Centro de formación profesional

La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
Arrow
Arrow
Arrow
Arrow
Slider

MP0487 Módulo profesional: contornos de desenvolve mento

_ Equivalencia en créditos ECTS: 6.

_ Código: MP0487.

_ Duración: 107 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Recoñece os elementos e as ferramentas que interveñen no desenvolvemento dun programa informático, e analiza as súas características e as fases en que actúan ata che gar á súa posta en funcionamento.

- CA1.1. Recoñeceuse a relación dos programas cos compoñentes do sistema informá tico: memoria, procesador, periféricos, etc.

- CA1.2. Identificáronse as fases de desenvolvemento dunha aplicación informática.

- CA1.3. Diferenciáronse os conceptos de código fonte, obxecto e executable.

- CA1.4. Recoñecéronse as características da xeración de código intermedio para a súa execución en máquinas virtuais.

- CA1.5. Clasificáronse as linguaxes de programación.

- CA1.6. Avaliouse a funcionalidade das ferramentas utilizadas en programación.

_ RA2. Avalía contornos integrados de desenvolvemento, e analiza as súas características para editar código fonte e xerar executables.

- CA2.1. Instaláronse contornos de desenvolvemento, propietarios e libres.

- CA2.2. Engadíronse e elimináronse módulos no contorno de desenvolvemento.

- CA2.3. Personalizouse e automatizouse o contorno de desenvolvemento.

- CA2.4. Configurouse o sistema de actualización do contorno de desenvolvemento.

- CA2.5. Xeráronse executables a partir de código fonte de diferentes linguaxes nun mesmo contorno de desenvolvemento.

- CA2.6. Xeráronse executables a partir dun mesmo código fonte con varios contor nos de desenvolvemento.

- CA2.7. Identificáronse as características comúns e específicas de diversos contornos de desenvolvemento.

_ RA3. Verifica o funcionamento de programas, para o que deseña e realiza probas.

- CA3.1. Identificáronse os tipos de probas.

- CA3.2. Definíronse casos de proba.

- CA3.3. Identificáronse as ferramentas de depuración e proba de aplicacións ofreci das polo contorno de desenvolvemento.

- CA3.4. Utilizáronse ferramentas de depuración para definir puntos de ruptura e se guimento.

- CA3.5. Utilizáronse as ferramentas de depuración para examinar e modificar o com portamento dun programa en tempo de execución.

- CA3.6. Efectuáronse probas unitarias de clases e funcións.

- CA3.7. Executáronse probas automáticas.

- CA3.8. Documentáronse as incidencias detectadas.

_ RA4. Optimiza código empregando as ferramentas dispoñibles no contorno de desen volvemento.

- CA4.1. Identificáronse os patróns de refactorización máis usuais.

- CA4.2. Elaboráronse as probas asociadas á refactorización.

- CA4.3. Revisouse o código fonte usando un analizador de código.

- CA4.4. Identificáronse as posibilidades de configuración dun analizador de código.

- CA4.5. Aplicáronse patróns de refactorización coas ferramentas que proporciona o contorno de desenvolvemento.

- CA4.6. Realizouse o control de versións integrado no contorno de desenvolvemento.

- CA4.7. Utilizáronse ferramentas do contorno de desenvolvemento para documentar as clases.

_ RA5. Xera diagramas de clases e valora a súa importancia no desenvolvemento de apli cacións, empregando as ferramentas dispoñibles no contorno.

- CA5.1. Identificáronse os conceptos básicos da programación orientada a obxectos.

- CA5.2. Recoñecéronse os métodos de análise e modelaxe máis empregados no ám bito do desenvolvemento de aplicacións informáticas.

- CA5.3. Identificáronse as ferramentas para a elaboración de diagramas de clases.

- CA5.4. Interpretouse o significado de diagramas de clases.

- CA5.5. Instalouse o módulo do contorno integrado de desenvolvemento que permite o uso de diagramas de clases.

- CA5.6. Trazáronse diagramas de clases a partir das especificacións destas.

- CA5.7. Xerouse código a partir dun diagrama de clases.

- CA5.8. Xerouse un diagrama de clases mediante enxeñaría inversa.

_ RA6. Xera diagramas de comportamento e valora a súa importancia no desenvolve mento de aplicacións, empregando as ferramentas dispoñibles no contorno.

- CA6.1. Identificáronse os tipos de diagramas de comportamento.

- CA6.2. Recoñeceuse o significado dos diagramas de casos de uso.

- CA6.3. Interpretáronse diagramas de interacción.

- CA6.4. Elaboráronse diagramas de interacción sinxelos.

- CA6.5. Interpretouse o significado de diagramas de actividades.

- CA6.6. Elaboráronse diagramas de actividades sinxelos.

- CA6.7. Interpretáronse diagramas de estados.

- CA6.8. Formuláronse diagramas de estados sinxelos.

 

Contidos básicos

 

BC1. Desenvolvemento de software

_ Concepto de programa informático.

_ Fases do desenvolvemento dunha aplicación: análise, deseño, codificación, probas, do cumentación, explotación e mantemento, etc.

_ Código fonte, código obxecto e código executable. Máquinas virtuais e linguaxe inter media.

_ Tipos de linguaxes de programación.

_ Características das linguaxes máis difundidas.

 

_ Proceso de obtención de código executable a partir do código fonte: ferramentas impli cadas.

 

BC2. Instalación e uso de contornos de desenvolvemento

_ Funcións dun contorno de desenvolvemento.

_ Instalación dun contorno de desenvolvemento.

_ Ferramentas e asistentes do contorno.

_ Instalación e desinstalación de módulos adicionais.

_ Personalización do contorno.

_ Mecanismos de actualización.

_ Contornos de desenvolvemento máis empregados (libres e comerciais).

_ Uso básico dun contorno de desenvolvemento: edición de programas e xeración de exe cutables.

_ Características dos contornos de desenvolvemento.

 

BC3. Deseño e realización de probas

_ Planificación de probas.

_ Tipos de probas: funcionais, estruturais, regresión, etc.

_ Procedementos e casos de proba.

_ Mecanismos e ferramentas de depuración: puntos de ruptura, inspección de variables, etc.

_ Validacións.

_ Probas de código: cubrimento, valores límite, clases de equivalencia, etc.

_ Normas de calidade.

_ Probas unitarias: ferramentas.

_ Automatización e documentación das probas.

 

BC4. Optimización e documentación

_ Refactorización: concepto, limitacións e patróns máis usuais.

_ Refactorización e probas. Ferramentas de axuda á refactorización.

_ Uso e configuración de analizadores de código.

_ Control de versións. Estrutura das ferramentas de control de versións. Repositorio. Fe rramentas de control de versións.

_ Clientes para control de versións. Integración no contorno de desenvolvemento.

_ Documentación. Uso de comentarios. Alternativas.

 

BC5. Elaboración de diagramas de clases

_ Clases: atributos, métodos e visibilidade.

_ Métodos de análise e modelaxe.

_ Obxectos: instanciación.

 

_ Relacións: herdanza, composición e agregación.

_ UML. Diagramas estruturais.

_ Notación dos diagramas de clases: interpretación.

_ Ferramentas de deseño de diagramas. Módulos integrados no contorno de desenvolve mento.

_ Creación de diagramas de clases.

_ Xeración de código desde o diagrama de clases.

_ Obtención do diagrama de clases a partir do código.

 

BC6. Elaboración de diagramas de comportamento

_ Tipos de diagramas de comportamento: campo de aplicación

_ Diagramas de casos de uso: actores, escenario e relación de comunicación.

_ Diagramas de interacción: tipos (diagramas de secuencia e de comunicación).

_ Diagramas de secuencia.

_ Diagramas de comunicación.

_ Diagramas de actividades.

_ Diagramas de estados.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de de senvolvedor de aplicacións.

Esta función abrangue aspectos como:

- Uso das ferramentas de software dispoñibles.

- Elaboración de documentación interna e técnica da aplicación.

- Elaboración e execución de probas.

- Optimización de código.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse no desenvolvemento de aplicacións.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais d), e), h), i), j) e r) do ciclo formativo, e as competencias profesionais, persoais e sociais d), f), h), i), j), r), t), v) e w).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo versarán sobre:

- Interpretación de documentación técnica.

- Instalación, configuración e personalización de diversos contornos de desenvolve mento.

- Uso de contornos de desenvolvemento para a edición e proba de aplicacións.

- Uso de ferramentas de depuración, optimización e documentación de aplicacións.

- Xeración de diagramas técnicos.

- Elaboración de documentación interna da aplicación.