Centro de formación profesional

La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
Arrow
Arrow
Arrow
Arrow
Slider

MP0156 Módulo profesional: inglés

_ Código: MP0156.

_ Duración: 160 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Recoñece información profesional e cotiá contida en discursos orais emitidos en lingua estándar, e analiza o contido global da mensaxe en relación cos recursos lingüís ticos correspondentes.

- CA1.1. Situouse a mensaxe no seu contexto.

- CA1.2. Identificouse a idea principal da mensaxe.

- CA1.3. Recoñeceuse a finalidade da mensaxe directa, telefónica ou por outro medio oral.

- CA1.4. Extraeuse información específica en mensaxes relacionadas con aspectos da vida profesional e cotiá.

- CA1.5. Estableceuse a secuencia dos elementos constituíntes da mensaxe.

- CA1.6. Identificáronse as ideas principais dun discurso sobre un tema coñecido, transmitido por un medio de comunicación, emitido en lingua estándar e articulado con claridade.

- CA1.7. Recoñecéronse as instrucións orais e seguíronse as indicacións.

- CA1.8. Tomouse conciencia da importancia de comprender globalmente unha men saxe, mesmo sen entender todos os seus elementos.

_ RA2. Interpreta información profesional contida en textos escritos, ao analizar com prensivamente os seus contidos.

- CA2.1. Seleccionáronse os materiais de consulta e dicionarios.

- CA2.2. Léronse comprensivamente textos sinxelos.

- CA2.3. Interpretouse o contido global da mensaxe.

- CA2.4. Relacionouse o texto co ámbito da área profesional a que se refira.

- CA2.5. Identificouse a terminoloxía utilizada.

- CA2.6. Realizáronse traducións de textos sinxelos utilizando material de apoio, en caso necesario.

- CA2.7. Interpretouse a mensaxe recibida a través de soportes telemáticos: correo electrónico, fax, etc.

_ RA3. Emite mensaxes orais claras e ben estruturadas, e participa como axente activo en conversas profesionais.

- CA3.1. Identificáronse os rexistros utilizados para a emisión da mensaxe.

- CA3.2. Comunicouse utilizando fórmulas, nexos e estratexias de interacción.

- CA3.3. Utilizáronse normas de protocolo en presentacións.

- CA3.4. Describíronse feitos breves e imprevistos relacionados coa profesión.

- CA3.5. Utilizouse correctamente a terminoloxía da profesión. 

- CA3.6. Expresáronse sentimentos, ideas ou opinións.

- CA3.7. Enumeráronse as actividades da tarefa profesional.

- CA3.8. Describiuse e estableceuse a secuencia dun proceso de traballo da compe tencia propia.

- CA3.9. Xustificouse a aceptación ou o rexeitamento de propostas realizadas.

- CA3.10. Argumentouse a elección dunha determinada opción ou dun procedemento de traballo.

- CA3.11. Solicitouse a reformulación do discurso ou de parte del cando se considera ra necesario.

_ RA4. Elabora textos sinxelos e relaciona as regras gramaticais coa súa finalidade.

- CA4.1. Redactáronse textos breves relacionados con aspectos cotiáns e profesionais.

- CA4.2. Organizouse a información coherentemente e con cohesión.

- CA4.3. Realizáronse resumos de textos relacionados co propio contorno profesional.

- CA4.4. Formalizouse documentación específica do campo profesional propio.

- CA4.5. Aplicáronse as fórmulas establecidas e o vocabulario específico na formali zación de documentos.

- CA4.6. Resumíronse as ideas principais de informacións dadas, utilizando os seus propios recursos lingüísticos.

- CA4.7. Utilizáronse as fórmulas de cortesía propias do documento que se elabore.

_ RA5. Aplica actitudes e comportamentos profesionais en situacións de comunicación, e describe as relacións características do país da lingua estranxeira.

- CA5.1. Definíronse os trazos máis salientables dos costumes da comunidade onde se fale a lingua estranxeira.

- CA5.2. Describíronse e aplicáronse as normas e os protocolos de relación social propios do país.

- CA5.3. Identificáronse as crenzas e os valores propios da comunidade onde se fale a lingua estranxeira.

- CA5.4. Identificáronse os aspectos socioprofesionais propios do sector, en calquera tipo de texto.

- CA5.5. Aplicáronse as normas de relación social e os protocolos propios do país da lingua estranxeira.

 

Contidos básicos

 

BC1. Análise de mensaxes orais

_ Comprensión de mensaxes profesionais e cotiás:

- Mensaxes directas, telefónicas e gravadas.

- Terminoloxía específica do sector administrativo e financeiro.

- Idea principal e ideas secundarias.

- Recursos gramaticais: tempos verbais, preposicións, locucións, expresión da condi ción e da dúbida, uso da voz pasiva, oracións de relativo e estilo indirecto.

- Outros recursos lingüísticos: gustos e preferencias, suxestións, argumentacións, ins trucións, etc.

- Variedade de acentos na lingua oral.

-   Orde de palabras na oración simple.

 

BC2. Interpretación de mensaxes escritas

_ Comprensión de mensaxes, textos e artigos básicos profesionais e cotiáns.

- Soportes telemáticos: fax, correo electrónico, burofax, etc.

- Terminoloxía específica do sector administrativo e financeiro.

- Idea principal e ideas secundarias.

- Recursos gramaticais: tempos verbais, preposicións, uso da voz pasiva, oracións de relativo e estilo indirecto.

- Orde de palabras na oración simple.

_ Relacións lóxicas: oposición, concesión, comparación, condición, causa, finalidade e resultado.

_ Relacións temporais: anterioridade, posterioridade e simultaneidade.

 

BC3. Produción de mensaxes orais

_ Rexistros utilizados na emisión de mensaxes orais.

_ Terminoloxía específica do sector administrativo e financeiro.

_ Recursos gramaticais: tempos verbais, preposicións, locucións, expresión da condición e da dúbida, uso da voz pasiva, oracións de relativo e estilo indirecto.

_ Outros recursos lingüísticos: gustos e preferencias, suxestións, argumentacións e ins trucións.

_ Fonemas: sons e fonemas vocálicos (e as súas combinacións) e consonánticos (e as súas agrupacións).

_ Marcadores lingüísticos de relacións sociais: normas de cortesía e diferenzas de rexis tro.

_ Mantemento e seguimento do discurso oral:

- Toma, mantemento e cesión da quenda de palabra.

- Apoio, demostración de entendemento, petición de aclaración, etc.

- Entoación como recurso de cohesión do texto oral: uso dos patróns de entoación.

 

BC4. Emisión de textos escritos

_ Expresión e formalización de mensaxes e textos profesionais e cotiáns:

- Currículo e soportes telemáticos: fax, correo electrónico, burofax, etc.

- Terminoloxía específica da área profesional.

- Idea principal e ideas secundarias.

- Recursos gramaticais: tempos verbais, preposicións, locucións uso da voz pasiva, oracións de relativo e estilo indirecto.

_ Relacións lóxicas: oposición, concesión, comparación, condición, causa, finalidade e resultado.

_ Relacións temporais: anterioridade, posterioridade e simultaneidade.

_ Coherencia textual:

- Adecuación do texto ao contexto comunicativo.

- Tipo e formato de texto.

- Variedade de lingua: rexistro.

- Selección léxica, de estruturas sintácticas e de contido salientable.

- Inicio do discurso e introdución do tema. Desenvolvemento e expansión: exemplifi cación e conclusión, e/ou resumo do discurso.

- Uso dos signos de puntuación máis habituais.

 

BC5. Identificación e interpretación dos elementos culturais máis significativos dos paí ses da lingua estranxeira.

_ Valoración das normas socioculturais e protocolarias nas relacións internacionais.

_ Coñecemento dos elementos culturais máis salientables nos países onde se fale a lingua inglesa.

_ Uso dos recursos formais e funcionais en situacións que requiran un comportamento socioprofesional, co fin de proxectar unha boa imaxe da empresa.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para que o alumnado adquira as competencias que lle permitan comunicarse en inglés no desenvolvemento das actividades profesionais propias do nivel formativo deste técnico neste sector.

Trátase dun módulo eminentemente procedemental en que se desenvolve a competen cia comunicativa en inglés necesaria no contorno profesional, tanto a nivel oral como a ni vel escrito.

A competencia comunicativa en inglés ten que ver tanto coas relacións interpersoais como co manexo da documentación propia do sector.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), ñ) e r) do ciclo formativo y as competencias a), b), m), p), q) e r).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo están relacionadas con:

- Uso da lingua inglesa a nivel oral e escrito, en todo o desenvolvemento deste módu lo.

- Introdución do vocabulario inglés correspondente á terminoloxía específica do sec tor.

- Selección e execución de estratexias didácticas que incorporen o uso do idioma in glés en actividades propias do sector profesional.

- Uso das técnicas de comunicación para potenciar o traballo en equipo.