Matrícula pechada
Ciclo Superior de Administración e Finanzas
O ciclo formativo de administración e finanzas capacita para a organización e realización da administración e xestión de persoal, as operacións económico-financeiras e a información e asesoramiento a clientes ou usuarios, tanto no ámbito público como no privado, segundo o tamaño e a actividade da empresa ou organismo, e de acordo cos obxectivos marcados, as normas internas establecidas e a normativa vigente.
MatricúlateHorario: Mañás
Duración 2.000 horas (2 cursos académicos)
Título de Técnico Superior en Administración e Finanzas
Tipo: Concertado
Familia profesional: administración e xestión.
INFORMACIÓN
- En que che imos a formar
- Posto a desempeñar
- Competencias profesionais
- Obxectivos
- Saídas laborais
- Acceso a outros estudos
- Requisitos de acceso a ciclos superiores
Poderían traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou a través do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha aseso ría financeira ou laboral, estudos de proxectos, etc.
2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Administrativo/a de oficina.
- Administrativo/a comercial.
- Administrativo/a financeiro/a.
- Administrativo/a contable.
- Administrativo/a de loxística.
- Administrativo/a de banca e de seguros.
- Administrativo/a de recursos humanos.
- Administrativo/a da Administración pública.
- Administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías.
- Técnico/a en xestión de cobramentos.
- Responsable de atención á clientela.
As competencias profesionais, persoais e sociais deste título son as que se relacionan:
a) Tramitar documentos ou comunicacións internas ou externas nos circuítos de información da empresa.
b) Elaborar documentos e comunicacións a partir de ordes recibidas, información obtida e/ou necesidades detectadas.
c) Detectar necesidades administrativas ou de xestión da empresa de diversos tipos, a partir da análise da información dispoñible e do contorno.
d) Propor liñas de actuación encamiñadas a mellorar a eficiencia dos procesos administrativos nos que interveña.
e) Clasificar, rexistrar e arquivar comunicacións e documentos segundo as técnicas apropiadas e os parámetros establecidos na empresa.
f) Xestionar os procesos de tramitación administrativa empresarial en relación ás áreas comercial, financeira, contable e fiscal, cunha visión integradora destas.
g) Realizar a xestión contable e fiscal da empresa, segundo os procesos e os procedementos administrativos, aplicando a normativa e en condicións de seguridade e calidade.
h) Supervisar a xestión de tesouraría, a captación de recursos financeiros e o estudo de viabilidade de proxectos de investimento, seguindo as normas e os protocolos establecidos.
i) Aplicar os procesos administrativos establecidos na selección, na contratación, na formación e no desenvolvemento dos recursos humanos, axustándose á norma tiva e á política empresarial.
j) Organizar e supervisar a xestión administrativa de persoal da empresa, axus tándose á normativa laboral vixente e aos protocolos establecidos.
k) Realizar a xestión administrativa dos procesos comerciais, levando a cabo as tarefas de documentación e as actividades de negociación con provedores, e de asesoramento e relación coa clientela.
l) Atender a clientela e as persoas usuarias no ámbito administrativo e comercial asegurando os niveis de calidade establecidos e axustándose a criterios éticos e de imaxe da empresa ou da institución.
m) Tramitar e realizar a xestión administrativa na presentación de documentos en diferentes organismos e administracións públicas, en prazo e forma requiridos.
n) Adaptarse ás novas situacións laborais, mantendo actualizados os coñecementos científicos, técnicos e tecnolóxicos relativos ao seu ámbito profesional, xes tionando a súa formación e os recursos existentes na aprendizaxe ao longo da vida e utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación.
ñ) Resolver situacións, problemas ou continxencias con iniciativa e autonomía no ámbito da súa competencia, con creatividade, innovación e espírito de mellora no traballo persoal e no dos membros do equipo.
o) Organizar e coordinar equipos de traballo con responsabilidade e supervisar o seu desenvolvemento, mantendo relacións fluídas, asumindo o liderado e achegando solucións aos conflitos grupais que se presenten.
p) Comunicarse cos seus iguais, superiores, clientela e persoas baixo a súa res ponsabilidade, utilizando vías eficaces de comunicación, transmitindo a información ou coñecementos adecuados e respectando a autonomía e a competencia das persoas que interveñen no ámbito do seu traballo.
q) Xerar ámbitos seguros no desenvolvemento do seu traballo e o do seu equipo, supervisando e aplicando os procedementos de prevención de riscos laborais e ambientais, de acordo co establecido pola normativa e os obxectivos da empresa.
r) Supervisar e aplicar procedementos de xestión de calidade e de accesibilidade e deseño universais, nas actividades profesionais incluídas nos procesos de pro dución ou prestación de servizos.
s) Realizar a xestión básica para a creación e o funcionamento dunha pequena empresa e ter iniciativa na súa actividade profesional, con sentido da responsabilidade social.
t) Exercer os seus dereitos e cumprir as obrigas derivadas da súa actividade pro fesional, de acordo co establecido na lexislación vixente, participando activamente na vida económica, social e cultural.
- Analizar e confeccionar os documentos e as comunicacións que se utilizan na empresa, identificando a súa tipoloxía e a súa finalidade, para os xestionar.
- Analizar os documentos e as comunicacións que se utilizan na empresa recoñecendo a súa estrutura, os seus elementos e as súas características, para os ela borar.
- Identificar e seleccionar as expresións de lingua inglesa propias da empresa, para elaborar documentos e comunicacións.
- Analizar as posibilidades das aplicacións e dos equipamentos informáticos en relación co seu emprego máis eficaz no tratamento da información, para elaborar documentos e comunicacións.
- Analizar a información dispoñible para detectar necesidades relacionadas coa xestión empresarial.
- Organizar as tarefas administrativas das áreas funcionais da empresa para propor liñas de actuación e mellora.
- Identificar as técnicas e os parámetros que determinan as empresas, para clasificar, rexistrar e arquivar comunicacións e documentos.
- Recoñecer a relación entre as áreas comercial, financeira, contable e fiscal,
- para xestionar os procesos de xestión empresarial de forma integrada.
- Interpretar a normativa e a metodoloxía aplicables para realizar a xestión contable e fiscal.
- Elaborar informes sobre os parámetros de viabilidade dunha empresa, recoñecer os produtos financeiros e os seus provedores, e analizar os métodos de cálculo financeiros, para supervisar a xestión de tesouraría, a captación de recursos financeiros e o estudo de viabilidade de proxectos de investimento.
- Preparar a documentación e as actuacións que se deben desenvolver, interpretando a política da empresa, para aplicar os procesos administrativos establecidos na selección, na contratación, na formación e no desenvolvemento dos recur sos humanos.
- Recoñecer a normativa legal, as técnicas asociadas e os protocolos relacionados co departamento de recursos humanos, analizando a problemática laboral e a documentación derivada, para organizar e supervisar a xestión administrativa do persoal da empresa.
- Identificar a normativa, realizar cálculos, seleccionar datos, formalizar documentos e recoñecer as técnicas e os procedementos de negociación con provedores e de asesoramento a clientes, para realizar a xestión administrativa dos procesos comerciais.
- Recoñecer as técnicas de atención á clientela e ás persoas usuarias, e adecualas a cada caso, analizando os protocolos de calidade e imaxe empresarial ou institucional, para desempeñar as actividades relacionadas.
- Identificar modelos, prazos e requisitos para tramitar e realizar a xestión administrativa na presentación de documentos en organismos e administracións públicas.
- Analizar e utilizar as oportunidades e os recursos de aprendizaxe relacionados coa evolución científica, tecnolóxica e organizativa do sector, e as tecnoloxías da información e da comunicación, para manter o espírito de actualización e adaptarse a novas situacións laborais e persoais.
- Desenvolver a creatividade e o espírito de innovación para responder aos retos que se presentan nos procesos e na organización do traballo e da vida persoal.
- Tomar decisións de xeito fundamentado, analizando as variables implicadas, integrando saberes de distinto ámbito e aceptando os riscos e a posibilidade de equivocación, para afrontar e resolver situacións, problemas ou continxencias.
- Desenvolver técnicas de liderado, motivación, supervisión e comunicación en contextos de traballo en grupo, para facilitar a organización e a coordinación de equipos de traballo.
- Aplicar estratexias e técnicas de comunicación adaptándose aos contidos que se vaian transmitir, á finalidade e ás características das persoas receptoras, para asegurar a eficacia nos procesos de comunicación.
- Avaliar situacións de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, propondo e aplicando medidas de prevención persoais e colectivas, de acordo coa normativa aplicable nos procesos de traballo, para garantir ámbitos seguros.
- Identificar e propor as accións profesionais necesarias, para dar resposta á accesibilidade e o deseño universais.
- Identificar e aplicar parámetros de calidade nas actividades e nos traballos realizados no proceso de aprendizaxe, para valorar a cultura da avaliación e da calidade e ser quen de supervisar e mellorar procedementos de xestión de calidade.
- Utilizar procedementos relacionados coa cultura emprendedora, empresarial e de iniciativa profesional, para realizar a xestión básica dunha pequena empresa ou emprender un traballo.
- Recoñecer os seus dereitos e deberes como axente activo na sociedade, tendo en conta o marco legal que regula as condicións sociais e laborais, para participar na cidadanía democrática.
Poderán traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou a través do exercicio libre dunha actividade económica, como unha asesoría financeira ou laboral, estudos de proxectos, etc.
- Administrativo/a de oficina.
- Administrativo/a comercial.
- Administrativo/a financeiro/a.
- Administrativo/a contable.
- Administrativo/a de loxística.
- Administrativo/a de banca e de seguros.
- Administrativo/a de recursos humanos.
- Administrativo/a dá Administración pública.
- Administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías.
- Técnico/a en xestión de cobramentos.
- Responsable de atención á clientela.
- Administración e Dirección de empresas
- Dereito
- Economía
- Magisterio.
- Información e Documentación
- Comercio
- Estatística
- Dirección e Xestión Pública
- Relacións laborais e Recursos Humanos
- Traballo social
- Consultoría e gstión da información
- Enxeñeiro técnico en Informática de Xestión.
- Ingeniería Informática (Especialidades de Deseño e Administración de Sistemas e Redes e de Desenvolvemento de Grandes Sistemas de Software)
Acceso e vinculación a outros estudos.
1. O título de técnico superior en administración e finanzas permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior, nas condicións de acceso que se establezan.
2. Este título permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao nas condicións de admisión que se establezan.
3. Para os efectos de facilitar o réxime de validacións entre este título e as ensi nanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS distribuídos entre os módulos profesionais deste ciclo formativo.
- Título de bacharel.
- Título de técnico especialista, de técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
- Titulación universitaria ou equivalente para efectos académicos.
- Ter superado o segundo curso de calquera modalidade de bacharelato experimental.
- Ter superado o curso de orientación universitaria (COU) ou preuniversitario (PREU).
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Ter superada a proba de acceso a ciclos formativos.
Módulos do Primeiro Curso
- Inglés (160 h). +info
- Xestión da documentación xurídica e empresarial (80 h). +info
- Recursos humanos e responsabilidade social corporativa (80 h). +info
- Ofimática e proceso da información (240 h). +info
- Proceso integral da actividade comercial (133 h). +info
- Comunicación e atención á clientela (160 h). +info
- Formación e orientación laboral (107 h). +info
Módulos do Segundo Curso
- Xestión de recursos humanos (105 h). +info
- Xestión financeira (123 h). +info
- Contabilidade e fiscalidade (157 h). +info
- Xestión loxística e comercial (105 h). +info
- Simulación empresarial (140 h). +info
- Proxecto de administración e finanzas (26 h). +info
- Formación en centros de traballo (384 h). +info
CONTACTA CONNOSCO
986 419899