Centro de formación profesional

La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
Arrow
Arrow
Arrow
Arrow
Slider

MP0483 Módulo profesional: sistemas informáticos

 

_ Equivalencia en créditos ECTS: 10.

_ Código: MP0483.

_ Duración: 186 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Avalía sistemas informáticos, e identifica os seus compoñentes e as súas caracte rísticas.

- CA1.1. Recoñecéronse os compoñentes físicos dun sistema informático e os seus mecanismos de interconexión.

- CA1.2. Describiuse e realizouse o proceso de posta en marcha dun equipamento.

- CA1.3. Ensambláronse equipamentos microinformáticos, con interpretación da do cumentación técnica, e verificouse o resultado final.

- CA1.4. Establecéronse os parámetros de configuración (hardware e software) dun equipamento microinformático.

- CA1.5. Clasificáronse, instaláronse e configuráronse dispositivos periféricos de di versos tipos.

_ RA2. Instala sistemas operativos, logo de planificar o proceso, para o que interpreta documentación técnica.

- CA2.1. Identificáronse os elementos funcionais dun sistema informático.

- CA2.2. Analizáronse as características, as funcións e a arquitectura dun sistema ope rativo.

- CA2.3. Comparáronse sistemas operativos en función dos seus requisitos, as carac terísticas, os campos de aplicación e as licenzas de uso.

- CA2.4. Instaláronse sistemas operativos de tipoloxía diversa.

- CA2.5. Aplicáronse técnicas de actualización e recuperación do sistema.

- CA2.6. Utilizáronse máquinas virtuais para instalar e probar sistemas operativos.

- CA2.7. Documentáronse os procesos realizados.

_ RA3. Xestiona a información do sistema aplicando medidas para asegurar a integridade dos datos, e identifica as estruturas de almacenamento.

- CA3.1. Comparáronse sistemas de ficheiros.

- CA3.2. Identificouse a estrutura e a función dos directorios do sistema operativo.

- CA3.3. Utilizáronse ferramentas en contorno gráfico e comandos para localizar in formación no sistema de ficheiros.

- CA3.4. Creáronse particións e unidades lóxicas de diversos tipos.

- CA3.5. Xestionáronse copias de seguridade.

- CA3.6. Automatizáronse tarefas.

- CA3.7. Instaláronse e avaliáronse utilidades relacionadas coa xestión de informa ción.

_ RA4. Xestiona sistemas operativos utilizando comandos e ferramentas gráficas, e ava lía as necesidades do sistema.

- CA4.1. Xestionáronse contas de usuario locais e grupos.

- CA4.2. Asegurouse o acceso ao sistema mediante o uso de directivas de conta e di rectivas de contrasinais.

- CA4.3. Identificáronse, arrancáronse e detivéronse servizos e procesos.

- CA4.4. Protexeuse o acceso á información mediante o uso de permisos locais.

- CA4.5. Utilizáronse comandos para realizar as tarefas básicas de configuración do sistema.

- CA4.6. Monitorizouse o sistema.

- CA4.7. Instaláronse e avaliáronse utilidades para o mantemento e a optimización do sistema.

- CA4.8. Avaliáronse as necesidades do sistema informático en relación co desenvol vemento de aplicacións

_ RA5. Interconecta sistemas en rede, e configura dispositivos e protocolos.

- CA5.1. Identificáronse os tipos de redes e de sistemas de comunicación.

- CA5.2. Identificáronse os compoñentes dunha rede informática.

- CA5.3. Interpretáronse mapas físicos e lóxicos dunha rede informática.

- CA5.4. Configurouse o protocolo TCP/IP.

- CA5.5. Configuráronse redes de área local con cables.

- CA5.6. Configuráronse redes de área local sen fíos.

- CA5.7. Utilizáronse dispositivos de interconexión de redes.

- CA5.8. Configurouse o acceso a redes de área extensa.

- CA5.9. Xestionáronse portos de comunicacións.

- CA5.10. Verificouse o funcionamento da rede mediante o uso de comandos e ferra mentas básicas.

- CA5.11. Aplicáronse protocolos seguros de comunicacións.

_ RA6. Opera con sistemas en rede, xestiona os seus recursos e identifica as restricións de seguridade existentes.

- CA6.1. Configurouse o acceso a recursos locais e de rede.

- CA6.2. Identificáronse os dereitos de usuario e as directivas de seguridade.

- CA6.3. Explotáronse servidores de ficheiros, de impresión e de aplicacións.

- CA6.4. Accedeuse aos servidores utilizando técnicas de conexión remota.

- CA6.5. Avaliouse a necesidade de protexer os recursos e o sistema.

- CA6.6. Instaláronse e avaliáronse utilidades de seguridade básica.

- CA6.7. Utilizouse o servizo de directorio como mecanismo de acreditación centrali zada dos usuarios nunha rede.

_ RA7. Elabora documentación utilizando aplicacións informáticas de propósito xeral.

- CA7.1. Clasificouse software en función da súa licenza e do seu propósito.

- CA7.2. Analizáronse as necesidades específicas de software asociadas ao uso de sis temas informáticos en diferentes ámbitos productivos.

- CA7.3. Realizáronse tarefas de documentación utilizando ferramentas ofimáticas.

- CA7.4. Utilizáronse sistemas de correo e mensaxaría electrónica.

- CA7.5. Utilizáronse os servizos de transferencia de ficheiros.

- CA7.6. Utilizáronse métodos de procura de documentación técnica mediante o uso de servizos de internet.

 

Contidos básicos

 

BC1. Explotación de sistemas microinformáticos

_ Compoñentes dun sistema informático: chasis, alimentación e refrixeración; placas ba se, procesadores e memorias; dispositivos de almacenamento; controladoras.

_ Periféricos. Adaptadores para a conexión de dispositivos.

_ Mecanismos e técnicas de interconexión.

_ Secuencia de arranque dun equipamento.

_ Normas de seguridade e prevención de riscos laborais no taller informático.

_ Manexo de documentación técnica nos idiomas máis empregados pola industria.

_ Webs de soporte técnico.

_ Configuración e verificación de equipamentos.

 

BC2. Instalación de sistemas operativos

_ Estruturas e arquitecturas de sistemas operativos.

_ Funcións dun sistema operativo.

_ Licenzas: tipos.

_ Máquinas virtuais.

_ Tipos de sistemas operativos.

_ Consideracións previas á instalación de sistemas operativos libres e propietarios.

_ Instalación de sistemas operativos: requisitos, versións e licenzas.

_ Xestores de arranque.

_ Actualización de sistemas operativos e aplicacións.

_ Clonación de sistemas operativos libres e propietarios.

 

BC3. Xestión da información

_ Sistemas de ficheiros.

_ Xestión de sistemas de ficheiros mediante comandos e contornos gráficos.

_ Estrutura de directorios de sistemas operativos libres e propietarios.

_ Procura de información do sistema mediante comandos e ferramentas gráficas.

_ Identificación do software instalado mediante comandos e ferramentas gráficas.

_ Ferramentas de administración de discos: particións e volumes; desfragmentación e ins pección.

_ Sistemas RAID.

_ Tarefas automáticas.

_ Copias de seguridade.

 

BC4. Configuración de sistemas operativos

_ Configuración de usuarios e grupos locais.

 

_ Seguridade de contas de usuario.

_ Seguridade de contrasinais.

_ Configuración de perfís locais de usuario.

_ Directivas locais.

_ Servizos e procesos.

_ Acceso a recursos. Permisos locais.

_ Comandos de sistemas libres e propietarios.

_ Ferramentas de monitorización do sistema.

_ Ferramentas de optimización do sistema.

 

BC5. Conexión de sistemas en rede

_ Características das redes: vantaxes e inconvenientes.

_ Tipos de redes.

_ Compoñentes dunha rede informática.

_ Medios de transmisión.

_ Topoloxías de rede.

_ Tipos de cableamento. Conectadores.

_ Mapa físico e lóxico dunha rede local.

_ Modelo OSI e ethernet.

_ Modelo e protocolos TCP/IP. Configuración de modelos de redes sen fíos.

_ Ficheiros de configuración de rede.

_ Xestión de portos.

_ Resolución de problemas de conectividade en sistemas operativos en rede.

_ Comandos utilizados en sistemas operativos libres e propietarios.

_ Monitorización de redes.

_ Configuración dos adaptadores de rede en sistemas operativos libres e propietarios.

_ Interconexión de redes: adaptadores de rede e dispositivos de interconexión.

_ Redes con cables: tipos e características. Adaptadores de rede con cables. Conmutado res, encamiñadores, etc.

_ Redes sen fíos: tipos e características. Adaptadores de rede sen fíos. Dispositivos de in terconexión.

_ Seguridade básica en redes con cables e sen fíos.

_ Seguridade de comunicacións.

 

BC6. Xestión de recursos nunha rede

_ Diferenzas entre permisos e dereitos: permisos de rede e permisos locais; herdanza; lis tas de control de acceso.

_ Dereitos de usuarios.

_ Requisitos de seguridade do sistema e dos datos.

 

_ Servidores de ficheiros, de impresión e de aplicacións.

_ Técnicas de conexión remota.

_ Ferramentas de cifraxe.

_ Tornalumes.

_ Servizo de directorio: definición, elementos e nomenclatura. LDAP.

- Esquema do servizo de directorio.

- Instalación, configuración e personalización do servizo de directorio.

- Obxectos que administra un servizo de directorio: usuarios, grupos, equipamentos, etc.

_ Ferramentas gráficas de administración do servizo de directorio

 

BC7. Explotación de aplicacións informáticas de propósito xeral

_ Requisitos do software.

_ Tipos de aplicacións.

_ Instalación e desinstalación de aplicacións: requisitos, versións e licenzas.

_ Ferramentas ofimáticas.

_ Ferramentas de internet: correo, mensaxaría, navegadores, etc.

_ Utilidades de propósito xeral: antivirus, antiespías, recuperación de datos, mantemento do sistema, etc.

_ Creación de documentación técnica nos idiomas máis empregados pola industria.

_ Ferramentas web de procura de información.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de ex plotación de sistemas informáticos.

Esta función abrangue aspectos como:

- Instalación, configuración básica e explotación de sistemas operativos.

- Configuración básica e xestión de redes de área local.

- Instalación, mantemento e explotación de aplicacións a partir de documentación téc nica.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse na explotación de sistemas informáticos en relación ao desenvolvemento de aplicacións.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), t), u), v), w)  e

x) do ciclo formativo, e as competencias profesionais, persoais e sociais a), b), t) u), v), w), x) e y).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo están relacionadas con:

- Identificación do hardware.

- Análise dos cambios e das novidades que se producen nos sistemas informáticos: hardware, sistemas operativos, redes e aplicacións.

- Uso de máquinas virtuais para simular sistemas.

- Correcta interpretación de documentación técnica.

 

- Instalación e actualización de sistemas operativos.

- Xestión de redes locais.

- Instalación e configuración de aplicacións.

- Verificación da seguridade de acceso ao sistema.

- Elaboración de documentación técnica.