Centro de formación profesional

La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
Arrow
Arrow
Arrow
Arrow
Slider

MP0179 Módulo profesional: inglés

_ Equivalencia en créditos ECTS: 7.

_ Código: MP0179.

_ Duración: 160 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Recoñece información profesional e cotiá contida en discursos orais emitidos por calquera medio de comunicación en lingua estándar, e interpreta con precisión o conti do da mensaxe.

- CA1.1. Identificouse a idea principal da mensaxe.

- CA1.2. Recoñeceuse a finalidade de mensaxes radiofónicas e doutro material grava do ou retransmitido pronunciado en lingua estándar, e identificouse o estado de áni mo e o ton da persoa falante.

- CA1.3. Extraeuse información de gravacións en lingua estándar relacionadas coa vi da social, profesional ou académica.

- CA1.4. Identificáronse os puntos de vista e as actitudes da persoa falante.

- CA1.5. Identificáronse as ideas principais de declaracións e de mensaxes sobre te mas concretos e abstractos, en lingua estándar e cun ritmo normal.

- CA1.6. Comprendeuse con todo detalle o que se di en lingua estándar, mesmo nun ambiente con ruído de fondo.

- CA1.7. Extraéronse as ideas principais de conferencias, charlas e informes, e dou tros xeitos de presentación académica e profesional lingüisticamente complexos.

- CA1.8. Tomouse conciencia da importancia de comprender globalmente unha men saxe, mesmo sen entender todos os seus elementos.

_ RA2. Interpreta información profesional contida en textos escritos complexos e analiza comprensivamente os seus contidos.

- CA2.1. Léronse cun alto grao de independencia textos de diverso tipo, adaptando o estilo e a velocidade da lectura ás finalidades, e utilizáronse fontes de referencia aca ídas de xeito selectivo.

- CA2.2. Interpretouse a correspondencia relativa á súa especialidade e captouse doa damente o significado esencial.

- CA2.3. Interpretáronse con todo detalle textos extensos e de relativa complexidade relacionados ou non coa súa especialidade, con posibilidade de volver ler as sec cións difíciles.

- CA2.4. Relacionouse o texto co ámbito do sector a que se refira.

- CA2.5. Identificouse con rapidez o contido e a importancia de noticias, artigos e in formes sobre unha ampla serie de temas profesionais, e decidiuse sobre a opor tunidade dunha análise máis fonda.

- CA2.6. Realizáronse traducións de textos complexos utilizando material de apoio, en caso necesario.

- CA2.7. Interpretáronse mensaxes técnicas recibidas a través de soportes telemáticos (correo electrónico, fax, etc.).

- CA2.8. Interpretáronse instrucións extensas e complexas que estean dentro da súa especialidade.

_ RA3. Emite mensaxes orais claras e ben estruturadas, e analiza o contido da situación, adaptándose ao rexistro lingüístico da persoa interlocutora.

- CA3.1. Identificáronse os rexistros utilizados para a emisión da mensaxe.

- CA3.2. Expresouse con fluidez, precisión e eficacia sobre unha ampla serie de temas xerais, académicos, profesionais ou de lecer, marcando con claridade a relación en tre as ideas.

- CA3.3. Comunicouse espontaneamente e adoptouse un nivel de formalidade ade cuado ás circunstancias.

- CA3.4. Utilizáronse normas de protocolo en presentacións formais e informais.

- CA3.5. Utilizouse correctamente a terminoloxía da profesión.

- CA3.6. Expresáronse e defendéronse con claridade puntos de vista, e achegáronse explicacións e argumentos axeitados.

- CA3.7. Describiuse e determinouse a secuencia dun proceso de traballo da súa com petencia.

- CA3.8. Argumentouse con todo detalle a elección dunha determinada opción ou dun procedemento de traballo elixido.

- CA3.9. Solicitouse a reformulación do discurso ou dunha parte del, en caso necesa rio.

_ RA4. Elabora documentos e informes propios do sector e relaciona os recursos lingüís ticos cos seus propósitos.

- CA4.1. Redactáronse textos claros e detallados sobre unha variedade de temas rela cionados coa súa especialidade, para o que se sintetizaron e se avaliaron as informa cións e os argumentos procedentes de varias fontes.

- CA4.2. Organizouse a información con corrección, precisión, coherencia e cohesión, e solicitouse ou facilitouse información xeral ou detallada.

- CA4.3. Redactáronse informes onde se salienten os aspectos significativos e se ofre zan detalles relevantes que sirvan de apoio.

- CA4.4. Formalizouse documentación específica do seu campo profesional.

- CA4.5. Aplicáronse as fórmulas establecidas e o vocabulario específico na formali zación de documentos.

- CA4.6. Resumíronse artigos, manuais de instrucións e outros documentos escritos, e utilizouse un vocabulario amplo para evitar a repetición frecuente.

- CA4.7. Utilizáronse as fórmulas de cortesía propias do documento que se elabore.

_ RA5. Aplica actitudes e comportamentos profesionais en situacións de comunicación e describe as relacións típicas características do país da lingua inglesa.

- CA5.1. Definíronse os trazos máis salientables dos costumes e dos usos da comuni dade onde se fale a lingua inglesa.

- CA5.2. Describíronse os protocolos e as normas de relación social propios do país.

- CA5.3. Identificáronse os valores e as crenzas da comunidade en que se fale lingua inglesa.

- CA5.4. Identificáronse os aspectos socioprofesionais propios do sector en calquera tipo de texto.

- CA5.5. Aplicáronse os protocolos e as normas de relación social do país de lingua inglesa.

- CA5.6. Recoñecéronse os marcadores lingüísticos da procedencia rexional.

 

Contidos básicos

 

BC1. Análise de mensaxes orais

_ Comprensión de mensaxes profesionais e cotiás.

- Mensaxes directas, telefónicas, radiofónicas e gravadas.

- Terminoloxía específica do sector.

- Ideas principais e secundarias.

- Recursos gramaticais: tempos verbais, preposicións, “phrasal verbs”, locucións, ex presión da condición e dúbida, uso da voz pasiva, oracións de relativo, estilo indirec to e verbos modais.

- Outros recursos lingüísticos: acordos e desacordos, hipóteses e especulacións, opi nións e consellos, persuasión e advertencia.

- Acentos de lingua oral.

 

BC2. Interpretación de mensaxes escritos

_ Comprensión de mensaxes, textos, e artigos básicos profesionais e cotiáns.

- Soportes telemáticos: fax, correo electrónico e burofax.

- Terminoloxía específica do sector. “False friends”

- Ideas principais e secundarias.

- Recursos gramaticais: tempos verbais, preposicións, “phrasal verbs”, I wish + pasa do simple ou perfecto, I wish + would, If only; uso da voz pasiva, oracións de relati vo, estilo indirecto e verbos modais.

_ Relacións lóxicas: oposición, concesión, comparación, condición, causa, finalidade e resultado.

_ Relacións temporais: anterioridade, posterioridade e simultaneidade.

 

BC3. Produción de mensaxes orais

_ Mensaxes orais.

- Rexistros utilizados na emisión de mensaxes orais.

- Terminoloxía específica do sector. “False friends”

- Recursos gramaticais: tempos verbais, preposicións, “phrasal verbs”, locucións, ex presión da condición e dúbida, uso da voz pasiva, oracións de relativo, estilo indirec to e verbos modais.

- Outros recursos lingüísticos: acordos e desacordos, hipóteses e especulacións, opi nións e consellos, persuasión e advertencia.

- Fonética. Sons e fonemas vocálicos, e as súas combinacións. Sons e fonemas conso nánticos, e as súas agrupacións.

- Marcadores lingüísticos de relacións sociais, normas de cortesía e diferenzas de re xistro.

_ Mantemento e seguimento do discurso oral.

 

- Toma, mantemento e cesión da quenda de palabra.

- Apoio, demostración de entendemento, petición de aclaración, etc.

- Entoación como recurso de cohesión do texto oral: uso dos patróns de entoación.

 

BC4. Emisión de textos escritos

_ Expresión e formalización de mensaxes e textos profesionais e cotiáns.

- Currículo e soportes telemáticos: fax, correo electrónico e burofax.

- Terminoloxía específica do sector.

- Idea principal e ideas secundarias.

- Recursos gramaticais: tempos verbais, preposicións, “phrasal verbs”, verbos modais, locucións, uso da voz pasiva, oracións de relativo e estilo indirecto.

- Relacións lóxicas: oposición, concesión, comparación, condición, causa, finalidade e resultado.

_ Relacións temporais: anterioridade, posterioridade e simultaneidade.

_ Coherencia textual:

- Adecuación do texto ao contexto comunicativo.

- Tipo e formato de texto.

- Variedade de lingua. Rexistro.

- Selección léxica, de estruturas sintácticas e de contido salientable.

- Inicio do discurso e introdución do tema. Desenvolvemento e expansión.

- Exemplificación.

- Conclusión e/ou resumo do discurso.

- Uso dos signos de puntuación.

 

BC5. Identificación e interpretación dos elementos culturais máis significativos dos paí ses de lingua inglesa

_ Valoración das normas socioculturais e protocolarias nas relacións internacionais.

_ Uso dos recursos formais e funcionais en situacións que requiren un comportamento socioprofesional, co fin de proxectar unha boa imaxe da empresa.

_ Recoñecemento da lingua inglesa para afondar en coñecementos que resulten de intere se ao longo da vida persoal e profesional.

_ Uso de rexistros axeitados segundo o contexto da comunicación, a persoa interlocutora e a intención das persoas interlocutoras.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para que o alumnado adquira as competencias que lle permitan comunicarse en inglés no desenvolvemento das actividades profesionais propias do nivel formativo desta titulación de técnico superior neste sector.

Trátase dun módulo eminentemente procedemental, no que se desenvolve a competen cia comunicativa en inglés necesaria no contexto profesional, tanto a nivel oral como a ni vel escrito.

A competencia comunicativa en inglés ten que ver tanto coas relacións interpersoais como co manexo da documentación propia do sector.

 

A formación do módulo contribúe a alcanzar o obxectivo xeral c) do ciclo formativo, e as competencias a), b), l) e p).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo están relacionadas con:

- Utilización da lingua inglesa tanto a nivel oral como a nivel escrito, en todo o desen volvemento deste módulo.

- Introdución do vocabulario inglés correspondente á terminoloxía específica do sec tor.

- Selección e execución de estratexias didácticas que incorporen o uso do idioma in glés en actividades propias do sector profesional.

- Utilización das técnicas de comunicación para potenciar o traballo en equipo.