_ Código: MP0441.
_ Duración: 133 horas.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
_ RA1. Recoñece os elementos que integran o patrimonio dunha organización económi ca, e clasifícaos en masas patrimoniais.
- CA1.1. Identificáronse as fases do ciclo económico da actividade empresarial.
- CA1.2. Diferenciáronse os conceptos de investimento e financiamento, investimento e gasto, gasto e pagamento, e ingreso e cobramento.
- CA1.3. Distinguíronse os tipos de empresas baseándose nos criterios de clasificación habituais.
- CA1.4. Definíronse os conceptos de patrimonio, elemento patrimonial e masa patri monial.
- CA1.5. Identificáronse as masas patrimoniais que integran o activo, o pasivo exixi ble e o patrimonio neto.
- CA1.6. Relacionouse cada masa patrimonial coas fases do ciclo económico da acti vidade empresarial.
- CA1.7. Ordenouse en masas patrimoniais un conxunto de elementos patrimoniais.
_ RA2. Recoñece a metodoloxía contable tendo en conta a terminoloxía e os instrumen tos contables utilizados na empresa.
- CA.2.1. Distinguíronse as fases do ciclo contable completo e adaptáronse á lexisla ción española.
- CA.2.2. Describiuse o concepto de conta como instrumento para representar os ele mentos patrimoniais e os feitos económicos da empresa, e identificouse a súa estru tura.
- CA.2.3. Describíronse as características máis importantes do método de contabiliza ción por partida dobre.
- CA.2.4. Recoñecéronse os criterios de cargo e aboamento como método de rexistro das modificacións do valor dos elementos patrimoniais.
- CA.2.5. Recoñeceuse a importancia do balance de comprobación como instrumento básico para a identificación de erros e omisións nas anotacións das contas.
- CA.2.6. Diferenciáronse as contas de ingresos e de gastos.
- CA.2.7. Definiuse o concepto de resultado contable.
- CA.2.8. Describíronse as funcións dos asentamentos de pechamento e apertura.
- CA.2.9. Estableceuse a función do balance de situación, das contas de perdas e ga nancias, e da memoria.
_ RA3. Identifica o contido básico do plan xeral de contabilidade de pequenas e media nas empresas (PXCPEME) e interpreta a súa estrutura.
- CA.3.1. Relacionouse a normativa mercantil co plan xeral de contabilidade (PXC).
- CA.3.2. Recoñeceuse o PXC como instrumento de harmonización contable.
- CA.3.3. Identificáronse as partes do PXCPEME.
- CA.3.4. Diferenciáronse as partes obrigatorias e non obrigatorias do PXCPEME.
- CA.3.5. Identificáronse os principios contables establecidos no marco conceptual do plan.
- CA.3.6. Describiuse o sistema de codificación establecido no PXCPEME e a súa función na asociación e na desagregación da información contable.
- CA.3.7. Codificouse un conxunto de elementos patrimoniais de acordo cos criterios do PXCPEME.
- CA.3.8. Identificáronse as contas anuais que establece o PXCPEME.
- CA.3.9. Identificáronse as contas que corresponden aos elementos patrimoniais.
_ RA4. Clasifica contablemente feitos económicos básicos, aplicando a metodoloxía con table e os criterios do PXCPEME.
- CA.4.1. Identificáronse as contas patrimoniais e de xestión que interveñen nas ope racións básicas das empresas.
- CA.4.2. Codificáronse as contas consonte o PXCPEME.
- CA.4.3. Determináronse as contas que se cargan e as que se aboan, segundo o PXC PEME.
- CA.4.4. Efectuáronse os asentamentos correspondentes aos feitos contables.
- CA.4.5. Realizáronse as operacións contables correspondentes a un exercicio eco nómico básico.
- CA.4.6. Efectuouse o procedemento de acordo cos principios de responsabilidade, seguridade e confidencialidade da información.
_ RA5. Realiza operacións de contabilización mediante aplicacións informáticas especí ficas, e valora a súa eficiencia na xestión do plan de contas.
- CA.5.1. Realizáronse as altas e as baixas de contas e subcontas codificadas que pro cedan da documentación soporte, seguindo os procedementos establecidos.
- CA.5.2. Propuxéronse altas e baixas de códigos e conceptos en asentamentos prede finidos, seguindo os procedementos establecidos.
- CA.5.3. Introducíronse conceptos codificados na aplicación informática seguindo os procedementos establecidos.
- CA.5.4. Executáronse as baixas dos conceptos codificados coa autorización corres pondente.
- CA.5.5. Introducíronse os asentamentos predefinidos na aplicación informática se guindo os procedementos establecidos.
- CA.5.6. Introduciuse no asentamento a información correspondente a cada campo, de acordo coa natureza económica da operación.
- CA.5.7. Arranxáronse os imprevistos que poidan xurdir durante o uso da aplicación, recorrendo á axuda do programa, á axuda en liña ou ao servizo de atención á cliente la da empresa creadora do software.
- CA.5.8. Realizouse copia de seguridade das contas, dos saldos e dos seus movemen tos respectivos, así como da colección de apuntamentos predefinidos.
- CA.5.9. Seguiuse o plan de acción para a custodia no lugar e no soporte axeitados, así como a xestión administrativa da copia de seguridade, nun tempo axeitado e cos métodos apropiados.
Contidos básicos
BC1. Elementos patrimoniais das organizacións económicas
_ Actividade empresarial:
- Actividade económica.
- Empresa: concepto e tipos.
- Ciclo económico da empresa
_ Patrimonio empresarial e contabilidade:
- Elementos patrimoniais.
- Masas patrimoniais.
_ Activo, pasivo e patrimonio neto dunha empresa.
_ Equilibrio patrimonial.
BC2. Metodoloxía contable
_ Operacións mercantís desde a perspectiva contable.
_ Teoría das contas: concepto, estrutura e tipos de contas.
_ Método por partida dobre.
_ Libros contables.
_ Desenvolvemento do ciclo contable.
BC3. Plan xeral de contabilidade de pequenas e medianas empresas
_ Normalización contable: o plan xeral de contabilidade.
_ Marco conceptual do PXC: principios contables.
_ Normas de rexistro e valoración.
_ Contas anuais.
_ Cadro de contas.
_ Definicións e relacións contables.
BC4. Contabilización dos feitos económicos básicos da empresa
_ Compra e venda de mercadorías.
_ Existencias de mercadorías.
_ Outros gastos e ingresos.
_ Inmobilizado material: amortización e baixa contable.
_ Fontes de financiamento.
_ Operacións de fin de exercicio. Pechamento contable.
BC5. Operacións de contabilización mediante aplicacións informáticas específicas
_ Xestión das partidas contables nunha aplicación informática.
_ Operacións de mantemento básico de aplicacións
_ Asentamentos predefinidos.
Orientacións pedagóxicas
Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de apoio na área contable da empresa
Esta función abrangue aspectos como:
- Especificación dos elementos patrimoniais.
- Caracterización da metodoloxía contable.
- Codificación dos elementos patrimoniais en contas segundo o PXC.
- Rexistro de feitos económicos básicos.
- Uso de aplicacións informáticas específicas.
- Actualización do plan contable na aplicación informática.
- Copias de seguridade.
As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse na área contable de peque nas e medianas empresas de calquera sector de actividade.
A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais b), f), g), h) e q) do ciclo formativo, e as competencias profesionais, persoais e sociais a), c), d) e r).
As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo han versar sobre:
- Clasificación dos elementos patrimoniais.
- Aplicación de normas contables establecidas no PXCPEME e demais lexislación mercantil.
- Rexistro contable de feitos económicos básicos.
- Uso de aplicacións informáticas de contabilidade.