formación almacenada en bases de datos relacionais.

- CA6.6. Identificáronse as características dos sistemas xestores de bases de datos na tivas XML.

- CA6.7. Instaláronse e analizáronse sistemas xestores de bases de datos  nativas XML.

- CA6.8. Utilizáronse técnicas para xestionar a información almacenada en bases de datos nativas XML.

- CA6.9. Identificáronse linguaxes e ferramentas para o tratamento e o almacenamen to de información e a súa inclusión en documentos XML.

_ RA7. Traballa con sistemas empresariais de xestión de información realizando tarefas de importación, integración, aseguramento e extracción da información.

- CA7.1. Recoñecéronse as vantaxes dos sistemas de xestión e planificación de recur sos empresariais.

- CA7.2. Avaliáronse as características das principais aplicacións de xestión empresa rial.

- CA7.3. Instaláronse aplicacións de xestión empresarial.

- CA7.4. Configuráronse e adaptáronse as aplicacións.

- CA7.5. Estableceuse e verificouse o acceso seguro á información.

- CA7.6. Xeráronse informes.

- CA7.7. Realizáronse tarefas de integración con aplicacións ofimáticas.

- CA7.8. Realizáronse procedementos de extracción de información para o seu trata mento e a súa incorporación a diversos sistemas.

- CA7.9. Realizáronse tarefas de asistencia e resolución de incidencias.

- CA7.10. Elaboráronse documentos relativos á explotación da aplicación.

 

Contidos básicos

 

BC1. Linguaxes de marcas

_ Características.

_ Identificación de ámbitos de aplicación.

_ Clasificación.

_ XML: estrutura e sintaxe.

_ Etiquetas.

_ Ferramentas de edición.

_ Elaboración de documentos XML ben formados.

_ Utilización de espazos de nomes en XML.

 

BC2. Uso de linguaxes de marcas en contornos web

_ HTML: estrutura dunha páxina web.

_ Identificación de etiquetas e atributos de HTML.

_ XHTML: diferenzas sintácticas e estruturais con HTML.

_ Vantaxes de XHTML sobre HTML

_ Versións de HTML e de XHTML.

_ Ferramentas de deseño web.

_ Transmisión de información mediante linguaxes de marcas.

_ Follas de estilo.

 

BC3. Aplicación das linguaxes de marcas á sindicación de contidos

_ Vantaxes.

_ Ámbitos de aplicación.

_ Estrutura das canles de contidos.

_ Tecnoloxías de creación de canles de contidos.

_ Validación.

_ Utilización de ferramentas.

_ Directorios de canles de contidos.

_ Agregadores. Tipos e funcionamento.

 

BC4. Definición de esquemas e vocabularios en XML

_ Definición da estrutura e sintaxe de documentos XML

_ Uso de métodos de definición de documentos XML.

_ Creación de descricións.

_ Asociación con documentos XML.

_ Validación.

_ Ferramentas de creación e validación.

_ Documentación de especificacións.

 

BC5. Conversión e adaptación de documentos XML

_ Técnicas de transformación de documentos XML.

_ Formatos de saída.

_ Ámbitos de aplicación.

_ Descrición da estrutura e da sintaxe.

_ Utilización de patróns.

_ Uso de ferramentas de procesamento.

_ Verificación do resultado.

_ Depuración.

_ Elaboración de documentación.

 

BC6. Almacenamento de información

_ Sistemas de almacenamento de información.

_ Inserción e extracción de información en XML.

_ Técnicas de procura de información en documentos XML.

_ Linguaxes de consulta e manipulación.

_ Almacenamento XML nativo.

_ Ferramentas de tratamento e almacenamento de información en formato XML.

 

BC7. Sistemas de xestión empresarial

_ Instalación.

_ Identificación de fluxos de información.

_ Adaptación e configuración.

_ Integración de módulos.

_ Elaboración de informes.

_ Planificación, implantación e verificación da seguridade.

_ Integración con aplicacións ofimáticas.

_ Exportación de información.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de xes tión e explotación de sistemas de información.

A xestión e explotación de sistemas de información abrangue aspectos como:

- Uso de linguaxes de marcaxe no tratamento e na transmisión da información.

- Publicación e difusión de información mediante tecnoloxías de sindicación de conti dos.

- Caracterización da información transmitida e almacenada.

- Adaptación da información ás tecnoloxías utilizadas na súa presentación, na súa transmisión e no seu almacenamento.

- Almacenamento e recuperación da información.

- Implantación e adaptación de sistemas de xestión empresarial.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

- Almacenamento e transmisión da información.

- Uso de tecnoloxías web para a publicación e a difusión de información.

- Explotación de sistemas empresariais de xestión de información.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais h), p) e w) do ciclo for mativo, e as competencias e), f), h), p), t) e w).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo versarán sobre:

- Caracterización e transmisión da información utilizando linguaxes de marcaxe.

- Publicación e difusión de información na web.

- Uso de técnicas de transformación e adaptación da información.

- Almacenamento da información.

- Xestión de información en sistemas específicos orientados a contornos empresariais.