Centro de formación profesional

La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
La imagen no esta disponible
Arrow
Arrow
Arrow
Arrow
Slider

MP0648 Módulo profesional: Recursos humanos e responsabilidade social corporativa

_ Equivalencia en créditos ECTS: 6.

_ Código: MP0648.

_ Duración: 80 horas.

 

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Caracteriza a empresa como unha comunidade de persoas, distinguindo as impli cacións éticas do seu comportamento con respecto aos implicados nesta.

- CA1.1. Determináronse as actividades realizadas na empresa, as persoas implicadas e a súa responsabilidade nelas.

- CA1.2. Identificáronse claramente as variables éticas e culturais das organizacións.

- CA1.3. Avaliáronse as implicacións entre competitividade empresarial e comporta mento ético.

- CA1.4. Definíronse estilos éticos de adaptación aos cambios empresariais, á globali zación e á cultura social presente.

- CA1.5. Seleccionáronse indicadores para o diagnóstico das relacións das empresas e os interesados ("stakeholders").

- CA1.6. Determináronse elementos de mellora das comunicacións das organizacións externas e internas que promovan a transparencia, a cooperación e a confianza.

_ RA2. Contrasta a aplicación dos principios de responsabilidade social corporativa nas políticas de desenvolvemento dos recursos humanos das empresas, valorando a súa adecuación ás boas prácticas validadas internacionalmente.

- CA2.1. Definiuse o concepto de responsabilidade social corporativa (RSC).

- CA2.2. Analizáronse as políticas de recursos humanos canto a motivación, mellora continua, promoción e recompensa, entre outros factores.

- CA2.3. Analizáronse as recomendacións e a normativa europea e española de orga nizacións intergobernamentais con respecto á RSC e ao desenvolvemento dos recur sos humanos.

- CA2.4. Describíronse as boas prácticas e iniciativas canto a códigos de conduta rela cionados cos dereitos dos/as traballadores/as.

- CA2.5. Programáronse puntos de control para o contraste do cumprimento das polí ticas de RSC e códigos de conduta na xestión dos recursos humanos.

_ RA3. Coordina os fluxos de información do departamento de recursos humanos a tra vés da organización, aplicando habilidades persoais e sociais en procesos de xestión de recursos humanos.

- CA3.1. Describíronse as funcións que cumpra desenvolver na área da empresa que se encarga da xestión de recursos humanos.

- CA3.2. Caracterizáronse habilidades de comunicación efectiva nos papeis laborais.

- CA3.3. Establecéronse as canles de comunicación interna entre os departamentos da empresa, así como entre o persoal e os departamentos.

- CA3.4. Analizouse a información que proporcionan os sistemas de control de perso al para a mellora da xestión da empresa.

- CA3.5. Mantívose actualizada a información precisa para o desenvolvemento das funcións do departamento de recursos humanos.

- CA3.6. Estableceuse o xeito de organizar e conservar a documentación do departa mento de recursos humanos en soporte convencional e informático.

- CA3.7. Utilizouse un sistema informático para o almacenamento e o tratamento da información na xestión dos recursos humanos.

- CA3.8. Valorouse a importancia da aplicación de criterios de seguridade, confiden cialidade, integridade e accesibilidade na tramitación da información derivada da administración de recursos humanos.

_ RA4. Aplica os procedementos administrativos relativos á selección de recursos huma nos, elixindo os métodos e os instrumentos máis adecuados á política de cada organiza ción.

- CA4.1. Identificáronse os organismos e as empresas salientables no mercado laboral dedicados á selección e a formación de recursos humanos.

- CA4.2. Estableceuse a secuencia das fases dun proceso de selección de persoal e as súas características fundamentais.

- CA4.3. Identificouse a información que se xera en cada fase dun proceso de selec ción de persoal.

- CA4.4. Valorouse a importancia do recoñecemento do concepto de perfil do posto de traballo para seleccionar os currículos.

- CA4.5. Establecéronse as características dos métodos e os instrumentos de selección de persoal máis utilizados en función do perfil do posto de traballo.

- CA4.6. Elaborouse a documentación necesaria para levar a cabo o proceso de selec ción.

- CA4.7. Establecéronse as vías de comunicación orais e escritas coas persoas que in terveñen no proceso de selección.

- CA4.8. Rexistrouse e arquivouse a información e a documentación salientable do proceso de selección.

_ RA5. Xestiona os procedementos administrativos relativos á formación, a promoción e o desenvolvemento de recursos humanos, designando os métodos e os instrumentos máis adecuados.

- CA5.1. Planificáronse as fases dos procesos de formación e promoción de persoal.

- CA5.2. Establecéronse as características dos métodos e os instrumentos dos proce sos de formación.

- CA5.3. Identificouse a información que se xera en cada fase dos procesos de forma ción e promoción de persoal.

- CA5.4. Elaborouse a documentación necesaria para efectuar os procesos de forma ción e promoción de persoal.

- CA5.5. Establecéronse os métodos de valoración do traballo e de incentivos.

- CA5.6. Reuniuse información sobre as necesidades formativas da empresa.

- CA5.7. Detectáronse as necesidades de recursos materiais e humanos no proceso de formación.

- CA5.8. Establecéronse as vías de comunicación orais e escritas coas persoas que in terveñen nos procesos de formación e promoción.

- CA5.9. Rexistrouse e arquivouse a información e a documentación salientable dos procesos de formación e promoción de persoal.

- CA5.10. Aplicáronse os procedementos administrativos de seguimento e avaliación da formación.

 

Contidos básicos

 

BC1. Características da empresa como comunidade de persoas

_ Ética e empresa: empresa como comunidade e suxeito moral.

_ Personificación das tarefas: comportamentos e actitudes.

_ Comunidade de implicados/as ("stakeholders"): directivos/as, empregados/as, accionis tas, clientela e persoas usuarias.

_ Ética empresarial, competitividade e globalización.

_ Valores empresariais e sociais en vigor. Adecuación de comportamentos. Imaxe e co municación de comportamentos éticos.

 

BC2. Aplicación dos principios de responsabilidade social corporativa (RSC)

_ RSC: recomendacións e normativa europea e doutros organismos intergobernamentais (OIT, etc.).

_ Políticas de recursos humanos e RSC.

_ Códigos de conduta e boas prácticas.

 

BC3. Coordinación dos fluxos de información do departamento de recursos humanos a través da organización

_ Recursos humanos na empresa: organización formal e informal.

_ Departamento de recursos humanos: modelos de xestión de recursos humanos.

_ Comunicación no departamento de recursos humanos.

_ Actualización da información: procedementos.

_ Sistemas de control de persoal.

_ Rexistro e arquivamento de información e de documentación.

_ Aplicación da lei de protección de datos.

 

BC4. Aplicación dos procedementos administrativos relativos á selección de recursos humanos

_ Organismos e empresas de selección e formación de recursos humanos.

_ Planificación dos recursos humanos.

_ Determinación do perfil profesional.

_ Sistemas de selección de persoal.

_ Elaboración da oferta de emprego.

_ Recepción de candidaturas.

_ Desenvolvemento das probas de selección.

_ Elección da persoa candidata.

_ Información ao novo persoal sobre a documentación deba achegar.

_ Rexistro e arquivamento da información e documentación.

 

BC5. Xestión dos procedementos administrativos relativos á formación e a promoción de persoal

_ Formación na empresa: detección das necesidades.

_ Plan de formación: recursos materiais e humanos.

_ Avaliación do plan: orzamento.

_ Métodos do desenvolvemento profesional.

_ Xestión e organización da formación: procedementos administrativos.

_ Programas de formación das administracións públicas.

_ Programas de avaliación do desempeño do posto de traballo.

_ Sistemas de promoción e incentivos.

_ Rexistro e arquivamento da información e da documentación.

_ Seguimento e avaliación da formación.

 

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de reali zar as tarefas administrativas nos procesos de selección, formación e promoción do perso al, así como coordinar os fluxos de información que se xeren, contribuíndo ao desenvol vemento dunha adecuada xestión dos recursos humanos, con aplicación dos principios de ética e responsabilidade social e corporativa propios das organizacións.

A función de realizar tarefas administrativas nos procesos de selección, formación e promoción do persoal abrangue aspectos como:

- Control da normativa que regula os dereitos e as obrigas de traballadores/as e em presarios/as.

- Coordinación dos fluxos de información que se xeran na empresa en materia de xes tión de persoal e das relacións laborais.

- Xestión administrativa dos procesos de selección, formación e promoción do perso al.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse na xestión dos procesos de selección, formación e promoción do persoal dunha organización de calquera sector pro dutivo, necesarios para unha adecuada xestión dos recursos humanos.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais i) e p) do ciclo for mativo, e as competencias i) e q).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo han versar sobre:

- Interpretación da normativa laboral.

- Descrición de dereitos e deberes laborais e sindicais básicos dos/as empresarios/as e dos/as traballadores/as.

- Identificación das xestións administrativas relativas á xestión da seguridade e saúde laboral, aplicando a normativa.

- Comunicacións orais e escritas entre os departamentos da empresa, así como entre o persoal e os departamentos.

- Sistemas de control de persoal que se aplican nunha organización.

- Xestións administrativas que se xeran nos procesos de selección, formación e pro moción de persoal.

- Rexistro e arquivamento da información e da documentación que se xera no depar tamento de recursos humanos.

- Utilización das ferramentas informáticas no tratamento da información na xestión dos recursos humanos.