MP0486 Módulo profesional: acceso a datos

_ Equivalencia en créditos ECTS: 9.

_ Código: MP0486.

_ Duración: 157 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Desenvolve aplicacións que xestionan información almacenada en ficheiros e identifica o seu campo de aplicación, utilizando clases específicas.

- CA1.1. Utilizáronse clases para a xestión de ficheiros e directorios.

- CA1.2. Valoráronse as vantaxes e os inconvenientes de cada forma de acceso.

- CA1.3. Utilizáronse clases para recuperar información almacenada nun ficheiro XML.

- CA1.4. Utilizáronse clases para almacenar información nun ficheiro XML.

- CA1.5. Utilizáronse clases para converter a outro formato información contida nun ficheiro XML.

- CA1.6. Prevíronse e xestionáronse as excepcións.

- CA1.7. Probáronse e documentáronse as aplicacións desenvolvidas.

_ RA2. Desenvolve aplicacións que xestionan información almacenada en bases de datos relacionais, para o que identifica e utiliza mecanismos de conexión.

- CA2.1. Valoráronse as vantaxes e os inconvenientes de utilizar conectadores.

- CA2.2. Utilizáronse xestores de bases de datos embebidos e independentes.

- CA2.3. Utilizouse o conectador idóneo na aplicación.

- CA2.4. Estableceuse a conexión.

- CA2.5. Definiuse a estrutura da base de datos.

- CA2.6. Desenvolvéronse aplicacións que modifican o contido da base de datos.

- CA2.7. Definíronse os obxectos destinados a almacenar o resultado das consultas.

- CA2.8. Desenvolvéronse aplicacións que efectúan consultas.

- CA2.9. Elimináronse os obxectos logo de finalizada a súa función.

- CA2.10. Xestionáronse as transaccións.

_ RA3. Xestiona a persistencia dos datos, para o que identifica ferramentas de mapea mento obxecto relacional (ORM) e desenvolve aplicacións que as utilizan.

- CA3.1. Instalouse a ferramenta ORM.

- CA3.2. Configurouse a ferramenta ORM.

- CA3.3. Definíronse os ficheiros de mapeamento.

- CA3.4. Aplicáronse mecanismos de persistencia aos obxectos.

- CA3.5. Desenvolvéronse aplicacións que modifican e recuperan obxectos persisten tes.

- CA3.6. Desenvolvéronse aplicacións que realizan consultas usando a linguaxe SQL.

- CA3.7. Xestionáronse as transaccións.

_ RA4. Desenvolve aplicacións que xestionan a información almacenada en bases de da tos obxectorelacionais e orientadas a obxectos, e valora as súas características, utili zando os mecanismos de acceso incorporados.

- CA4.1. Identificáronse as vantaxes e os inconvenientes das bases de datos que alma cenan obxectos.

- CA4.2. Establecéronse e pecháronse conexións.

- CA4.3. Xestionouse a persistencia de obxectos simples.

- CA4.4. Xestionouse a persistencia de obxectos estruturados.

- CA4.5. Desenvolvéronse aplicacións que realizan consultas.

- CA4.6. Modificáronse os obxectos almacenados.

- CA4.7. Xestionáronse as transaccións.

- CA4.8. Probáronse e documentáronse as aplicacións desenvolvidas.

_ RA5. Desenvolve aplicacións que xestionan a información almacenada en bases de da tos nativas XML, para o que avalía e utiliza clases específicas.

- CA5.1. Valoráronse as vantaxes e os inconvenientes de utilizar unha base de datos nativa XML.

- CA5.2. Instalouse o xestor de base de datos.

- CA5.3. Configurouse o xestor de base de datos.

- CA5.4. Estableceuse a conexión coa base de datos.

- CA5.5. Desenvolvéronse aplicacións que efectúan consultas sobre o contido da base de datos.

- CA5.6. Engadíronse e elimináronse coleccións da base de datos.

- CA5.7. Desenvolvéronse aplicacións para engadir, modificar e eliminar documentos XML da base de datos.

_ RA6. Programa compoñentes de acceso a datos e define as súas características en fun ción dos requisitos, utilizando ferramentas de desenvolvemento.

- CA6.1. Valoráronse as vantaxes e os inconvenientes de utilizar programación orien tada a compoñentes.

- CA6.2. Identificáronse ferramentas de desenvolvemento de compoñentes.

- CA6.3. Programáronse compoñentes que xestionan información almacenada en fi cheiros.

- CA6.4. Programáronse compoñentes que xestionan mediante conectadores informa ción almacenada en bases de datos.

- CA6.5. Programáronse compoñentes que xestionan información usando mapeamen to obxectorelacional.

- CA6.6. Programáronse compoñentes que xestionan información almacenada en ba ses de datos obxectorelacionais e orientadas a obxectos.

- CA6.7. Programáronse compoñentes que xestionan información almacenada nunha base de datos nativa XML.

- CA6.8. Probáronse e documentáronse os compoñentes desenvolvidos.

- CA6.9. Integráronse os compoñentes desenvolvidos en aplicacións.

 

Contidos básicos

 

BC1. Manexo de ficheiros

_ Clases asociadas ás operacións de xestión de ficheiros e directorios: creación, borrado, copia, movemento, etc.

_ Xeitos de acceso a un ficheiro.

 

_ Fluxos: baseados en bytes e baseados en caracteres.

_ Clases para xestión de fluxos de datos desde ficheiros ou cara a eles.

_ Operacións básicas sobre ficheiros de acceso secuencial e aleatorio.

_ Traballo con ficheiros XML: analizadores sintácticos (parser) e vinculación (binding).

_ Librarías para conversión de documentos XML a outros formatos.

_ Excepcións: detección e tratamento.

_ Proba e documentación de aplicacións.

 

BC2. Manexo de conectadores

_ Protocolos de acceso a bases de datos. Conectadores.

_ Establecemento de conexións

_ Execución de sentenzas de descrición e de modificación de datos.

_ Execución de consultas.

_ Manexo do resultado dunha consulta.

_ Execución de procedementos almacenados na base de datos.

_ Xestión de transaccións.

 

BC3. Ferramentas de mapeamento obxectorelacional (ORM)

_ Concepto de mapeamento obxectorelacional.

_ Características das ferramentas ORM.

_ Ferramentas ORM máis empregadas.

_ Instalación dunha ferramenta ORM.

_ Estrutura dun ficheiro de mapeamento: elementos e propiedades.

_ Mapeamento de coleccións, relacións e herdanza.

_ Clases persistentes.

_ Sesións. Estados dun obxecto.

_ Carga, almacenamento e modificación de obxectos.

_ Consultas SQL.

_ Linguaxes propios da ferramenta ORM.

_ Xestión de transaccións.

 

BC4. Bases de datos obxectorelacionais e orientadas a obxectos

_ Características das bases de datos obxectorelacionais.

_ Xestión de obxectos con SQL.

_ Xestores de bases de datos obxectorelacionais. Conectadores.

_ Acceso ás funcións do xestor desde a linguaxe de programación.

_ Características das bases de datos orientadas a obxectos.

_ Xestores de bases de datos orientadas a obxectos.

 

_ Tipos de datos: tipos básicos e estruturados.

_ Interface de programación de aplicacións da base de datos.

_ Linguaxe de consultas OQL: sintaxe, expresións e operadores.

_ Xestión de transaccións.

 

BC5. Bases de datos nativas XML

_ Bases de datos nativas XML: vantaxes e inconvenientes.

_ Estratexias de almacenamento.

_ Xestores comerciais e libres.

_ Instalación e configuración do xestor de bases de datos.

_ Establecemento e pechamento de conexións.

_ Coleccións e documentos.

_ Creación e borrado de coleccións: clases e métodos.

_ Engadido, modificación e eliminación de documentos: clases e métodos.

_ Identificadores únicos.

_ Indexación.

_ Realización de consultas: clases e métodos.

_ Linguaxes de consulta subministrados polo xestor de bases de datos.

_ Xestión de transaccións.

_ Tratamento de excepcións.

 

BC6. Programación de compoñentes de acceso a datos

_ Concepto de compoñente: características.

_ Propiedades e atributos.

_ Eventos: asociación de accións a eventos.

_ Persistencia do compoñente.

_ Propiedades simples e indexadas.

_ Propiedades compartidas e restrinxidas.

_ Ferramentas para desenvolvemento de compoñentes non visuais.

_ Empaquetaxe de compoñentes.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función desen volvedor de aplicacións multiplataforma.

Esta función abrangue aspectos como:

- Desenvolvemento de aplicacións que xestionen ficheiros e directorios.

- Desenvolvemento de aplicacións que accedan a bases de datos relacionais.

- Desenvolvemento de aplicacións que fagan uso de bases de datos orientadas a ob xectos.

- Desenvolvemento de aplicacións que accedan a bases de datos XML.

- Desenvolvemento de compoñentes de acceso a datos e a súa integración en aplica cións.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse no desenvolvemento de software de xestión multiplataforma.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais b), c), e), f), l), q) e r) do ciclo formativo, e as competencias profesionais, persoais e sociais b), c), e), f), l), q), r) e t).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo versarán sobre:

- Identificación das tecnoloxías de persistencia da información.

- Xestión de información almacenada en bases de datos relacionais, orientadas a ob xectos e XML.

- Uso de ferramentas de mapeamento.

- Uso de ferramentas para o desenvolvemento de compoñentes de acceso a datos.

- Integración en aplicacións dos compoñentes desenvolvidos.