_ Equivalencia en créditos ECTS: 8.
_ Código: MP0656.
_ Duración: 140 horas.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
_ RA1. Determina os factores da innovación empresarial en relación coa actividade de creación de empresas.
- CA1.1. Examináronse as facetas da innovación empresarial (técnicas, materiais, de organización interna e externa, etc.), relacionándoas como fontes de desenvolvemen to económico e creación de emprego.
- CA1.2. Relacionáronse a innovación e a iniciativa emprendedora coas implicacións que ten para a competitividade empresarial.
- CA1.3. Valoráronse os aspectos inherentes á asunción de risco empresarial como motor económico e social.
- CA1.4. Determináronse as facetas do carácter emprendedor desde o punto de vista empresarial.
- CA1.5. Seleccionáronse experiencias de innovación empresarial describindo e valo rando os factores de risco asumidos en cada unha.
- CA1.6. Propuxéronse posibilidades de internacionalización dalgunhas empresas co mo factor de innovación destas.
- CA1.7. Definíronse axudas e ferramentas públicas e privadas para a innovación, a creación e a internacionalización de empresas, relacionándoas estruturadamente nun informe.
_ RA2. Selecciona unha idea de negocio analizando o mercado.
- CA2.1. Avaliáronse as implicacións que leva consigo a elección dunha idea de nego cio.
- CA2.2. Diferenciouse entre o que pode ser unha simple idea e unha idea de negocio factible.
- CA2.3. Sinaláronse as vantaxes e os inconvenientes das propostas de negocio.
- CA2.4. Determinouse o produto ou servizo que se queira proporcionar coa idea de negocio.
- CA2.5. Concretáronse as necesidades que satisfai e o valor engadido da idea de ne gocio proposta.
- CA2.6. Identificouse a clientela potencial atendendo aos obxectivos do proxecto de empresa.
- CA2.7. Efectuouse unha análise de mercado para comprobar se existe un nicho nel.
- CA2.8. Efectuouse unha análise da competencia para situar o produto.
_ RA3. Determina a organización interna da empresa, a forma xurídica e os recursos ne cesarios, para o que analiza as alternativas dispoñibles e os obxectivos marcados co proxecto.
- CA3.1. Identificáronse as principais características do sector empresarial en que se desenvolva a idea de negocio.
- CA3.2. Recoñecéronse os tipos de empresas existentes.
- CA3.3. Establecéronse claramente os obxectivos da empresa.
- CA3.4. Relacionouse a organización establecida pola empresa co seu tipo e cos seus fins.
- CA3.5. Identificáronse as funcións dentro da empresa
- CA3.6. Seleccionouse a forma xurídica adecuada.
- CA3.7. Efectuouse unha asignación eficiente dos recursos necesarios.
- CA3.8. Recoñecéronse e seleccionáronse as posibles fontes de financiamento.
- CA3.9. Valorouse a importancia de dotar a empresa da estrutura adecuada para o seu mantemento.
_ RA4. Comproba a viabilidade da empresa mediante diversos tipos de análise, tendo en conta os factores que poidan influír nela.
- CA4.1. Efectuouse un estudo da viabilidade técnica do negocio.
- CA4.2. Contrastouse o cumprimento da normativa legal do futuro negocio.
- CA4.3. Comprobouse a accesibilidade das fontes de financiamento para a posta en marcha do negocio.
- CA4.4. Efectuouse unha análise sobre a capacitación profesional para levar a cabo as actividades derivadas do tipo de negocio elixido.
- CA4.5. Realizouse unha análise do impacto ambiental de proxecto de empresa.
- CA4.6. Realizouse unha análise dos riscos laborais de proxecto de empresa.
- CA4.7. Comprobouse a viabilidade económica por medio da análise de proxectos de investimento.
- CA4.8. Elaborouse un plan de viabilidade a longo prazo para poder efectuar unha mellor planificación na empresa.
_ RA5. Xestiona a documentación necesaria para a posta en marcha dunha empresa, ana lizando os trámites legais e as actuacións necesarias que levan consigo a realización do proxecto empresarial.
- CA5.1. Recoñeceuse a esixencia da realización de trámites legais esixibles antes da posta en marcha dun negocio.
- CA5.2. Diferenciáronse os trámites que se seguirían en función de forma xurídica que se elixa.
- CA5.3. Identificáronse os organismos ante os que cumpra presentar os trámites.
- CA5.4. Cubriuse a documentación necesaria para a constitución da empresa.
- CA5.5. Realizáronse os trámites fiscais para a posta en marcha.
- CA5.6. Realizáronse os trámites necesarios ante a autoridade laboral e a Seguridade Social
- CA5.7. Realizáronse os trámites necesarios que cumpra realizar noutras administra cións públicas á hora de abrir un negocio.
- CA5.8. Recoñeceuse a existencia de trámites de carácter específico para determina dos tipos de negocios.
- CA5.9. Valorouse a importancia do cumprimento dos prazos legais para a tramita ción e a posta en marcha dun negocio.
_ RA6. Realiza a xestión da empresa proxecto nos seus diversos departamentos.
- CA6.1. Efectuouse unha planificación sobre as necesidades de aprovisionamento da empresa.
- CA6.2. Xestionouse o proceso de comercialización dos produtos da empresa.
- CA6.3. Xestionáronse os recursos humanos.
- CA6.4. Confeccionouse e verificouse a contabilidade da empresa.
- CA6.5. Planificáronse as necesidades financeiras da empresa.
- CA6.6. Analizouse a normativa fiscal e cumpríronse as obrigas fiscais.
- CA6.7. Valorouse a organización da propia tarefa.
- CA6.8. Realizouse o traballo entre os membros do grupo.
- CA6.9. Realizouse cada tarefa con rigor e corrección para obter un resultado global satisfactorio.
- CA6.10. Materializouse nun expediente o proxecto empresarial e expúxose ao públi co.
Contidos básicos
BC1. Factores da innovación empresarial
_ Proceso innovador na actividade empresarial.
_ Factores de risco na innovación empresarial: facetas da persoa emprendedora.
_ Tecnoloxía como clave da innovación empresarial.
_ Internacionalización das empresas como oportunidade de desenvolvemento e innova ción.
_ Axudas e ferramentas para a innovación empresarial.
BC2. Selección da idea de negocio
_ A persoa promotora e a idea.
_ Selección de ideas de negocio.
_ Plan de empresa.
_ Análise de mercados.
_ Actividade empresarial.
_ Competencia.
BC3. Organización interna da empresa, forma xurídica e recursos
_ Empresario ou empresaria.
_ Empresa: clasificación, forma xurídica, obxectivos, organización funcional e responsa bilidade social.
_ Asignación de recursos.
BC4. Viabilidade da empresa
_ Investimento na empresa.
_ Fontes de financiamento
_ Plan de viabilidade.
_ Análise económicofinanceira de proxectos de empresa.
BC5. Xestión da documentación de posta en marcha dun negocio
_ Trámites xerais para os diversos tipos de empresa.
_ Tramites específicos. Negocios particulares.
_ Autorizacións, instalación ou constitución.
_ Inscricións en rexistros.
_ Carnés profesionais.
BC6. Xestión do proxecto empresarial
_ Plan de aprovisionamento.
_ Xestión comercial, de márketing e de recursos humanos na empresa.
_ Xestión da contabilidade como toma de decisións, das necesidades de investimento e financiamento, e das obrigas fiscais.
_ Equipos e grupos de traballo. Traballo en equipo: toma de decisións. Confección e de seño dos equipos dentro da empresa creada.
_ Expediente do proxecto: elaboración e selección do destinatario.
_ Exposición pública do proxecto: técnicas de captación da atención. Destrezas comuni cativas.
_ Uso de ferramentas informáticas na elaboración e na exposición do proxecto empresa rial.
Orientacións pedagóxicas
Este módulo profesional contén a formación necesaria para confeccionar un proxecto de empresa e efectuar a súa xestión, de xeito integrado e nun contexto real de traballo a través dun contorno virtual pedagóxico. Neste módulo, o alumnado pon en práctica todos os co ñecementos, os procedementos e as aptitudes que adquiriu ao longo do seu proceso de aprendizaxe, e procede a crear e a xestionar unha empresa, coa súa diversidade de ámbitos funcionais.
Esta función abrangue aspectos como:
- Deseño, elaboración e presentación do plan de empresa.
- Xestións do aprovisionamento.
- Xestión e determinación das necesidades do factor humano na empresa.
- Execución e interpretación da contabilidade da empresa.
- Cumprimento da fiscalidade das empresas.
- Determinación das necesidades de investimento e financiamento da empresa.
- Atención á clientela.
- Venda e márketing.
- Traballo en equipo.
- Coordinación das tarefas e dos departamentos.
As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse na xestión dunha pequena ou mediana empresa de calquera sector de actividade.
A formación do módulo contribúe a alcanzar todos os obxectivos xerais do ciclo forma tivo e todas as competencias.
As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo han versar sobre:
- Manexo e análise de experiencias empresariais en contornos reais ou virtuais, desta cando a iniciativa emprendedora que subxace.
- Elección do proxecto de empresa para levar á práctica, logo de explicado como se es trutura un plan de empresas.
- División do grupo de alumnado en departamentos dunha empresa, onde leven a cabo as tarefas propias dese departamento, realizando a xestión propia do departamento, actuando tanto desde o punto de vista de persoal empregado como desde o de propie tario ou propietaria.
- Utilización dos mesmos documentos e das mesmas canles de comunicación que as empresas utilizan na realidade.
- Traballo cooperativo, onde todo o alumnado realice funcións en todos os departa mentos, mediante un sistema de rotación de postos de traballo.
- Utilización dun sistema informático en rede que posibilite a realización de xestións cos organismos públicos e entidades externas, en escenarios o máis parecidos posible a situacións reais.
- Utilización dun sistema informático en rede que posibilite a comunicación e as rela cións comerciais con outras empresas de aula.