MP0494 Módulo profesional: empresa e iniciativa emprendedora

_ Equivalencia en créditos ECTS: 4.

_ Código: MP0494.

_ Duración: 53 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Desenvolve o seu espírito emprendedor identificando as capacidades asociadas a el e definindo ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación e a creatividade.

- CA1.1. Identificouse o concepto de innovación e a súa relación co progreso da so ciedade e o aumento no benestar dos individuos.

- CA1.2. Analizouse o concepto de cultura emprendedora e a súa importancia como dinamizador do mercado laboral e fonte de benestar social.

- CA1.3. Valorouse a importancia da iniciativa individual, a creatividade, a forma ción, a responsabilidade e a colaboración como requisitos indispensables para ter éx-ito na actividade emprendedora.

- CA1.4. Analizáronse as características das actividades emprendedoras no sector in formático e das comunicacións

- CA1.5. Valorouse o concepto de risco como elemento inevitable de toda actividade emprendedora.

- CA1.6. Valoráronse ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación, pola crea tividade e pola súa factibilidade.

- CA1.7. Decidiuse a partir das ideas emprendedoras unha determinada idea de nego cio do ámbito do desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, que ha servir de punto de partida para a elaboración do proxecto empresarial.

- CA1.8. Analizouse a estrutura dun proxecto empresarial e valorouse a súa importan cia como paso previo á creación dunha pequena empresa.

_ RA2. Decide a oportunidade de creación dunha pequena empresa para o desenvolve mento da idea emprendedora, tras a análise da relación entre a empresa e o contorno, do proceso produtivo, da organización dos recursos humanos e dos valores culturais e éti cos.

- CA2.1. Valorouse a importancia das pequenas e medianas empresas no tecido em presarial galego.

- CA2.2. Analizouse o impacto ambiental da actividade empresarial e a necesidade de introducir criterios de sustentabilidade nos principios de actuación das empresas.

- CA2.3. Identificáronse os principais compoñentes do contorno xeral que rodea a empresa e, en especial, nos aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, de mográfico e cultural.

- CA2.4. Apreciouse a influencia na actividade empresarial das relacións coa cliente la, con provedores, coas administracións públicas, coas entidades financeiras e coa competencia como principais integrantes do contorno específico.

- CA2.5. Determináronse os elementos do contorno xeral e específico dunha pequena ou mediana empresa de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma en función da súa posible localización.

- CA2.6. Analizouse o fenómeno da responsabilidade social das empresas e a súa im portancia como un elemento da estratexia empresarial.

- CA2.7. Valorouse a importancia do balance social dunha empresa relacionada co desenvolvemento de aplicacións multiplataforma e describíronse os principais custos sociais en que incorren estas empresas, así como os beneficios sociais que producen.

- CA2.8. Identificáronse, en empresas de desenvolvemento de aplicacións multiplata forma, prácticas que incorporen valores éticos e sociais.

- CA2.9. Definíronse os obxectivos empresariais incorporando valores éticos e so ciais.

- CA2.10. Analizáronse os conceptos de cultura empresarial, e de comunicación e imaxe corporativas, así como a súa relación cos obxectivos empresariais.

- CA2.11. Describíronse as actividades e os procesos básicos que se realizan nunha empresa de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, e delimitáronse as re lacións de coordinación e dependencia dentro do sistema empresarial.

- CA2.12. Elaborouse un plan de empresa que inclúa a idea de negocio, a localiza ción, a organización do proceso produtivo e dos recursos necesarios, a responsabili dade social e o plan de márketing.

_ RA3. Selecciona a forma xurídica tendo en conta as implicacións legais asociadas e o proceso para a súa constitución e posta en marcha.

- CA3.1. Analizouse o concepto de persoa empresaria, así como os requisitos que cómpren para desenvolver a actividade empresarial.

- CA3.2. Analizáronse as formas xurídicas da empresa e determinándose as  vantaxes e as desvantaxes de cada unha en relación coa súa idea de negocio.

- CA3.3. Valorouse a importancia das empresas de economía social no sector infor mático e das comunicacións.

- CA3.4. Especificouse o grao de responsabilidade legal das persoas propietarias da empresa en función da forma xurídica elixida.

- CA3.5. Diferenciouse o tratamento fiscal establecido para cada forma xurídica de empresa.

- CA3.6. Identificáronse os trámites esixidos pola lexislación para a constitución du nha pequena ou mediana empresa en función da súa forma xurídica.

- CA3.7. Identificáronse as vías de asesoramento e xestión administrativa externas á hora de pór en marcha unha pequena ou mediana empresa.

- CA3.8. Analizáronse as axudas e subvencións para a creación e posta en marcha de empresas de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma tendo en conta a súa localización.

- CA3.9. Incluíuse no plan de empresa información relativa á elección da forma xurí dica, os trámites administrativos, as axudas e as subvencións.

_ RA4. Realiza actividades de xestión administrativa e financeira básica dunha pequena ou mediana empresa, identifica as principais obrigas contables e fiscais, e formaliza a documentación.

- CA4.1. Analizáronse os conceptos básicos de contabilidade, así como as técnicas de rexistro da información contable: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.

- CA4.2. Describíronse as técnicas básicas de análise da información contable, en es pecial no referente ao equilibrio da estrutura financeira e á solvencia, á liquidez e á rendibilidade da empresa. 

- CA4.3. Definíronse as obrigas fiscais (declaración censual, IAE, liquidacións tri mestrais, resumes anuais, etc.) dunha pequena e dunha mediana empresa relacionada co desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, e diferenciáronse os tipos de impostos no calendario fiscal (liquidacións trimestrais e liquidacións anuais).

- CA4.4. Formalizouse con corrección, mediante procesos informáticos, a documenta ción básica de carácter comercial e contable (notas de pedido, albarás, facturas, reci bos, cheques, obrigas de pagamento e letras de cambio) para unha pequena e unha mediana empresa de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, e describí ronse os circuítos que recorre esa documentación na empresa.

- CA4.5. Elaborouse o plan financeiro e analizouse a viabilidade económica e finan ceira do proxecto empresarial.

 

Contidos básicos

 

BC1. Iniciativa emprendedora

_ Innovación e desenvolvemento económico. Principais características da innovación na actividade de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (materiais, tecnoloxía, organización da produción, etc.).

_ A cultura emprendedora na Unión Europea, en España e en Galicia.

_ Factores clave das persoas emprendedoras: iniciativa, creatividade, formación, respon sabilidade e colaboración.

_ A actuación das persoas emprendedoras no sector informático e das comunicacións.

_ O risco como factor inherente á actividade emprendedora.

_ Valoración do traballo por conta propia como fonte de realización persoal e social.

_ Ideas emprendedoras: fontes de ideas, maduración e avaliación destas.

_ Proxecto empresarial: importancia e utilidade, estrutura e aplicación no ámbito do de senvolvemento de aplicacións multiplataforma.

 

BC2. A empresa e o seu contorno

_ A empresa como sistema: concepto, funcións e clasificacións.

_ Análise do contorno xeral dunha pequena ou mediana empresa de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma: aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, de mográfico e cultural.

_ Análise do contorno específico dunha pequena ou mediana empresa de desenvolvemen to de aplicacións multiplataforma: clientes, provedores, administracións públicas, enti dades financeiras e competencia.

_ Localización da empresa.

_ A persoa empresaria. Requisitos para o exercicio da actividade empresarial.

_ Responsabilidade social da empresa e compromiso co desenvolvemento sustentable.

_ Cultura empresarial, e comunicación e imaxe corporativas.

_ Actividades e procesos básicos na empresa. Organización dos recursos dispoñibles. Ex ternalización de actividades da empresa.

_ Descrición dos elementos e estratexias do plan de produción e do plan de márketing.

 

BC3. Creación e posta en marcha dunha empresa

_ Formas xurídicas das empresas.

_ Responsabilidade legal do empresariado.

_ A fiscalidade da empresa como variable para a elección da forma xurídica.

_ Proceso administrativo de constitución e posta en marcha dunha empresa.

_ Vías de asesoramento para a elaboración dun proxecto empresarial e para a posta en marcha da empresa.

_ Axudas e subvencións para a creación dunha empresa de desenvolvemento de aplica cións multiplataforma.

_ Plan de empresa: elección da forma xurídica, trámites administrativos, e xestión de ax-udas e subvencións.

 

BC4. Función administrativa

_ Análise das necesidades de investimento e das fontes de financiamento dunha pequena e dunha mediana empresa no sector informático e das comunicacións

_ Concepto e nocións básicas de contabilidade: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.

_ Análise da información contable: equilibrio da estrutura financeira e ratios financeiras de solvencia, liquidez e rendibilidade da empresa.

_ Plan financeiro: estudo da viabilidade económica e financeira.

_ Obrigas fiscais dunha pequena e dunha mediana empresa.

_ Ciclo de xestión administrativa nunha empresa de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma: documentos administrativos e documentos de pagamento.

_ Coidado na elaboración da documentación administrativofinanceira.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desenvolver a propia iniciativa no ámbito empresarial, tanto cara ao autoemprego como cara á asunción de responsabili dades e funcións no emprego por conta allea.

A formación do módulo permite alcanzar os obxectivos xerais s) e t) do ciclo formati vo, e as competencias r) e s).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo versarán sobre:

- Manexo das fontes de información sobre o sector das empresas de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, incluíndo a análise dos procesos de innovación sec torial en marcha.

- Realización de casos e dinámicas de grupo que permitan comprender e valorar as ac titudes das persoas emprendedoras e axustar a súa necesidade ao sector  informático e das comunicacións.

- Utilización de programas de xestión administrativa e financeira para pequenas e me dianas empresas do sector.

- Realización dun proxecto empresarial relacionado coa actividade de desenvolve mento de aplicacións multiplataforma composto por un plan de empresa e un plan financeiro e que inclúa todas as facetas de posta en marcha dun negocio.

 

O plan de empresa incluirá os seguintes aspectos: maduración da idea de negocio, locali zación, organización da produción e dos recursos, xustificación da súa responsabilidade social, plan de márketing, elección da forma xurídica, trámites administrativos, e axudas e subvencións.

O plan financeiro incluirá o plan de tesouraría, a conta de resultados provisional e o ba lance previsional, así como a análise da súa viabilidade económica e financeira.

É aconsellable que o proxecto empresarial se vaia realizando conforme se desenvolvan os contidos relacionados nos resultados de aprendizaxe.

O correcto desenvolvemento deste módulo esixe a disposición de medios informáticos con conexión a internet e que polo menos dúas sesións de traballo sexan consecutivas.