_ Código: MP0442.
_ Duración: 123 horas.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
_ RA1. Realiza a tramitación administrativa dos procesos de captación e selección do persoal, e describe a documentación asociada.
- CA1.1. Describíronse os aspectos principais da organización das relacións laborais.
- CA1.2. Relacionáronse as funcións e as tarefas do departamento de recursos huma nos, así como as principais políticas de xestión do capital humano das organizacións.
- CA1.3. Identificáronse as técnicas habituais de captación e selección.
- CA1.4. Caracterizáronse os labores de apoio na execución de probas e entrevistas nun proceso de selección, utilizado as canles convencionais ou telemáticas.
- CA1.5. Identificáronse os recursos, os tempos e os prazos necesarios para realizar un proceso de selección de persoal.
- CA1.6. Compilouse a información das accións formativas, xunto cos informes cuan titativos documentais e informáticos de cada participante, e elaboráronse os infor mes apropiados.
- CA1.7. Mantívose actualizada na base de datos creada para este fin a información sobre formación, desenvolvemento, compensación e beneficios, así como a de inte rese xeral para o persoal.
- CA1.8. Compilouse a información necesaria para facilitar a adaptación do persoal ao novo emprego.
- CA1.9. Realizáronse consultas das bases de datos cos filtros indicados, e elaboráron se listaxes e informes sobre diversos datos de xestión do persoal.
- CA1.10. Aplicáronse os criterios, as normas e os procesos de calidade establecidos, na procura dunha xestión eficaz.
_ RA2. Realiza a tramitación administrativa dos procesos de formación, desenvolvemen to, compensación e beneficios do persoal, e recoñeceuse a documentación xerada.
- CA2.1. Describíronse as características dos plans de formación continua, así como as dos plans de carreira do persoal.
- CA2.2. Preparouse a documentación necesaria para unha actividade de formación (manuais, listaxes, horarios e follas de control).
- CA2.3. Identificáronse as entidades de formación máis próximas ou importantes, preferentemente por medios telemáticos, para propor ofertas de formación nun caso empresarial dado, e contactouse con elas.
- CA2.4. Clasificáronse as principais fontes de subvención da formación en función da súa contía e dos seus requisitos.
- CA2.5. Organizáronse listaxes de actividades de formación e reciclaxe en función de programas subvencionados.
- CA2.6. Compilouse a información das accións formativas, xunto cos informes cuan titativos documentais e informáticos de cada participante.
- CA2.7. Actualizouse a información sobre formación, desenvolvemento, compensa ción e beneficios, así como a de interese xeral para o persoal, nas canles de comuni cación internas.
- CA2.8. Actualizáronse as bases de datos de xestión de persoal.
- CA2.9. Realizáronse consultas básicas das bases de datos cos filtros indicados, e elaboráronse listaxes e informes.
- CA2.10. Aplicouse ao seu nivel a normativa de protección de datos relativa á segu ridade, a confidencialidade, a integridade, o mantemento e a accesibilidade á infor mación.
_ RA3. Confecciona a documentación relativa ao proceso de contratación, variacións da situación laboral e finalización de contrato, conforme a normativa laboral.
- CA3.1. Definíronse os aspectos máis salientables das condicións laborais estableci das na Constitución, no Estatuto dos Traballadores, nos convenios colectivos e nos contratos.
- CA3.2. Recoñecéronse as fases do proceso de contratación e os tipos de contratos laborais máis habituais segundo a normativa laboral.
- CA3.3. Formalizáronse os contratos laborais.
- CA3.4. Obtivéronse documentos oficiais utilizando a páxina web dos organismos públicos correspondentes.
- CA3.5. Definíronse os procesos de afiliación e alta na Seguridade Social.
- CA3.6. Obtivéronse as táboas, os baremos e as referencias sobre as condicións labo rais: convenio colectivo, bases e tipos de cotización á Seguridade Social, e reten cións do IRPF.
- CA3.7. Aplicáronse as normas de cotización á Seguridade Social referentes a condi cións laborais, prazos de pagamento e fórmulas de aprazamento.
- CA3.8. Identificáronse as causas e os procedementos de modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo conforme a normativa, e identificáronse os elemen tos básicos da liquidación.
- CA3.9. Rexistrouse a información xerada nos respectivos expedientes de persoal.
- CA3.10. Seguíronse criterios de prazos, confidencialidade, seguridade e dilixencia na xestión e na conservación da información.
_ RA4. Elabora a documentación correspondente ao pagamento de retribucións do perso al, de cotización á Seguridade Social e de impostos inherentes, consonte a normativa.
- CA4.1. Identificáronse os conceptos de retribución e cotización do traballador e di ferenciáronse os tipos de retribución máis comúns.
- CA4.2. Distinguíronse os réximes da Seguridade Social.
- CA4.3. Identificouse a estrutura básica do salario e os tipos de percepcións salariais, non salariais, de periodicidade superior ao mes e extraordinarias.
- CA4.4. Calculouse o importe das bases de cotización en función das percepcións sa lariais e das situacións que máis comunmente as modifican.
- CA4.5. Calculouse o recibo de salario e cubríronse os documentos de cotización.
- CA4.6. Tivéronse en conta os prazos establecidos para o pagamento de cotas á Se guridade Social e para retencións, así como as fórmulas de aprazamento, segundo os casos.
- CA4.7. Obtivéronse os recibos de salario, documentos de cotización e listaxes de control.
- CA4.8. Creáronse os ficheiros de remisión electrónica, tanto para entidades financei ras como para a Administración.
- CA4.9. Valoráronse as consecuencias de non cumprir os prazos previstos na presen tación de documentación e pagamento.
- CA4.10. Realizáronse periodicamente copias de seguridade informáticas para garan tir a conservación dos datos na súa integridade.
_ RA5. Elabora a documentación relativa ás incidencias derivadas da actividade laboral das persoas traballadoras, consonte a normativa.
- CA5.1. Determináronse os aspectos básicos das relacións laborais no relativo ás súas comunicacións internas.
- CA5.2. Elaboráronse os formularios de recollida de datos sobre control presencial, incapacidade temporal, permisos, vacacións e similares.
- CA5.3. Realizáronse cálculos e estatísticas sobre os datos anteriores, utilizado follas de cálculo e formatos de gráficos.
- CA5.4. Elaboráronse informes básicos do control de presenza, utilizando aplicacións de procesamento de texto e presentacións.
- CA5.5. Realizouse o seguimento de control de presenza para conseguir a eficiencia da empresa.
- CA5.6. Realizáronse periodicamente copias de seguridade das bases de datos de per soal.
_ RA6. Aplica procedementos de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental nas operacións administrativas de recursos humanos, e recoñece a súa inci dencia nun sistema integrado de xestión administrativa.
- CA6.1. Diferenciáronse os principios básicos dun modelo de xestión de calidade.
- CA6.2. Valorouse a integración dos procesos de recursos humanos con outros pro cesos administrativos da empresa.
- CA6.3. Aplicáronse as normas de prevención de riscos laborais no sector.
- CA6.4. Aplicáronse os procesos para reducir o impacto ambiental da súa actividade.
- CA6.5. Aplicáronse na elaboración e na conservación da documentación as técnicas de 3R (reducir, reutilizar e reciclar).
Contidos básicos
BC1. Tramitación administrativa dos procesos de captación e selección de persoal
_ Fontes da normativa laboral.
_ Funcións do departamento de recursos humanos.
_ Políticas de xestión de captación do capital humano na empresa.
_ Fontes externas e internas de recrutamento.
_ Métodos de selección de persoal: probas de selección, entrevista, dinámica de grupos e centros de avaliación.
_ Adaptación ao novo emprego.
_ Subvencións. Fontes de subvencións.
_ Políticas de xestión de persoal.
BC2. Tramitación administrativa da formación, o desenvolvemento e a compensación do persoal
_ Políticas e procedementos administrativos relacionados coa motivación e coa forma ción.
_ Principais técnicas de formación empresarial.
_ Entidades de formación.
_ Control das compensacións, os incentivos e os beneficios do persoal.
BC3. Confección da documentación do contrato de traballo, as súas modificacións e a súa extinción
_ Forma do contrato.
_ Modalidades de contratación.
_ Xornada de traballo e calendario laboral.
_ Proceso e procedemento de contratación laboral. Rexistro.
_ Afiliación e alta na Seguridade Social.
_ Documentación e formalización do contrato de traballo.
_ Suspensión e extinción do contrato de traballo.
_ Liquidación.
BC4. Elaboración da documentación correspondente ao pagamento do salario e obrigas inherentes
_ Réximes do sistema da Seguridade Social.
_ Obrigas da parte empresarial coa Seguridade Social.
_ Confección do recibo de salarios.
_ Cotizacións á Seguridade Social.
_ Tipos e bases de cotización.
BC5. Elaboración da documentación relativa ás incidencias na relación laboral
_ Control horario.
_ Absentismo.
_ Xestión de situacións especiais: incapacidade laboral, excedencias, permisos e viaxes.
BC6. Aplicación de procedementos de calidade de xestión integral dos recursos huma nos
_ Prevención de riscos laborais: saúde, dano e risco.
_ Fundamentos e principios básicos dun modelo de calidade total en recursos humanos.
_ Normativa de protección de datos de carácter persoal e confidencialidade.
Orientacións pedagóxicas
Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de apoio administrativo ás tarefas que leva a cabo o departamento de recursos humanos.
A función de apoio administrativo abrangue aspectos como:
- Apoio administrativo e elaboración da documentación relativa á selección do perso al.
- Apoio administrativo e elaboración da documentación xerada na formación dos re cursos humanos.
- Apoio administrativo e elaboración da documentación e das comunicacións internas do departamento.
- Apoio administrativo e elaboración de documentación respecto aos sistemas de mo tivación.
- Xestión da documentación relativa á contratación e á remuneración do persoal.
- Xestión documental xerada na aplicación da normativa de protección de datos e de protección de riscos laborais, e aplicación dos procedementos de calidade.
As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en tarefas de apoio admi nistrativo ás tarefas que desenvolva o departamento ou a sección de recursos humanos de calquera tipo de empresa ou entidade, con independencia da súa actividade económica.
A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais e), k), l), r) e t) do ci clo formativo, e as competencias profesionais, persoais e sociais a), b), f), g), n), o), p) e r).
As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo han versar sobre:
- Identificación e xestión da documentación relativa aos procesos de selección, for mación, motivación, comunicación interna, e organización e control de incidencias dos recursos humanos.
- Identificación da normativa laboral que afecta o persoal traballador, manexo dos contratos máis comunmente utilizados e lectura comprensiva dos convenios colecti vos de aplicación.
- Formalización de recibos de salario de diferentes características, e doutros documen tos de cotización.
- Revisión das páxinas web dos organismos relacionados coa xestión do persoal, e xestión telemática da documentación xerada.
- Análise da lei de protección de datos de carácter persoal, e aplicación ao persoal du nha empresa.