Matrícula pechada
Ciclo Superior en desenvolvemento de aplicacións multiplataforma
O Ciclo Formativo de Grado Superior DAM (Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma), permitirache traballar desenvolvendo, implantando, documentando e mantendo aplicacións informáticas multiplataforma (movil, web e de escritorio) en todas as empresas do sector.
MatricúlateHorario: Mañás
Duración 2.000 horas (2 cursos académicos)
Título de Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma
Tipo: Concertado
Familia profesional: informática y comunicaciones.
INFORMACIÓN
- En que che imos a formar
- Puesto a desempeñar
- Competencias profesionais
- Obxectivos
- Saídas laborais
- Acceso a otros estudios
- Requisitos de acceso a ciclos superiores
- xestión empresarial e de negocio, relacións con clientes, educación, lecer, dispositivos móbiles e entretemento.
- aplicacións desenvolvidas e implantadas en contornos de alcance intranet, extranet e Internet.
- e implantación e adaptación de sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes.
- Desenvolver aplicacións informáticas e videojuegos para móbiles, tablets e aplicacións de escritorio de propósito xeral en distintos sistemas operativos; creación de servizos en rede en segundo plano; deseño de bases de datos e desenvolvemento de sistemas ERP para a xestión empresarial e de negocio.
- Desenvolvedor/ora de aplicacións informáticas para a xestión empresarial e de negocio.
- Desenvolvedor/ora de aplicacións de propósito xeral.
- Desenvolvedor/ora de aplicacións no ámbito do entretemento e a informática móbil.
As competencias profesionais, persoais e sociais deste título son as que se relacionan a continuación:
- Configurar e explotar sistemas informáticos, adaptando a configuración lóxica do sistema segundo as necesidades de uso e os criterios establecidos.
- Aplicar técnicas e procedementos relacionados coa seguridade en sistemas, servizos e aplicacións, conforme o plan de seguridade.
- Xestionar bases de datos, interpretando o seu deseño lóxico, e verificar a integridade, a consistencia, a seguridade e a accesibilidade dos datos.
- Xestionar contornos de desenvolvemento adaptando a súa configuración en cada caso para permitir o desenvolvemento e o despregamento de aplicacións.
- Desenvolver aplicacións multiplataforma con acceso a bases de datos utili zando linguaxes, librarías e ferramentas adecuadas ás especificacións.
- Desenvolver aplicacións pondo en práctica un sistema completo de formularios e informes que permitan xestionar de xeito integral a información almacenada.
- Integrar contidos gráficos e compoñentes multimedia en aplicacións multiplataforma, empregando ferramentas específicas e cumprindo os requisitos estableci dos.
- Desenvolver interfaces gráficas de usuario interactivas e coa usabilidade adecuada, empregando compoñentes visuais estándar ou executando compoñentes visuais específicos.
- Participar no desenvolvemento de xogos e aplicacións no ámbito do entretemento e a educación empregando técnicas, motores e contornos de desenvolve mento específicos.
- Desenvolver aplicacións para teléfonos, PDA e outros dispositivos móbiles empregando técnicas e contornos de desenvolvemento específicos.
- Crear axudas xerais e sensibles ao contexto, empregando ferramentas específicas e integrándoas nas súas correspondentes aplicacións.
- Crear titoriais e manuais de usuario, de instalación, de configuración e de administración, empregando ferramentas específicas.
- Empaquetar aplicacións para a súa distribución en paquetes autoinstalables con asistentes incorporados.
- Desenvolver aplicacións multiproceso e multifío empregando librarías e técnicas de programación específicas.
- Desenvolver aplicacións capaces de ofrecer servizos en rede empregando mecanismos de comunicación.
- Participar na implantación de sistemas ERPCRM avaliando a utilidade de cada un dos seus módulos.
- Xestionar a información almacenada en sistemas ERPCRM, de xeito que se garanta a súa integridade.
- Desenvolver compoñentes personalizados para un sistema ERPCRM aten dendo aos requisitos.
- Realizar plans de probas e verificar o funcionamento dos compoñentes de software desenvolvidos, segundo as especificacións.
- Despregar e distribuír aplicacións en distintos ámbitos de implantación, así como verificar o seu comportamento e realizar as modificacións necesarias.
- Establecer vías eficaces de relación profesional e comunicación cos superiores, os compañeiros e as compañeiras, e o persoal subordinado, respectando a autonomía e as competencias de cada persoa.
- Liderar situacións colectivas que se poidan producir, mediando en conflitos persoais e laborais, contribuíndo ao establecemento dun ambiente de traballo agradable, e actuando en todo momento de forma respectuosa e tolerante.
- Xestionar a propia carreira profesional, analizando as oportunidades de emprego, de autoemprego e de aprendizaxe.
- Manter o espírito de innovación e de actualización no ámbito do traballo propio, para se adaptar aos cambios tecnolóxicos e organizativos do seu ámbito pro fesional.
- Crear e xestionar unha pequena empresa, realizando un estudo de viabilidade de produtos, de planificación da produción e de comercialización.
- Participar activamente na vida económica, social e cultural, cunha actitude crítica e responsable.
Os obxectivos xerais deste ciclo formativo son os seguintes:
- Axustar a configuración lóxica do sistema analizando as necesidades e os criterios establecidos, para configurar e explotar sistemas informáticos.
- Identificar as necesidades de seguridade analizando vulnerabilidades e verificando o plan preestablecido, para aplicar técnicas e procedementos relacionados coa seguridade no sistema.
- Interpretar o deseño lóxico de bases de datos, analizando e cumprindo as es pecificacións relativas á súa aplicación, para xestionar bases de datos.
- Instalar e configurar módulos e complementos, e avaliar a súa funcionalidade, para xestionar contornos de desenvolvemento.
- Seleccionar e empregar linguaxes, ferramentas e librarías, e interpretar as especificacións para desenvolver aplicacións multiplataforma con acceso a bases de datos.
- Xestionar a información almacenada, planificando e pondo en práctica sistemas de formularios e informes para desenvolver aplicacións de xestión.
- Seleccionar e utilizar ferramentas específicas, linguaxes e librarías, e avaliar as súas posibilidades, seguindo un manual de estilo, para manipular e integrar en aplicacións multiplataforma contidos gráficos e compoñentes multimedia.
- Empregar ferramentas de desenvolvemento, linguaxes e compoñentes vi suais, conforme as especificacións, e verificar a interactividade e a usabilidade, para desenvolver interfaces gráficas de usuario en aplicacións multiplataforma.
- Seleccionar e empregar técnicas, motores e contornos de desenvolvemento, e avaliar as súas posibilidades, para participar no desenvolvemento de xogos e apli cacións no ámbito do entretemento.
- Seleccionar e empregar técnicas, linguaxes e contornos de desenvolvemento, e avaliar as súas posibilidades, para desenvolver aplicacións en teléfonos, PDA e outros dispositivos móbiles.
- Valorar e empregar ferramentas específicas, atendendo á estrutura dos contidos, para crear axudas xerais e sensibles ao contexto.
- Valorar e empregar ferramentas específicas atendendo á estrutura dos contidos, para crear titoriais, manuais de usuario e outros documentos asociados a unha aplicación.
- Seleccionar e empregar técnicas e ferramentas, e avaliar a utilidade dos asistentes de instalación xerados, para empaquetar aplicacións.
- Analizar e aplicar técnicas e librarías específicas, simulando diferentes escenarios, para desenvolver aplicacións capaces de ofrecer servizos en rede.
- Analizar e aplicar técnicas e librarías de programación, e avaliar a súa funcionalidade, para desenvolver aplicacións multiproceso e multifío.
- Recoñecer a estrutura dos sistemas ERPCRM, e identificar a utilidade de cada un dos seus módulos, para participar na súa implantación.
- Realizar consultas, e analizar e avaliar o seu alcance, para xestionar a información almacenada en sistemas ERPCRM.
- Seleccionar e empregar linguaxes e ferramentas, conforme os requisitos, para desenvolver compoñentes personalizados en sistemas ERPCRM.
- Verificar os compoñentes de software desenvolvidos, analizando as especificacións, para completar un plan de probas.
- Establecer procedementos, e verificar a súa funcionalidade, para despregar e distribuír aplicacións.
- Describir os papeis de cada compoñente do grupo de traballo, e identificar en cada caso a responsabilidade asociada, para establecer as relacións profesionais máis convenientes.
- Identificar formas de intervención ante conflitos de tipo persoal e laboral, tendo en conta as decisións máis convenientes, para garantir un ámbito de traballo satisfactorio.
- Identificar e valorar as oportunidades de promoción profesional e de aprendizaxe, analizando o contexto do sector, para elixir o itinerario laboral e formativo máis conveniente.
- Identificar os cambios tecnolóxicos, organizativos, económicos e laborais na súa actividade, e analizar as súas implicacións no ámbito do traballo, para manter o espírito de innovación.
- Recoñecer as oportunidades de negocio, identificando e analizando demandas do mercado, para crear e xestionar unha pequena empresa.
- Recoñecer os dereitos e os deberes como axente activo na sociedade, analizando o marco legal que regula as condicións sociais e laborais, para participar na cidadanía democrática.
- Analizar e valorar a participación, o respecto, a tolerancia e a igualdade de oportunidades, para facer efectivo o principio de igualdade entre mulleres e homes.
En calquera tipo de empresa, independientemente do seu tamaño e do sector de actividade, tanto públicas como persoais, tanto por conta allea como por conta propia, e desempeñan o seu traballo no área de desenvolvemento de aplicacións informáticas multiplataforma en diversos ámbitos: desenvolvemento de aplicación de escritorio a medida; creación de apps móbiles e videojuegos; aplicacións desenvolvidas e implantadas en contornos de alcance intranet, extranet e Internet; e implantación e adaptación de sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes.
De forma particular, a colocación en postos de traballo afines dos nosos alumnos dos últimos anos supera o 80%
- Título de bacharel.
- Título de técnico especialista, de técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
- Titulación universitaria ou equivalente para efectos académicos.
- Ter superado o segundo curso de calquera modalidade de bacharelato experimental.
- Ter superado o curso de orientación universitaria (COU) ou preuniversitario (PREU).
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Ter superada a proba de acceso a ciclos formativos.
Módulos do Segundo Curso
- Acceso a datos (157 h). +info
- Desenvolvemento de interfaces (140 h). +info
- Programación multimedia e dispositivos móbiles (123 h). +info
- Programación de servizos e procesos (70 h). +info
- Sistemas de xestión empresarial (87 h). +info
- Empresa e iniciativa emprendedora (53 h). +info
- Proxecto de desenvolv. de aplicacións multiplataforma (26 h). +info
- Formación en centros de traballo (384 h). +info
CONTACTA CONNOSCO
986 419899