MP0484 Módulo profesional: bases de datos

 _ Equivalencia en créditos ECTS: 11.

_ Código: MP0484.

_ Duración: 187 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Recoñece os elementos das bases de datos analizando as súas funcións, e valora a utilidade dos sistemas xestores.

- CA1.1. Analizáronse os sistemas lóxicos de almacenamento e as súas características.

- CA1.2. Identificáronse os tipos de bases de datos segundo o modelo de datos utili zado.

- CA1.3. Identificáronse os tipos de bases de datos en función da localización da in formación.

- CA1.4. Avaliouse a utilidade dun sistema xestor de bases de datos e as súas vantaxes fronte a outros sistemas de almacenamento.

- CA1.5. Recoñeceuse a función de cada elemento dun sistema xestor de bases de da tos.

- CA1.6. Clasificáronse os sistemas xestores de bases de datos.

- CA1.7. Analizáronse as políticas de fragmentación da información.

_ RA2. Deseña diagramas entidaderelación, para o que analiza os requisitos dos escena rios que cumpra representar.

- CA2.1. Identificouse o significado da simboloxía propia dos diagramas de entidade relación.

- CA2.2. Utilizáronse ferramentas gráficas para representar o diagrama entidade rela-ción.

- CA2.3. Identificáronse as entidades necesarias para representar un problema.

- CA2.4. Definíronse os atributos para cada entidade representada no modelo ER.

- CA2.5. Identificáronse as claves para cada entidade.

- CA2.6. Distinguíronse e aplicáronse os tipos de interrelacións e as cardinalidades existentes no problema que se vaia representar.

- CA2.7. Identificáronse os tipos de dependencia entre as entidades fortes e débiles.

- CA2.8. Recoñecéronse os elementos do modelo ER estendido

- CA2.9. Describíronse os supostos semánticos considerados na resolución do pro blema e os que non se puideron recoller no diagrama ER

_ RA3. Deseña modelos relacionais lóxicos normalizados, para o que interpreta diagra mas entidaderelación.

- CA3.1. Utilizáronse ferramentas gráficas para representar o deseño lóxico.

- CA3.2. Identificáronse as táboas do deseño lóxico.

- CA3.3. Identificáronse os campos que forman parte das táboas do deseño lóxico.

- CA3.4. Analizáronse as relacións entre as táboas do deseño lóxico.

- CA3.5. Identificáronse os campos clave.

- CA3.6. Realizouse a transformación de esquemas ER a esquemas relacionais.

- CA3.7. Aplicáronse regras de integridade. 

- CA3.8. Aplicáronse regras de normalización.

- CA3.9. Analizáronse e documentáronse as restricións que non se poidan plasmar no deseño lóxico.

_ RA4. Crea bases de datos, e define a súa estrutura e as características dos seus elemen tos segundo o modelo relacional

- CA4.1. Analizouse o formato de almacenamento da información.

- CA4.2. Creáronse bases de datos.

- CA4.3. Creáronse as táboas e as relacións entre elas.

- CA4.4. Seleccionáronse os tipos de datos adecuados.

- CA4.5. Definíronse os campos clave nas táboas.

- CA4.6. Aplicáronse as restricións reflectidas no deseño lóxico.

- CA4.7. Verificouse o axuste da implementación ao modelo mediante un conxunto de datos de proba.

- CA4.8. Utilizáronse asistentes, ferramentas gráficas e a linguaxe de definición de datos.

_ RA5. Consulta a información almacenada nunha base de datos empregando asistentes, ferramentas gráficas e a linguaxe de manipulación de datos.

- CA5.1. Identificáronse as ferramentas e as sentenzas para realizar consultas.

- CA5.2. Realizáronse consultas simples sobre unha táboa.

- CA5.3. Realizáronse consultas sobre o contido de varias táboas mediante composi cións internas.

- CA5.4. Realizáronse consultas sobre o contido de varias táboas mediante composi cións externas.

- CA5.5. Realizáronse consultas que xeren valores de resumo.

- CA5.6. Realizáronse unións de consultas.

- CA5.7. Realizáronse consultas con subconsultas.

- CA5.8. Realizáronse consultas utilizando funcións básicas integradas no SXBD.

- CA5.9. Valoráronse as vantaxes e os inconvenientes das opcións válidas para levar a cabo unha consulta determinada.

- CA5.10. Creáronse vistas.

_ RA6. Modifica a información almacenada na base de datos utilizando asistentes, ferra mentas gráficas e a linguaxe de manipulación de datos.

- CA6.1. Identificáronse as ferramentas e as sentenzas para modificar o contido da ba se de datos.

- CA6.2. Inseríronse, borráronse e actualizáronse datos nas táboas.

- CA6.3. Engadiuse nunha táboa a información resultante da execución dunha consul ta.

- CA6.4. Deseñáronse guións de sentenzas para levar a cabo tarefas complexas.

- CA6.5. Recoñeceuse o funcionamento das transaccións.

- CA6.6. Anuláronse parcialmente ou totalmente os cambios producidos por unha transacción.

- CA6.7. Identificáronse os efectos das políticas de bloqueo de rexistros.

- CA6.8. Adoptáronse medidas para manter a integridade e a consistencia da informa ción.

_ RA7. Desenvolve procedementos almacenados e guións de sentenzas, para o que utiliza e avalía as sentenzas da linguaxe incorporada no sistema xestor de bases de datos.

- CA7.1. Identificáronse as formas de automatizar tarefas.

- CA7.2. Recoñecéronse os métodos de execución de guións.

- CA7.3. Identificáronse as ferramentas dispoñibles para editar guións.

- CA7.4. Escribíronse secuencias de comandos e ficheiros de procesamento por lotes para automatizar tarefas.

- CA7.5. Creáronse, modificáronse e elimináronse procedementos almacenados.

- CA7.6. Empregáronse parámetros no deseño de procedementos almacenados.

- CA7.7. Detectáronse e tratáronse erros ao executar procedementos almacenados.

- CA7.8. Usáronse as funcións proporcionadas polo sistema xestor.

- CA7.9. Definíronse funcións de usuario.

- CA7.10. Definíronse disparadores.

- CA7.11. Utilizáronse cursores.

- CA7.12. Documentáronse os guións codificados, e indicáronse as tarefas que auto matizan e os resultados que producen.

_ RA8. Analiza e executa tarefas básicas de administración de bases de datos aplicando mecanismos de salvagarda e transferencia.

- CA8.1. Identificáronse ferramentas para a administración de copias de seguridade.

- CA8.2. Realizáronse e restauráronse copias de seguridade.

- CA8.3. Identificáronse as ferramentas para vincular, importar e exportar datos.

- CA8.4. Exportáronse datos a diversos formatos.

- CA8.5. Importáronse datos con distintos formatos.

- CA8.6. Transferiuse información entre sistemas xestores.

- CA8.7. Xestionáronse os usuarios e os seus privilexios.

- CA8.8. Creáronse índices para mellorar o funcionamento da base de datos.

- CA8.9. Utilizáronse asistentes, ferramentas gráficas e a linguaxe de control de datos.

- CA8.10. Interpretouse a documentación técnica do SXBD nos idiomas máis empre gados pola industria.

_ RA9. Xestiona a información almacenada en bases de datos obxectorelacionais, para o que utiliza e avalía as posibilidades que proporciona o sistema xestor.

- CA9.1. Identificáronse as características das bases de datos obxectorelacionais.

- CA9.2. Creáronse tipos de datos obxecto, os seus atributos e os seus métodos.

- CA9.3. Creáronse táboas de obxectos e táboas de columnas tipo obxecto.

- CA9.4. Creáronse tipos de datos colección.

- CA9.5. Realizáronse consultas.

- CA9.6. Modificouse a información almacenada mantendo a integridade e a consis tencia dos datos.

 

Contidos básicos

 

BC1. Bases de datos e sistemas de almacenamento da información

_ Ficheiros: planos, indexados, acceso directo, etc.

 

_ Bases de datos: conceptos, usos e tipos segundo o modelo de datos e a localización da información.

_ Outros sistemas de almacenamento: XML, servizo de directorios, etc.

_ Sistemas xestores de base de datos: funcións, compoñentes e tipos.

_ Sistemas xestores de bases de datos libres e propietarios.

_ Bases de datos centralizadas e distribuídas. Fragmentación.

 

BC2. Deseño conceptual de bases de datos

_ Fases de deseño de bases de datos.

_ Modelo entidaderelación: entidades, atributos, relacións e claves; tipos de interrelación e cardinalidade; dependencia por existencia e por identificación; restricións entre inte rrelacións.

_ Modelo ER ampliado.

_ Xeneralización e herdanza.

 

BC3. Deseño lóxico de bases de datos

_ Modelo lóxico de datos: metodoloxía.

_ Modelo relacional: terminoloxía e características. Claves primarias e alleas.

_ Paso do diagrama ER ao modelo relacional.

_ Álxebra relacional. Cálculo relacional.

_ Normalización de modelos relacionais: dependencias funcionais; formas normais.

_ Xustificación da desnormalización.

 

BC4. Deseño físico de bases de datos

_ Modelo de datos.

_ Terminoloxía do modelo relacional.

_ Claves primarias.

_ O valor NULL.

_ Claves alleas.

_ Vistas.

_ Ferramentas gráficas achegadas polo sistema xestor para a implementación da base de datos.

_ Linguaxe de definición de datos (DDL).

_ Creación, modificación e eliminación de bases de datos.

_ Creación, modificación e eliminación de táboas.

_ Tipos de datos. Tipos de datos definidos polo usuario.

_ Implementación de restricións.

_ Índices: características.

 

BC5. Realización de consultas

_ Ferramentas gráficas proporcionadas polo sistema xestor para a realización de consul tas.

_ Sentenza SELECT.

_ Selección e ordenación de rexistros. Tratamento de valores nulos.

_ Operadores: de comparación e lóxicos. Precedencia de operadores.

_ Consultas calculadas.

_ Sinónimos

_ Consultas de resumo. Agrupamento de rexistros.

_ Unión de consultas.

_ Composicións internas e externas.

_ Subconsultas.

_ Funcións básicas integradas no SXBD.

_ Vistas.

 

BC6. Tratamento de datos

_ Ferramentas gráficas proporcionadas polo sistema xestor para a edición da información.

_ Inserción, borrado e modificación de rexistros.

_ Inserción de rexistros a partir dunha consulta.

_ Mantemento da integridade referencial.

_ Cambios en cascada.

_ Subconsultas e combinacións en sentenzas de edición.

_ Transaccións. Sentenzas de procesamento de transaccións.

_ Acceso simultáneo aos datos: políticas de bloqueo.

_ Bloqueos compartidos e exclusivos.

 

BC7. Programación de bases de datos

_ Tipos de guións. Secuencias de comandos e ficheiros de procesamento por lotes. Pro cedementos almacenados. Funcións definidas polo usuario e desencadeadores.

_ Introdución: linguaxe de programación.

_ Variables do sistema e de usuario.

_ Funcións.

_ Operadores.

_ Estruturas de control de fluxo.

_ Procedementos almacenados.

_ Paso de parámetros.

_ Funcións definidas polo usuario.

_ Subrutinas.

 

_ Eventos e disparadores.

_ Excepcións.

_ Cursores.

 

BC8. Tarefas de administración de bases de datos

_ Copias de seguridade: tipos; planificación.

_ Ferramentas achegadas polo sistema xestor para a realización e a recuperación de co pias de seguridade.

_ Ferramentas para vinculación, importación e exportación de datos.

_ Ferramentas de verificación de integridade da base de datos.

_ Transferencia de datos entre sistemas xestores.

_ Creación e eliminación de usuarios.

_ Tipos de dereitos.

_ Asignación e desasignación de dereitos a usuarios.

_ Linguaxe DCL.

_ Índices.

 

BC9. Uso de bases de datos obxectorelacionais

_ Características das bases de datos obxectorelacionais.

_ Tipos de datos obxecto.

_ Atributos e métodos.

_ Sobrecarga.

_ Construtores.

_ Definición de tipos de obxecto.

_ Definición de métodos.

_ Herdanza.

_ Identificadores e referencias.

_ Tipos de datos colección

_ Declaración e iniciación de obxectos.

_ Uso da sentenza SELECT.

_ Navegación a través de referencias.

_ Chamadas a métodos.

_ Inserción, modificación e borrado de obxectos.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de pro gramación de bases de datos.

Esta función abrangue aspectos como:

-   Planificación e realización do deseño físico dunha base de datos.

 

- Normalización de esquemas.

- Inserción e manipulación de datos.

- Planificación e realización de consultas.

- Programación de procedementos almacenados.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

- Xestión da información almacenada en bases de datos.

- Desenvolvemento de aplicacións que acceden a bases de datos.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais c), e), f) e p) do ciclo formativo, e as competencias b), c), e), p) e t).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo versarán sobre:

- Interpretación de deseños lóxicos de bases de datos.

- Realización do deseño físico dunha base de datos a partir dun deseño lóxico.

- Implementación e normalización de bases de datos.

- Realización de operacións de consulta e modificación sobre os datos almacenados.

- Programación de procedementos almacenados.

- Utilización de bases de datos obxectorelacionais