MP0488 Módulo profesional: desenvolvemento de interfaces

_ Equivalencia en créditos ECTS: 9.

_ Código: MP0488.

_ Duración: 140 horas.

 

Unidade formativa 1: interfaces gráficas de usuario

_  Código: MP0488_12.

_ Duración: 90 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Xera interfaces gráficas de usuario mediante editores visuais utilizando a funcio nalidade do editor e adaptando o código xerado.

- CA1.1. Creouse unha interface gráfica utilizando os asistentes dun editor visual.

- CA1.2. Utilizáronse as funcións do editor para localizar os compoñentes da interfa ce.

- CA1.3. Modificáronse as propiedades dos compoñentes para as adecuar ás necesida des da aplicación.

- CA1.4. Analizouse o código xerado polo editor visual.

- CA1.5. Modificouse o código xerado polo editor visual.

- CA1.6. Asociáronse aos eventos as accións correspondentes.

- CA1.7. Desenvolveuse unha aplicación sinxela para comprobar a funcionalidade da interface gráfica obtida.

_ RA2. Xera interfaces gráficas de usuario baseados en XML utilizando ferramentas es pecíficas e adaptando o documento XML xerado.

- CA2.1. Recoñecéronse as vantaxes de xerar interfaces de usuario a partir da súa des crición en XML.

- CA2.2. Xerouse a descrición da interface en XML usando un editor gráfico.

- CA2.3. Analizouse o documento XML xerado.

- CA2.4. Modificouse o documento XML.

- CA2.5. Asignáronselles accións aos eventos.

- CA2.6. Xerouse o código correspondente á interface a partir do documento XML.

- CA2.7. Programouse unha aplicación sinxela para comprobar a funcionalidade da interface xerada.

_ RA3. Crea compoñentes visuais, para o que valora e emprega ferramentas específicas.

- CA3.1. Identificáronse as ferramentas para deseño e proba de compoñentes.

- CA3.2. Creáronse compoñentes visuais.

- CA3.3. Definíronse as súas propiedades e asignáronse valores por defecto.

- CA3.4. Determináronse os eventos aos que debe responder o compoñente e asociá ronselles as accións correspondentes.

- CA3.5. Realizáronse probas unitarias sobre os compoñentes desenvolvidos.

- CA3.6. Documentáronse os compoñentes creados.

 

- CA3.7. Empaquetáronse compoñentes.

- CA3.8. Programáronse aplicacións cuxa interface gráfica utilice os compoñentes creados.

_ RA4. Deseña interfaces gráficas, para o que identifica e aplica criterios de usabilidade.

- CA4.1. Creáronse menús axustados aos estándares.

- CA4.2. Creáronse menús contextuais cuxa estrutura e contido sigan os estándares establecidos.

- CA4.3. Distribuíronse as accións en menús, barras de ferramentas, botóns de co mando, etc., seguindo un criterio coherente.

- CA4.4. Distribuíronse adecuadamente os controis na interface de usuario.

- CA4.5. Utilizouse o tipo de control máis acaído en cada caso.

- CA4.6. Deseñouse o aspecto da interface de usuario (cores, fontes, etc.) atendendo á súa lexibilidade.

- CA4.7. Verificouse que as mensaxes xeradas pola aplicación sexan as adecuadas en extensión e claridade.

- CA4.8. Realizáronse probas para avaliar a usabilidade da aplicación.

_ RA5. Crea informes, para o que utiliza e avalía ferramentas gráficas.

- CA5.1. Estableceuse a estrutura do informe.

- CA5.2. Xeráronse informes básicos a partir dunha fonte de datos mediante asisten tes.

- CA5.3. Establecéronse filtros sobre os datos nos que se basean os informes.

- CA5.4. Incluíronse valores calculados, recontos e totais.

- CA5.5. Incluíronse gráficos xerados a partir dos datos.

- CA5.6. Utilizáronse ferramentas para xerar o código correspondente aos informes dunha aplicación.

- CA5.7. Modificouse o código correspondente aos informes.

- CA5.8. Desenvolveuse unha aplicación que abranga informes incrustados.

 

Contidos básicos

 

BC1. Confección de interfaces de usuario

_ Librarías de compoñentes dispoñibles para diferentes sistemas operativos e diversas linguaxes de programación: características.

_ Ferramentas propietarias e libres de edición de interfaces.

_ Compoñentes da interface visual: características e campo de aplicación. Localización e aliñamento.

_ Ligazón de compoñentes a orixes de datos.

_ Asociación de accións a eventos.

_ Diálogos modais e non modais.

_ Edición do código xerado pola ferramenta de deseño.

_ Clases, propiedades e métodos.

_ Eventos: escoitadores.

 

BC2. Xeración de interfaces gráficas de usuario empregando a linguaxe XML

_ Linguaxes de descrición de interfaces baseadas en XML: ámbito de aplicación.

_ Elementos, etiquetas, atributos e valores.

_ Ferramentas libres e propietarias para a creación de interfaces de usuario multiplata forma.

_ Controis: propiedades.

_ Eventos: controladores.

_ Edición e depuración do documento XML.

_ Xeración de código para diferentes plataformas.

 

BC3. Creación de compoñentes visuais

_ Concepto e características dos compoñentes.

_ Propiedades e atributos.

_ Eventos: asociación de accións a eventos.

_ Persistencia do compoñente.

_ Ferramentas para desenvolvemento de compoñentes visuais.

_ Empaquetaxe de compoñentes.

 

BC4. Usabilidade

_ Usabilidade: características e atributos.

_ Normas relacionadas coa usabilidade.

_ Medida de usabilidade de aplicacións: tipos de métricas.

_ Pautas de deseño da estrutura da interface de usuario: menús, ventás, cadros de diálogo, atallos de teclado, etc.

_ Pautas de deseño do aspecto da interface de usuario: cores, fontes, iconas, distribución dos elementos, etc.

_ Pautas de deseño dos elementos interactivos da interface de usuario: botóns de coman do, listas despregables, etc.

_ Pautas de deseño da secuencia de control da aplicación.

_ Probas de usabilidade.

 

BC5. Confección de informes

_ Informes incrustados e non incrustados na aplicación.

_ Ferramentas gráficas integradas no IDE e externas a el.

_ Estrutura xeral: seccións. Uso de agrupamentos.

_ Filtraxe de datos.

_ Numeración de liñas, recontos e totais. Valores calculados.

_ Librarías para xeración de informes: clases, métodos e atributos.

_ Informes con parámetros.

 

_ Conexión coas fontes de datos e execución de consultas.

 

Unidade formativa 2: despregamento de aplicacións

_  Código: MP0488_22.

_ Duración: 50 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Documenta aplicacións, para o que selecciona e utiliza ferramentas específicas.

- CA1.1. Identificáronse sistemas de xeración de axudas.

- CA1.2. Xeráronse axudas nos formatos habituais.

- CA1.3. Xeráronse axudas sensibles ao contexto.

- CA1.4. Documentouse a estrutura da información persistente.

- CA1.5. Confeccionouse o manual de usuario e a guía de referencia.

- CA1.6. Confeccionáronse os manuais de instalación, configuración e administra ción.

- CA1.7. Confeccionáronse titoriais.

_ RA2. Prepara aplicacións para a súa distribución, para o que utiliza e avalía ferramentas específicas.

- CA2.1. Empaquetáronse os compoñentes que require a aplicación.

- CA2.2. Personalizouse o asistente de instalación.

- CA2.3. Empaquetouse a aplicación para ser instalada de xeito típico, completo ou personalizado.

- CA2.4. Xeráronse paquetes de instalación utilizando o contorno de desenvolvemen to.

- CA2.5. Xeráronse paquetes de instalación utilizando ferramentas externas.

- CA2.6. Xeráronse paquetes instalables en modo desatendido.

- CA2.7. Preparouse o paquete de instalación para que a aplicación se poida instalar correctamente.

- CA2.8. Preparouse a aplicación para a descargar desde un servidor web e executala.

_ RA3. Avalía o funcionamento de aplicacións, para o que deseña e executa probas.

- CA3.1. Estableceuse unha estratexia de probas.

- CA3.2. Realizáronse probas de integración dos elementos.

- CA3.3. Realizáronse probas de regresión.

- CA3.4. Realizáronse probas de volume e estrés.

- CA3.5. Realizáronse probas de seguridade.

- CA3.6. Realizáronse probas de uso de recursos por parte da aplicación.

- CA3.7. Documentouse a estratexia de probas e os resultados obtidos.

 

Contidos básicos

 

BC1. Documentación de aplicacións

_ Ficheiros de axuda: formatos.

_ Ferramentas de xeración de axudas. Axudas xenéricas e sensibles ao contexto.

 

_ Táboas de contidos, índices, sistemas de procura, etc.

_ Integración da axuda na aplicación.

_ Tipos de manuais: manual de usuario, guía de referencia, guías rápidas, e manuais de instalación, configuración e administración. Destinatarios e estrutura.

_ Elaboración de titoriais.

 

BC2. Distribución de aplicacións

_ Compoñentes dunha aplicación. Empaquetaxe.

_ Instaladores.

_ Paquetes autoinstalables.

_ Ferramentas para crear paquetes de instalación.

_ Parámetros da instalación.

_ Personalización da instalación: logotipos, fondos, diálogos, botóns, idioma, etc.

_ Asistentes de instalación e desinstalación.

_ Tecnoloxías para a automatización da descarga e execución de aplicacións desde servi dores web de aplicacións.

 

BC3. Realización de probas

_ Obxectivo, importancia e limitacións do proceso de proba. Estratexias.

_ Probas de integración: ascendentes e descendentes.

_ Probas de sistema: configuración, recuperación, etc.

_ Probas de regresión.

_ Probas de uso de recursos.

_ Probas de seguridade.

_ Probas manuais e automáticas. Ferramentas de software para a realización de probas.

_ Probas de aceptación. Versións alfa e beta.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de de senvolvedor de aplicacións multiplataforma.

Esta función abrangue aspectos como:

- Desenvolvemento de interfaces de usuario.

- Creación de informes.

- Preparación de aplicacións para a súa distribución.

- Elaboración dos elementos de axuda.

- Avaliación do funcionamento de aplicacións.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse no desenvolvemento de software de xestión multiplataforma.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais e), f), g), h), k), l), m), r), s) e w) do ciclo formativo, e as competencias profesionais, persoais e sociais d), e), f), g), h), k), l), m), r), s), t) e w).

 

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo están relacionados con:

- Uso de ferramentas de deseño de interfaces de usuario.

- Uso de ferramentas para o deseño de compoñentes visuais.

- Uso de ferramentas de deseño e xeración de informes.

- Aplicación de criterios de usabilidade.

- Deseño e execución de probas.

- Instalación de aplicacións.

- Uso de ferramentas de xeración de axudas, guías, titoriais e manuais.