_ Equivalencia en créditos ECTS: 14.
_ Código: MP0485.
_ Duración: 240 horas.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
_ RA1. Recoñece a estrutura dun programa informático, para o que identifica e relaciona os elementos propios da linguaxe de programación utilizada.
- CA1.1. Identificáronse os bloques que compoñen a estrutura dun programa informá tico.
- CA1.2. Creáronse proxectos de desenvolvemento de aplicacións.
- CA1.3. Utilizáronse contornos integrados de desenvolvemento.
- CA1.4. Identificáronse os tipos de variables e as súas utilidades específicas.
- CA1.5. Modificouse o código dun programa para crear e utilizar variables.
- CA1.6. Creáronse e utilizáronse constantes e literais.
- CA1.7. Clasificáronse, recoñecéronse e utilizáronse en expresións os operadores da linguaxe.
- CA1.8. Comprobouse o funcionamento das conversións de tipo explícitas e implíci tas.
- CA1.9. Introducíronse comentarios no código
_ RA2. Escribe e proba programas sinxelos, para o que recoñece e aplica os fundamentos da programación orientada a obxectos.
- CA2.1. Identificáronse os fundamentos da programación orientada a obxectos.
- CA2.2. Escribíronse programas simples.
- CA2.3. Instanciáronse obxectos a partir de clases predefinidas.
- CA2.4. Utilizáronse métodos e propiedades dos obxectos.
- CA2.5. Escribíronse chamadas a métodos estáticos.
- CA2.6. Utilizáronse parámetros na chamada a métodos.
- CA2.7. Incorporáronse e utilizáronse librarías de obxectos.
- CA2.8. Utilizáronse construtores.
- CA2.9. Utilizouse o contorno integrado de desenvolvemento na creación e na com pilación de programas simples.
_ RA3. Escribe e depura código, para o que analiza e utiliza as estruturas de control da linguaxe.
- CA3.1. Escribiuse e probouse código que faga uso de estruturas de selección.
- CA3.2. Utilizáronse estruturas de repetición.
- CA3.3. Recoñecéronse as posibilidades das sentenzas de salto.
- CA3.4. Escribiuse código utilizando control de excepcións.
- CA3.5. Creáronse programas executables utilizando diversas estruturas de control.
- CA3.6. Probáronse e depuráronse os programas.
- CA3.7. Comentouse e documentouse o código.
_ RA4. Desenvolve programas organizados en clases, para o que analiza e aplica os prin cipios da programación orientada a obxectos.
- CA4.1. Recoñeceuse a sintaxe, a estrutura e os compoñentes típicos dunha clase.
- CA4.2. Definíronse clases.
- CA4.3. Definíronse propiedades e métodos.
- CA4.4. Definíronse construtores.
- CA4.5. Desenvolvéronse programas que instancien e utilicen obxectos das clases creadas anteriormente.
- CA4.6. Utilizáronse mecanismos para controlar a visibilidade das clases e dos seus membros.
- CA4.7. Definíronse e utilizáronse clases herdadas.
- CA4.8. Definíronse e utilizáronse métodos estáticos.
- CA4.9. Definíronse e utilizáronse interfaces.
- CA4.10. Definíronse e utilizáronse conxuntos e librarías de clases.
_ RA5. Realiza operacións de entrada e saída de información, utilizando procedementos específicos da linguaxe e librarías de clases.
- CA5.1. Utilizouse a consola para realizar operacións de entrada e saída de informa ción.
- CA5.2. Aplicáronse formatos na visualización da información.
- CA5.3. Recoñecéronse as posibilidades de entrada e saída da linguaxe, e as librarías asociadas.
- CA5.4. Utilizáronse ficheiros para almacenar e recuperar información.
- CA5.5. Creáronse programas que utilicen diversos métodos de acceso ao contido dos ficheiros.
- CA5.6. Utilizáronse as ferramentas do contorno de desenvolvemento para crear in terfaces gráficas de usuario simples.
- CA5.7. Programáronse controladores de eventos.
- CA5.8. Escribíronse programas que utilicen interfaces gráficas para a entrada e saída de información.
_ RA6. Escribe programas que manipulen información, para o que selecciona e utiliza ti pos avanzados de datos.
- CA6.1. Escribíronse programas que utilicen arrays.
- CA6.2. Recoñecéronse as librarías de clases relacionadas con tipos de datos avanza dos.
- CA6.3. Utilizáronse listas para almacenar e procesar información.
- CA6.4. Utilizáronse iteradores para recorrer os elementos das listas.
- CA6.5. Recoñecéronse as características e as vantaxes de cada colección de datos dispoñible.
- CA6.6. Creáronse clases e métodos xenéricos.
- CA6.7. Utilizáronse expresións regulares na procura de patróns en cadeas de texto.
- CA6.8. Identificáronse as clases relacionadas co tratamento de documentos XML.
- CA6.9. Realizáronse programas que realicen manipulacións sobre documentos XML.
_ RA7. Desenvolve programas aplicando características avanzadas das linguaxes orienta das a obxectos e do contorno de programación.
- CA7.1. Identificáronse os conceptos de herdanza, superclase e subclase.
- CA7.2. Utilizáronse modificadores para bloquear e forzar a herdanza de clases e mé todos.
- CA7.3. Recoñeceuse a incidencia dos construtores na herdanza.
- CA7.4. Creáronse clases herdadas que sobrescriban a implementación de métodos da superclase.
- CA7.5. Deseñáronse e aplicáronse xerarquías de clases.
- CA7.6. Probáronse e depuráronse as xerarquías de clases.
- CA7.7. Realizáronse programas que implementen e utilicen xerarquías de clases.
- CA7.8. Comentouse e documentado o código.
_ RA8. Utiliza bases de datos orientadas a obxectos e analiza as súas características, apli cando técnicas para manter a persistencia da información.
- CA8.1. Identificáronse as características das bases de datos orientadas a obxectos.
- CA8.2. Analizouse a súa aplicación no desenvolvemento de aplicacións mediante linguaxes orientadas a obxectos.
- CA8.3. Instaláronse sistemas xestores de bases de datos orientados a obxectos.
- CA8.4. Clasificáronse e analizáronse os métodos soportados polos sistemas xestores para a xestión da información almacenada.
- CA8.5. Creáronse bases de datos e as estruturas necesarias para o almacenamento de obxectos.
- CA8.6. Programáronse aplicacións que almacenen obxectos nas bases de datos crea das.
- CA8.7. Realizáronse programas para recuperar, actualizar e eliminar obxectos das bases de datos.
- CA8.8. Realizáronse programas para almacenar e xestionar tipos de datos estrutura dos, compostos e relacionados.
_ RA9. Xestiona información almacenada en bases de datos relacionais, mantendo a inte gridade e a consistencia dos datos.
- CA9.1. Identificáronse as características e os métodos de acceso a sistemas xestores de bases de datos relacionais.
- CA9.2. Programáronse conexións con bases de datos.
- CA9.3. Escribiuse código para almacenar información en bases de datos.
- CA9.4. Creáronse programas para recuperar e amosar información almacenada en bases de datos.
- CA9.5. Efectuáronse borrados e modificacións sobre a información almacenada.
- CA9.6. Creáronse aplicacións que executen consultas sobre bases de datos.
- CA9.7. Creáronse aplicacións para posibilitar a xestión de información presente en bases de datos relacionais.
Contidos básicos
BC1. Identificación dos elementos dun programa informático
_ Contornos integrados de desenvolvemento.
_ Estruturas e bloques fundamentais.
_ Identificadores.
_ Palabras reservadas.
_ Tipos de datos primitivos.
_ Variables.
_ Literais.
_ Constantes.
_ Operadores aritméticos.
_ Expresións aritméticas.
_ Asignacións.
_ Conversións de tipo.
_ Comentarios.
_ Librarías de funcións.
_ Funcións de usuario
BC2. Uso de obxectos
_ Obxectos: atributos e comportamento.
_ Características dos obxectos. Tipos de atributos: propiedades.
_ Instanciación de obxectos.
_ Estado dun obxecto.
_ Comportamento dos obxectos: métodos.
_ Argumentos dun método. Valores devoltos.
_ Chamada aos métodos: mensaxes. Operador punto.
_ Identificador de obxecto actual.
_ Uso de métodos, de propiedades e de métodos estáticos.
_ Construtores.
_ Librarías de obxectos.
_ Destrución de obxectos e liberación de memoria.
BC3. Uso de estruturas de control
_ Operadores de relación e lóxicos.
_ Condicións simples e múltiples.
_ Estruturas condicionais.
_ Bloques de instrucións.
_ Estruturas de repetición.
_ Instrucións de salto: erros e excepcións.
_ Categorías de excepcións.
_ Control de excepcións. Declaración e lanzamento.
_ Proba, depuración e documentación de programas.
BC4. Desenvolvemento de clases
_ Concepto de clase.
_ Estrutura e membros dunha clase.
_ Tipos de atributos, métodos e construtores.
_ Constantes de clase.
_ Modificadores de acceso a propiedades e métodos: visibilidade e encapsulación.
_ Herdanza.
_ Atributos e métodos estáticos.
_ Interfaces: definición e implementación.
_ Empaquetaxe de clases.
BC5. Lectura e escritura de información
_ Tipos de fluxos: de bytes e de caracteres.
_ Clases relativas a fluxos.
_ Uso de fluxos.
_ Entrada desde teclado.
_ Saída a pantalla.
_ Ficheiros de datos. Rexistros.
_ Apertura e pechamento de ficheiros. Modos de acceso.
_ Escritura e lectura de información en ficheiros.
_ Uso dos sistemas de ficheiros.
_ Creación e eliminación de ficheiros e directorios.
_ Interfaces gráficas de usuario.
_ Concepto de evento.
_ Xestión de eventos.
_ Creación de controladores de eventos.
BC6. Aplicación das estruturas de almacenamento
_ Coleccións.
_ Definición de coleccións.
_ Tipos de coleccións habituais: arrays e listas.
_ Enumeradores.
_ Arrays multidimensionais.
_ Operacións con arrays: inicialización, inserción, borrado e ordenación.
_ Listas, pilas e colas.
_ Estruturas.
_ Cadeas de caracteres.
_ Librarías de clases relacionadas con XML.
BC7. Utilización avanzada de clases
_ Xerarquía de clases.
_ Tipos de xerarquía: xeneralización e especialización; todoparte.
_ Composición de clases.
_ Superclases e subclases.
_ Clases e métodos abstractos e finais.
_ Sobrescritura e sobrecarga de métodos.
_ Ligadura dinámica.
_ Polimorfismo.
BC8. Mantemento da persistencia dos obxectos
_ Bases de datos orientadas a obxectos.
_ Características das bases de datos orientadas a obxectos.
_ Instalación do xestor de bases de datos.
_ Creación de bases de datos.
_ Mecanismos de consulta.
_ Linguaxe de consultas: sintaxe, expresións e operadores.
_ Recuperación, modificación e borrado de obxectos da base de datos.
_ Almacenamento de tipos de datos estruturados, compostos e relacionados.
BC9. Xestión dos datos almacenados nas bases de datos relacionais
_ Establecemento de conexións.
_ Recuperación e manipulación de información.
_ Execución de consultas sobre a base de datos.
Orientacións pedagóxicas
Este módulo profesional contén parte da formación necesaria para desempeñar a función de programación de aplicacións de propósito xeral en linguaxes orientadas a obxectos.
Esta función abrangue aspectos como:
- Desenvolvemento de programas organizados en clases aplicando os principios da programación orientada a obxectos.
- Uso de interfaces para a interacción da aplicación co usuario.
- Identificación, análise e integración de librarías para incorporar funcións específicas aos programas desenvolvidos.
- Almacenamento e recuperación de información en sistemas xestores de bases de da tos relacionais e orientados a obxectos.
As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse no desenvolvemento e a adaptación de programas informáticos de propósito xeral en linguaxes orientadas a obxec tos.
A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais e), j), q) e w) do ci clo formativo, e as competencias a), e), f), i), j), t) e w).
As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo versarán sobre:
- Interpretación e aplicación dos principios da programación orientada a obxectos.
- Avaliación, selección e uso de ferramentas e linguaxes de programación orientadas a obxectos.
- Uso das características específicas de linguaxes e contornos de programación no de senvolvemento de aplicacións informáticas.
- Identificación das funcionalidades achegadas polos sistemas xestores de bases de da tos e a súa incorporación aos programas desenvolvidos.
- Documentación dos programas desenvolvidos.