_ Código: MP0451.
_ Duración: 410 horas.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
_ RA1. Identifica a estrutura e a organización da empresa en relación coas funcións in ternas e externas, e co sector económico ao que pertenza ou no que se ache a súa clien tela.
- CA1.1. Identificouse a estrutura organizativa da empresa e as funcións de cada área.
- CA1.2. Comprobouse a estrutura da empresa coas organizacións empresariais tipo existentes no sector.
- CA1.3. Relacionáronse as características do servizo e o tipo de clientes co desenvol vemento da actividade empresarial.
- CA1.4. Identificáronse os procedementos de traballo no desenvolvemento da presta ción do servizo.
- CA1.5. Valoráronse as competencias necesarias dos recursos humanos para o desen volvemento óptimo da actividade.
- CA1.6. Valorouse a idoneidade das canles de difusión máis frecuentes nesta activi dade.
_ RA2. Aplica hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da actividade profesional de acordo coas características do posto de traballo e cos procedementos establecidos na empresa.
- CA2.1. Recoñecéronse e xustificáronse:
- Dispoñibilidade persoal e temporal necesarias no posto de traballo.
- Actitudes persoais (puntualidade, empatía, etc.) e profesionais (orde, limpeza, responsabilidade, etc.) necesarias para o posto de traballo.
- Requisitos actitudinais ante a prevención de riscos na actividade profesional.
- Requisitos actitudinais referidos á calidade na actividade profesional.
- Actitudes relacionais co propio equipo de traballo e coa xerarquía establecida na empresa.
- Actitudes relacionadas coa documentación das actividades realizadas no ámbito laboral.
- Necesidades formativas para a inserción e a reinserción laboral no ámbito cientí fico e técnico do bo facer profesional.
- CA2.2. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais e os aspectos fun damentais da lei de prevención de riscos laborais de aplicación na actividade profe sional.
- CA2.3. Aplicáronse os equipamentos de protección individual segundo os riscos da actividade profesional e as normas da empresa.
- CA2.4. Mantívose unha actitude de respecto polo medio nas actividades desenvolvi das.
- CA2.5. Mantivéronse organizados, limpos e libres de obstáculos o posto de traballo e a área correspondente ao desenvolvemento da actividade.
- CA2.6. Responsabilizouse do traballo asignado, interpretando e cumprindo as ins trucións recibidas.
- CA2.7. Estableceuse unha comunicación eficaz coa persoa responsable en cada si tuación e cos membros do equipo.
- CA2.8. Coordinouse co resto do equipo e comunicou as incidencias salientables que se presenten.
- CA2.9. Valorouse a importancia da súa actividade e a necesidade de adaptación aos cambios de tarefas.
- CA2.10. Responsabilizouse da aplicación das normas e dos procedementos no de senvolvemento do traballo propio.
_ RA3. Rexistra ordes, documentos e comunicacións, e interpreta o seu contido.
- CA3.1. Identificáronse os medios e os materiais necesarios para a recepción e a in terpretación de documentos e comunicacións.
- CA3.2. Identificouse a información que conteñen as ordes, os documentos e as co municacións.
- CA3.3. Determinouse a urxencia e a importancia da información recibida.
- CA3.4. Determináronse as tarefas asociadas ás ordes, aos documentos e ás comuni cacións recibidas.
- CA3.5. Recoñecéronse e determináronse os recursos necesarios para executar as or des recibidas.
- CA3.6. Clasificáronse as comunicacións ou os documentos para a súa posterior tra mitación.
- CA3.7. Derivouse ao departamento correspondente a interpretación ou a execución da tarefa asociada á devandita información.
- CA3.8. Aplicáronse os procedementos e os criterios internos da empresa.
_ RA4. Elabora documentos ou comunicacións, seguindo os criterios establecidos pola empresa e a normativa.
- CA4.1. Identificáronse os documentos habituais de uso na empresa.
- CA4.2. Identificouse o documento que haxa que formalizar.
- CA4.3. Recoñeceuse a normativa reguladora para a elaboración de documentos es pecíficos da xestión administrativa dunha empresa.
- CA4.4. Obtívose a información necesaria para a elaboración dos documentos.
- CA4.5. Utilizáronse os medios ou os soportes axeitados na formalización dos docu mentos.
- CA4.6. Realizáronse as comprobacións e os cálculos matemáticos necesarios.
- CA4.7. Formalizáronse os campos dos documentos que cumpra elaborar.
- CA4.8. Utilizouse a linguaxe e a escritura dun xeito correcto e adaptado ás caracte rísticas da tarefa que se realice.
- CA4.9. Identificouse o receptor do documento ou da comunicación.
- CA4.10. Empregáronse as tecnoloxías da información e da comunicación.
_ RA5. Tramita e xestiona a documentación administrativa, seguindo os criterios estable cidos pola empresa e consonte a normativa.
- CA5.1. Efectuáronse comprobacións e revisións dos documentos elaborados e/ou recibidos.
- CA5.2. Presentáronse os documentos ante os responsables dos departamentos da empresa.
- CA5.3. Presentáronse os documentos ante as correspondentes administracións e or ganizacións externas á empresa.
- CA5.4. Cumpríronse os prazos correspondentes para a xestión da documentación.
- CA5.5. Utilizáronse as canles de comunicación axeitadas.
- CA5.6. Recoñeceuse a normativa reguladora.
- CA5.7. Empregáronse as tecnoloxías da información e da comunicación.
_ RA6. Rexistra e arquiva a documentación administrativa, seguindo os criterios estable cidos pola empresa e consonte a normativa.
- CA6.1. Identificáronse os sistemas de rexistro e arquivo utilizados na empresa.
- CA6.2. Utilizáronse os medios ou os soportes de rexistro máis adecuados.
- CA6.3. Formalizáronse os libros de rexistro.
- CA6.4. Aplicáronse as técnicas de organización da documentación utilizada na em presa.
- CA6.5. Realizáronse as tarefas con orde e limpeza.
- CA6.6. Recoñeceuse a normativa reguladora.
- CA6.7. Empregáronse as tecnoloxías da información e da comunicación.
- CA6.8. Aplicáronse os sistemas de arquivo da información.
_ RA7. Realiza operacións de venda, promoción de produtos e atención á clientela con sonte as características e os criterios establecidos pola empresa, colaborando coa súa área comercial.
- CA7.1. Elaboráronse ofertas adaptadas ás necesidades da clientela conforme os ob xectivos comerciais e as condicións de venda da empresa.
- CA7.2. Ofrecéronselle á clientela solucións ou vías de solución ante reclamacións presentadas.
- CA7.3. Aplicáronse técnicas de comunicación e habilidades sociais que faciliten a empatía coa clientela.
- CA7.4. Mantívose unha aptitude que facilite a decisión de compra.
- CA7.5. Aplicáronse técnicas de venda de produtos e servizos a través das canles de comercialización.
- CA7.6. Subministróuselle información á clientela sobre os produtos e os servizos da empresa.
- CA7.7. Comunicáronselle ao departamento correspondente as reclamacións presen tadas por clientes da empresa.
Este módulo profesional contribúe a completar as competencias e os obxectivos xerais propios deste título que se alcanzaran no centro educativo, ou a desenvolver competencias características de difícil consecución nel.