Centro de formación profesional

La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
Arrow
Arrow
Arrow
Arrow
Slider

MP0491 Módulo profesional: sistemas de xestión empresarial

_ Equivalencia en créditos ECTS: 6.

_ Código: MP0491.

_ Duración: 87 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Identifica sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de rela cións con clientes (ERPCRM), recoñece as súas características e verifica a configura ción do sistema informático.

- CA1.1. Recoñecéronse os sistemas ERPCRM máis empregados na actualidade.

- CA1.2. Comparáronse sistemas ERPCRM en función das súas características e dos seus requisitos.

- CA1.3. Identificouse o sistema operativo acaído para cada sistema ERPCRM.

- CA1.4. Identificáronse a linguaxe de desenvolvemento e o sistema xestor de datos empregado por cada sistema ERPCRM.

- CA1.5. Verificáronse as configuracións do sistema operativo e do xestor de datos para garantir a funcionalidade do ERPCRM.

- CA1.6. Documentáronse as operacións realizadas.

- CA1.7. Documentáronse as incidencias producidas durante o proceso.

_ RA2. Implanta sistemas ERPCRM, para o que interpreta a documentación técnica e identifica as opcións e os módulos.

- CA2.1. Identificáronse os tipos de licenza.

- CA2.2. Identificáronse os módulos que compoñen o ERPCRM.

- CA2.3. Realizáronse instalacións monoposto.

- CA2.4. Realizáronse instalacións cliente/servidor.

- CA2.5. Configuráronse os módulos instalados.

- CA2.6. Realizáronse instalacións adaptadas ás necesidades formuladas en diferentes supostos.

- CA2.7. Verificouse o funcionamento do ERPCRM.

- CA2.8. Documentáronse as operacións realizadas e as incidencias.

_ RA3. Realiza operacións de xestión e consulta da información seguindo as especifica cións de deseño e utilizando as ferramentas proporcionadas polos sistemas ERPCRM.

- CA3.1. Utilizáronse ferramentas e linguaxes de consulta e manipulación de datos proporcionados polos sistemas ERPCRM.

- CA3.2. Xeráronse formularios.

- CA3.3. Xeráronse informes.

- CA3.4. Exportáronse datos e informes.

- CA3.5. Automatizáronse as extraccións de datos mediante procesos.

- CA3.6. Documentáronse as operacións realizadas e as incidencias observadas.

_ RA4. Adapta sistemas ERPCRM, para o que identifica os requisitos dun suposto em presarial e utiliza as ferramentas proporcionadas por eles.

- CA4.1. Identificáronse as posibilidades de adaptación do ERPCRM.

- CA4.2. Adaptáronse definicións de campos, táboas e vistas da base de datos do ERPCRM.

- CA4.3. Adaptáronse consultas.

- CA4.4. Adaptáronse interfaces de entrada de datos e de procesos.

- CA4.5. Personalizáronse informes.

- CA4.6. Adaptáronse procedementos almacenados de servidor.

- CA4.7. Realizáronse probas das adaptacións realizadas no ERPCRM.

- CA4.8. Documentáronse as operacións realizadas e as incidencias observadas.

_ RA5. Desenvolve compoñentes para un sistema ERPCRM, para o que analiza e utiliza a linguaxe de programación incorporada.

- CA5.1. Recoñecéronse as sentenzas da linguaxe propia do sistema ERPCRM.

- CA5.2. Utilizáronse os elementos de programación da linguaxe para crear compo ñentes de manipulación de datos.

- CA5.3. Modificáronse compoñentes de software para lle engadir funcionalidade no va ao sistema.

- CA5.4. Integráronse os novos compoñentes de software no sistema ERPCRM.

- CA5.5. Verificouse o correcto funcionamento dos compoñentes creados.

- CA5.6. Documentáronse todos os compoñentes creados ou modificados.

 

Contidos básicos

 

BC1. Identificación de sistemas ERPCRM

_ Introdución e evolución da informática de xestión empresarial.

_ Concepto de sistema de planificación de recursos empresariais (ERP).

_ Características, requisitos, vantaxes e inconvenientes dos ERP actuais.

_ Concepto de sistema de xestión de relacións con clientes (CRM).

_ Características, requisitos, vantaxes e inconvenientes dos CRM actuais.

_ Arquitectura dos sistemas ERPCRM.

_ Sistemas operativos libres e propietarios compatibles co software.

_ Sistemas xestores de bases de datos e linguaxes de desenvolvemento compatibles co software.

_ Configuración da plataforma.

_ Verificación da instalación, e configuración dos sistemas operativos e de xestión de da tos.

 

BC2. Instalación e configuración de sistemas ERPCRM

_ Tipos de licenza.

_ Tipos de instalación: monoposto e cliente/servidor.

_ Módulos dun sistema ERPCRM: descrición, tipoloxía e conexión entre módulos.

_ Procesos de instalación do sistema ERPCRM.

_ Parámetros de configuración do sistema ERPCRM: descrición, tipoloxía e uso. 

_ Actualización do sistema ERPCRM.

_ Servizos de acceso ao sistema ERPCRM: características e parámetros de configura ción, e instalación.

_ Contornos de desenvolvemento, probas e explotación.

_ Manexo de documentación técnica nos idiomas máis empregados pola industria.

 

BC3. Organización e consulta da información

_ Definición de campos.

_ Consultas de acceso a datos.

_ Interfaces de entrada de datos e de procesos. Formularios.

_ Informes e listaxes da aplicación.

_ Cálculos de pedidos, albarás, facturas, asentos predefinidos, rastrexabilidade, produ ción, etc.

_ Gráficos.

_ Procesos de extracción de datos en sistemas de ERPCRM e almacéns de datos.

_ Ferramentas de monitorización e de avaliación do rendemento.

_ Incidencias: identificación e resolución.

 

BC4. Adaptación de sistemas ERPCRM para a súa implantación nunha empresa

_ Tipos de empresa. Necesidades da empresa.

_ Selección dos módulos do sistema ERPCRM.

_ Adaptación de táboas e vistas.

_ Consultas necesarias para obter información.

_ Creación de formularios, informes e gráficos personalizados.

_ Adaptación de procedementos almacenados.

_ Probas das adaptacións do ERPCRM.

 

BC5. Desenvolvemento de compoñentes

_ Técnicas e estándares das linguaxes propias dos sistemas ERPCRM.

_ Linguaxe proporcionada polos sistemas ERPCRM.

_ Contornos e ferramentas de desenvolvemento en sistemas ERPCRM.

_ Inserción, modificación e eliminación de datos nos obxectos.

_ Operacións de consulta. Ferramentas.

_ Modificación, creación e eliminación de formularios e informes en sistemas ERP CRM.

_ Chamadas a funcións. Librarías de funcións (API).

_ Verificación do correcto funcionamento dos compoñentes creados.

_ Manexo de erros.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de im plantación e adaptación de sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes

Esta función abrangue aspectos como:

- Instalación, configuración e explotación de sistemas ERPCRM.

- Supervisión na implantación de sistemas ERPCRM.

- Mantemento e consulta da información de sistemas ERPCRM.

- Adaptación de ERPCRM ás necesidades da empresa.

- Desenvolvemento de novos compoñentes para ERPCRM.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse na área de sistemas e de senvolvemento de software no contorno empresarial.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), e), f), l), o), p), q) e w) do ciclo formativo, e as competencias profesionais, persoais e sociais a), b), c), e), f), l), o), p), q), s), t) e u).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo están relacionadas con:

- Identificación do hardware necesario.

- Análise dos cambios e das novidades que se producen nos sistemas de xestión em presarial.

- Interpretación de documentación técnica.

- Instalación e actualización de sistemas ERPCRM.

- Selección e instalación de módulos en función das necesidades presentadas.

- Adaptación de sistemas ERPCRM ás necesidades dun suposto formulado.

- Verificación da seguridade de acceso.

- Elaboración de documentación técnica.

- Desenvolvemento de novos compoñentes.