MP0446 Módulo profesional: empresa na aula

_ Código: MP0446.

_ Duración: 156 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Identifica as características do proxecto de empresa creada na aula, e toma parte na actividade que esta desenvolve.

- CA1.1. Identificáronse as características internas e externas da empresa creada na aula.

- CA1.2. Identificáronse os elementos que constitúen a rede loxística da empresa cre ada: provedores, clientes, sistemas de produción e comercialización, almacenamen to, etc.

- CA1.3. Identificáronse os procedementos de traballo no desenvolvemento do proce so produtivo ou comercial.

- CA1.4. Relacionáronse características do mercado, tipo de clientes e provedores, e a súa posible influencia no desenvolvemento da actividade empresarial.

- CA1.5. Valorouse a polivalencia dos postos de traballo administrativos no desenvol vemento da actividade da empresa.

- CA1.6. Integrouse na empresa creada na aula, e describiu a súa relación co sector, a súa estrutura organizativa e as funcións de cada departamento.

_ RA2. Transmite información entre as áreas e á clientela interna e externa da empresa creada na aula, con aplicación de técnicas de comunicación.

- CA2.1. Utilizouse a forma e as técnicas adecuadas na atención e no asesoramento.

- CA2.2. Mantívose unha actitude correcta na atención e no asesoramento.

- CA2.3. Transmitiuse a información con claridade e precisión.

- CA2.4. Utilizouse o tratamento protocolario axeitado.

- CA2.5. Identificouse o emisor e o receptor nunha conversa telefónica ou presencial.

- CA2.6. Identificouse o remitente e o destinatario en comunicacións escritas recibi das.

- CA2.7. Rexistrouse a información relativa ás consultas realizadas, na ferramenta de xestión da relación coa clientela.

- CA2.8. Aplicáronse técnicas de negociación básicas con clientes e provedores.

_ RA3. Organiza información para explicar os métodos manuais e os sistemas informáti cos previstos.

- CA3.1. Aplicáronse procedementos adecuados para a obtención de información ne cesaria na xestión de control de calidade do servizo prestado.

- CA3.2. Tramitouse correctamente a información ante a persoa ou o departamento da empresa que corresponda.

- CA3.3. Aplicáronse as técnicas de organización da información.

- CA3.4. Analizouse e sintetizouse a información subministrada.

- CA3.5. Manexouse como usuario a aplicación informática de control e seguimento de clientes, provedores, etc.

-   CA3.6. Aplicáronse as técnicas manuais e informáticas de arquivo predecididas.

_ RA4. Elabora documentación administrativa, identifica as tarefas administrativas de cada departamento da empresa, e utiliza a documentación elaborada para cada unha de las.

- CA4.1. Executáronse as tarefas administrativas das áreas de aprovisionamento, co mercial, de recursos humanos, de contabilidade, financeira e fiscal.

- CA4.2. Aplicouse a normativa.

_ RA5. Realiza as actividades derivadas da política comercial, e identifica as funcións do departamento de vendas e compras.

- CA5.1. Elaborouse e/ou actualizouse o catálogo de produtos da empresa.

- CA5.2. Manexouse a base de datos de provedores, comparáronse ofertas e establecé ronse negociacións de condicións de compras.

- CA5.3. Elaboráronse e/ou actualizáronse as fichas da clientela.

- CA5.4. Elaboráronse listaxes de prezos.

- CA5.5. Confeccionáronse ofertas.

- CA5.6. Identificáronse as canles de comercialización máis frecuentes na actividade específica.

_ RA6. Atende incidencias, e identifica criterios e procedementos de resolución de pro blemas e reclamacións.

- CA6.1. Identificouse a natureza e a orixe dos problemas e das reclamacións.

- CA6.2. Identificouse a documentación que se utiliza para recoller unha reclamación.

- CA6.3. Aplicáronse técnicas de comportamento asertivo, resolutivo e positivo.

- CA6.4. Procuráronse e propuxéronse solucións para a resolución dos problemas.

- CA6.5. Seguiuse o proceso establecido para unha reclamación.

- CA6.6. Verificouse que se siga integramente o proceso de reclamación.

_ RA7. Traballa en equipo, e recoñece e valora as achegas de cada membro do grupo.

- CA7.1. Mantívose unha actitude de respecto polo profesor ou a profesora xerente, así como polos compañeiros e as compañeiras.

- CA7.2. Cumpríronse as ordes recibidas.

- CA7.3. Mantívose unha comunicación fluída cos compañeiros e as compañeiras.

- CA7.4. Expuxéronse opinións e puntos de vista ante unha tarefa.

- CA7.5. Valorouse a organización da propia tarefa.

- CA7.6. Complementouse o traballo entre os compañeiros e as compañeiras.

- CA7.7. Transmitiuse a imaxe da empresa.

- CA7.8. Realizouse cada tarefa con rigor e corrección para obter un resultado global satisfactorio.

- CA7.9. Respectáronse as normas establecidas e a cultura empresarial.

- CA7.10. Mantívose unha actitude proactiva, participando no grupo e desenvolvendo iniciativa emprendedora.

 

Contidos básicos

 

BC1. Características do proxecto da empresa na aula

_ Actividade, estrutura e organización da empresa na aula.

_ Definición de postos e tarefas. Polivalencia do traballo administrativo.

_ Proceso de acollemento e integración.

 

BC2. Transmisión da información na empresa na aula

_ Atención a clientes.

_ Comunicación con provedores e empregados.

_ Técnicas de negociación con provedores e clientes.

_ Escoita: técnicas de recepción de mensaxes orais.

_ Comunicación telefónica, escrita e a través de internet (correo electrónico).

 

BC3. Organización da información na empresa na aula

_ Acceso á información.

_ Sistemas de xestión e tratamento da información.

_ Arquivo e rexistro.

_ Técnicas de organización da información.

 

BC4. Elaboración da documentación administrativa da empresa na aula

_ Documentos relacionados coas áreas de aprovisionamento, comercial, laboral, financei ra, fiscal e contable.

_ Aplicacións informáticas específicas.

_ Xestión dos documentos nun sistema de rede informática.

 

BC5. Actividades de política comercial da empresa na aula

_ Produto e carteira de produtos.

_ Publicidade e promoción.

_ Elección de provedores.

_ Carteira de clientes.

_ Venda: organización e técnicas.

 

BC6. Atención de incidencias e resolución de problemas na empresa na aula

_ Resolución de conflitos e de reclamacións.

_ Procedementos de recollida de reclamacións e queixas.

_ Seguimento posvenda: procedementos utilizados e servizos ofrecidos.

 

BC7. Traballo en equipo na empresa na aula

_ Equipamentos e grupos de traballo.

_ Integración e posta en marcha dos equipos na empresa.

_ Obxectivos, proxectos e prazos.

_ Planificación.

_ Toma de decisións.

_ Ineficiencias e conflitos.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións que realiza o persoal auxiliar administrativo, de xeito integrado e nun contexto real, ademais dalgunhas funcións propias da área comercial da empresa. Preténdese que o alumnado aplique neste módulo todos os coñecementos, os procedementos e as aptitudes que se ad quiriran ao longo do seu proceso de aprendizaxe, e que realice os traballos de apoio admi nistrativo en cada área funcional da empresa creada para este propósito.

Esta función abrangue aspectos como:

- Apoio administrativo nas áreas de aprovisionamento, de recursos humanos, conta ble, fiscal e financeira da empresa.

- Atención á clientela.

- Venda.

- Traballo en equipo.

 

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse na xestión dunha pequena ou mediana empresa de calquera sector de actividade.

A formación do módulo contribúe a alcanzar todos os obxectivos xerais do ciclo forma tivo, e todas as competencias do título.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo han versar sobre:

- División do grupo de alumnado en departamentos dunha empresa, onde se desempe ñen as tarefas propias do persoal auxiliar administrativo nunha empresa real.

- Uso dos mesmos documentos e das mesmas canles de comunicación que as empre sas utilizan na realidade.

- Traballo cooperativo, onde todo o alumnado realice funcións en todos os departa mentos, mediante un sistema de rotación de postos de traballo.

- Uso dun sistema informático en rede que posibilite a realización de xestións cos or ganismos públicos e as entidades externas en escenarios o máis parecidos posible a situacións reais.

- Uso dun sistema informático en rede que posibilite a comunicación e as relacións comerciais con outras empresas de aula.