Centro de formación profesional

La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
Arrow
Arrow
Arrow
Arrow
Slider

MP0495 Módulo profesional: formación en centros de traballo

_ Equivalencia en créditos ECTS: 22.

_ Código: MP0495.

_ Duración: 384 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de evaluacion

_ RA1. Identifica a estrutura e a organización da empresa en relación co desenvolvemen to e a comercialización dos produtos que obtén.

- CA1.1. Identificouse a estrutura organizativa da empresa e as funcións de cada área.

- CA1.2. Recoñecéronse as relacións organizativas e funcionais do departamento de control de calidade cos demais departamentos da empresa.

- CA1.3. Identificáronse os elementos que constitúen a rede loxística da empresa: provedores, clientes, sistemas de produción, almacenamento, etc.

- CA1.4. Identificáronse os procedementos de traballo no desenvolvemento do proce so produtivo.

- CA1.5. Relacionáronse as competencias profesionais, persoais e sociais dos recursos humanos co desenvolvemento da actividade produtiva.

- CA1.6. Relacionáronse características do mercado, tipos de clientes e provedores, e a súa posible influencia no desenvolvemento da actividade empresarial.

- CA1.7. Identificáronse as canles de comercialización máis frecuentes nesta activida de.

- CA1.8. Valoráronse as vantaxes e os inconvenientes da estrutura da empresa fronte a outro tipo de organizacións empresariais.

_ RA2. Exerce a actividade profesional aplicando hábitos éticos e laborais acordes coas características do posto de traballo e os procedementos establecidos na empresa.

- CA2.1. Recoñecéronse e xustificáronse:

- Disposición persoal e temporal que necesita o posto de traballo.

- Actitudes persoais (puntualidade, empatía, etc.) e profesionais (orde, seguridade e hixiene no posto de traballo, responsabilidade, etc.).

- Requisitos actitudinais ante a prevención de riscos na actividade profesional e as medidas de protección persoal.

- Requisitos actitudinais referidos á calidade na actividade profesional.

- Dinámica relacional con respecto ao equipo de traballo e á estrutura xerárquica establecida na empresa.

- Actitudes relacionadas coa documentación das actividades realizadas no ámbito laboral.

- Necesidades formativas específicas para a inserción e a reinserción laboral.

- CA2.2. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais que cumpra apli car na actividade profesional e os aspectos fundamentais da lei de prevención de ris cos laborais.

- CA2.3. Utilizáronse equipamentos de protección individual adecuados aos riscos da actividade profesional e ás normas da empresa. 

- CA2.4. Mantívose unha actitude clara de respecto polo medio nas actividades de senvolvidas, e aplicáronse as normas internas e externas ao respecto.

- CA2.5. Mantivéronse organizados, limpos e libres de obstáculos o posto de  traballo e a área correspondente ao desenvolvemento da actividade.

- CA2.6. Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas, e responsabilizouse do traballo asignado.

- CA2.7. Estableceuse unha comunicación e unha relación eficaces coa persoa respon sable en cada situación e cos membros do equipo, e mantívose un trato fluído e co rrecto.

- CA2.8. Valorouse a importancia da actividade propia e a adaptación aos cambios de tarefas asignadas no desenvolvemento dos procesos produtivos da empresa, inte grándose nas novas funcións.

- CA2.9. Comprometeuse responsablemente na aplicación das normas e os procede mentos no desenvolvemento de calquera actividade ou tarefa.

_ RA3. Organiza os traballos que cumpra desenvolver e identifica as tarefas asignadas a partir da planificación de proxectos, interpretando documentación específica.

- CA3.1. Interpretouse a normativa e a bibliografía adecuadas para o tipo de tarefa que cumpra desenvolver.

- CA3.2. Recoñeceuse en que fases do proceso ou do proxecto se encadran as tarefas que se vaian realizar.

- CA3.3. Planificouse o traballo para cada tarefa, establecendo as fases por orde de prioridade.

- CA3.4. Identificáronse os equipamentos e os servizos auxiliares necesarios para o desenvolvemento da tarefa encomendada.

- CA3.5. Organizouse o aprovisionamento e o almacenamento dos recursos materiais.

- CA3.6. Valorouse a orde e o método na realización das tarefas.

- CA3.7. Identificouse a normativa á que cumpra aterse segundo cada tarefa.

_ RA4. Xestiona e utiliza sistemas informáticos e contornos de desenvolvemento, e ava lía os seus requisitos e as súas características en función do propósito de uso.

- CA4.1. Traballouse sobre diferentes sistemas informáticos e identificouse en cada caso o seu hardware, os sistemas operativos, as aplicacións instaladas e as restricións ou condicións específicas de uso.

- CA4.2. Xestionouse a información en diversos sistemas, aplicando medidas que aseguren a integridade e a dispoñibilidade dos datos.

- CA4.3. Participouse na xestión de recursos en rede identificando as restricións de seguridade existentes.

- CA4.4. Utilizáronse aplicacións informáticas para elaborar, distribuír e manter do cumentación técnica e de asistencia a usuarios.

- CA4.5. Utilizáronse contornos de desenvolvemento para editar, depurar, probar e documentar código, ademais de xerar executables.

- CA4.6. Xestionáronse contornos de desenvolvemento engadindo e empregando complementos específicos nas fases de proxectos de desenvolvemento.

_ RA5. Participa no desenvolvemento de aplicacións con acceso a datos, planificando a estrutura da base de datos e avaliando o alcance e a repercusión das transaccións.

- CA5.1. Interpretouse o deseño lóxico de bases de datos que aseguran a accesibilida de aos datos.

- CA5.2. Participouse na materialización do deseño lóxico sobre algún sistema xestor de bases de datos.

- CA5.3. Utilizáronse bases de datos aplicando técnicas para manter a persistencia da información.

- CA5.4. Executáronse consultas directas e procedementos capaces de xestionar e al macenar obxectos e datos da base de datos.

- CA5.5. Establecéronse conexións con bases de datos para executar consultas e recu perar os resultados en obxectos de acceso a datos.

- CA5.6. Desenvolvéronse formularios e informes como parte de aplicacións que xes tionan de forma integral a información almacenada nunha base de datos.

- CA5.7. Comprobouse a configuración dos servizos de rede para garantir a execución segura das aplicacións clienteservidor.

- CA5.8. Elaborouse a documentación asociada á xestión das bases de datos emprega das e as aplicacións desenvolvidas.

_ RA6. Intervén no desenvolvemento de xogos, aplicacións multimedia e aplicacións pa ra dispositivos móbiles empregando as ferramentas e as linguaxes específicas, e cum prindo o guión e as especificacións establecidas.

- CA6.1. Manipulouse material multimedia en múltiples formatos, analizando e utili zando librarías específicas para a conversión entre formatos e para a integración de contidos multimedia nunha aplicación.

- CA6.2. Participouse na preparación e na integración de materiais multimedia nunha aplicación, seguindo as instrucións do equipo de deseño.

- CA6.3. Utilizáronse e xestionáronse contornos de desenvolvemento específicos para aplicacións destinadas a dispositivos móbiles, así como contornos e motores para o desenvolvemento de xogos.

- CA6.4. Colaborouse no desenvolvemento de aplicacións interactivas para dispositi vos móbiles, baseadas no manexo de eventos e na integración de elementos interac tivos e animacións.

- CA6.5. Verificouse a usabilidade das aplicacións desenvolvidas, colaborando nos cambios e nas medidas necesarias para cumprir os niveis esixidos.

- CA6.6. Participouse no desenvolvemento de xogos e aplicacións no ámbito do entre temento empregando distintas técnicas, motores e contornos de desenvolvemento.

_ RA7. Colabora no desenvolvemento e na proba de aplicacións multiplataforma, desde a interface ata a programación de procesos e servizos, incluíndo a súa empaquetaxe e a súa distribución, así como todas as axudas e documentacións asociadas.

- CA7.1. Participouse no desenvolvemento da interface para aplicacións multiplata forma empregando compoñentes visuais estándar ou definindo compoñentes perso nalizados.

- CA7.2. Creáronse axudas xerais e axudas sensibles ao contexto para as aplicacións desenvolvidas, empregando ferramentas específicas.

- CA7.3. Creáronse titoriais, e manuais de usuario, de instalación e de configuración das aplicacións desenvolvidas.

- CA7.4. Empaquetáronse aplicacións para a súa distribución preparando paquetes au toinstalables coa aplicación e todos os seus elementos de axuda e asistencia incorpo rados.

- CA7.5. Aplicáronse técnicas de programación multifío e mecanismos de comunica ción habitualmente empregados para desenvolver aplicacións en rede, e valorouse a súa repercusión.

- CA7.6. Participouse na definición e na elaboración da documentación e do resto de compoñentes empregados nos protocolos de asistencia ao usuario da aplicación.

_ RA8. Participa no proceso de implantación e adaptación de sistemas de xestión de re cursos e de planificación empresarial (ERPCRM), analizando as súas características e valorando os cambios realizados.

- CA8.1. Recoñeceuse a funcionalidade dos sistemas ERPCRM nun suposto empre sarial real, avaliando a utilidade de cada un dos seus módulos.

- CA8.2. Participouse na instalación e na configuración de sistemas ERPCRM.

- CA8.3. Valorouse e analizouse o proceso de adaptación dun sistema ERPCRM aos requisitos dun suposto empresarial real.

- CA8.4. Interveuse na xestión da información almacenada en sistemas ERPCRM ga rantindo a súa integridade.

- CA8.5. Colaborouse no desenvolvemento de compoñentes personalizados para un sistema ERPCRM, utilizando a linguaxe de programación proporcionada polo sis tema.

Este módulo profesional contribúe a completar as competencias propias deste título que se alcanzaran no centro educativo ou a desenvolver competencias características de difícil consecución nel.