Matrícula pechada

Ciclo Medio Xestión Administrativa

La competencia general de este título consiste en actividades de soporte administrativo en el ámbito laboral, contable, comercial, financiero y fiscal, así como de atención al cliente/usuario, tanto en empresas públicas como privadas, aplicando la normativa vigente en protocolos de calidad, asegurando así la satisfacción del cliente y actuando según las normas de prevención de riesgos laborales y de protección ambiental.

Matricúlate
Horario: Mañanas
Duración 2.000 horas (2 cursos académicos)
Título: Técnico en Xestión Administrativa
Tipo: Concertado
Familia profesional: administración e xestión.

INFORMACIÓN

A competencia xeral deste título consiste en realizar actividades de apoio admi nistrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal, así como de atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas tanto públicas como pri vadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

1. Este profesional exerce a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade e nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle aten ción á clientela e á cidadanía.

2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Auxiliar administrativo/a.
- Axudante de oficina.
- Auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos
- Administrativo/a comercial.
- Auxiliar administrativo/a de xestión de persoal
- Auxiliar administrativo/a das administracións públicas.
- Recepcionista.
- Empregado/a de atención á clientela.
- Empregado/a de tesouraría.
- Empregado/a de medios de pagamento.

As competencias profesionais, persoais e sociais deste título son as que se rela cionan a seguir:

a) Tramitar documentos e comunicacións internas ou externas nos circuítos de información da empresa.
b) Elaborar documentos e comunicacións a partir de ordes recibidas ou de in formación obtida.
c) Clasificar, rexistrar e arquivar comunicacións e documentos segundo as técni cas apropiadas e os parámetros establecidos na empresa.
d) Rexistrar contablemente a documentación soporte correspondente á operativa da empresa, en condicións de seguridade e calidade.
e) Realizar xestións administrativas de tesouraría, seguindo as normas e os pro tocolos establecidos pola xerencia, co fin de manter a liquidez da organización.
f) Efectuar as xestións administrativas das áreas de selección e formación dos recursos humanos da empresa, axustándose á normativa e á política empresarial, baixo a supervisión da persoa responsable do departamento.
g) Prestar apoio administrativo na área de xestión laboral da empresa, axustán dose á normativa e baixo a supervisión da persoa responsable do departamento.
h) Realizar as xestións administrativas da actividade comercial e rexistrar a do cumentación de soporte correspondente a determinadas obrigas fiscais derivadas.
i) Desempeñar as actividades de atención á clientela ou ás persoas usuarias no ámbito administrativo e comercial, asegurando os niveis de calidade establecidos e relacionados coa imaxe da empresa ou da institución.
j) Aplicar os protocolos de seguridade laboral e ambiental, de hixiene e de cali dade durante todo o proceso produtivo, para evitar danos nas persoas e no medio.
k) Cumprir os obxectivos da produción, actuando conforme os principios de res ponsabilidade e mantendo unhas relacións profesionais axeitadas cos membros do equipo de traballo.
l) Resolver problemas e tomar decisións individuais seguindo as normas e os procedementos establecidos, definidos dentro do ámbito da súa competencia.
m) Manter o espírito de innovación, de mellora dos procesos de produción e de actualización de coñecementos no ámbito do seu traballo.
n) Exercer os dereitos e cumprir as obrigas derivadas das relacións laborais, de acordo co establecido na lexislación.
ñ) Detectar e analizar oportunidades de emprego e autoemprego desenvolvendo unha cultura emprendedora e adaptándose a diferentes postos de traballo e a no vas situacións.
o) Participar de xeito activo na vida económica, social e cultural, cunha actitude crítica e responsable.
p) Participar nas actividades da empresa con respecto e con actitude de toleran cia.
q) Adaptarse a diferentes postos de traballo e a novas situacións laborais orixi nadas por cambios tecnolóxicos e organizativos nos procesos produtivos.
r) Participar no traballo en equipo respectando a xerarquía definida na organiza ción.

Os obxectivos xerais deste ciclo formativo son os seguintes:

a) Analizar o fluxo de información, así como a tipoloxía e a finalidade dos docu mentos e das comunicacións que se utilizan na empresa, para a súa tramitación.
b) Analizar os documentos e as comunicacións que se utilizan na empresa, e re coñecer a súa estrutura, os seus elementos e as súas características, para a súa elaboración.
c) Identificar e seleccionar as expresións en lingua inglesa propias da empresa, para elaborar documentos e comunicacións.
d) Analizar as posibilidades das aplicacións e dos equipamentos informáticos en relación coa eficacia do seu emprego no tratamento da información, para elaborar documentos e comunicacións.
e) Realizar documentos e comunicacións no formato característico e coas condi cións de calidade correspondentes, aplicando as técnicas de tratamento da infor mación.
f) Analizar e elixir as técnicas e os sistemas de preservación de comunicacións e documentos adecuados a cada caso, e aplicalos de xeito manual e informático pa ra a súa clasificación, o seu rexistro e o seu arquivo.
g) Interpretar a normativa e a metodoloxía contable, analizando a problemática contable que poida darse nunha empresa, así como a documentación asociada para o seu rexistro.
h) Introducir asentamentos contables manualmente e en aplicacións informáticas específicas, consonte a normativa, para rexistrar contablemente a documentación.
i) Comparar e avaliar os elementos que interveñen na xestión da tesouraría, os produtos e os servizos financeiros básicos, e os documentos relacionados con eles, comprobando as necesidades de liquidez e de financiamento da empresa pa ra realizar as xestións administrativas relacionadas.
j) Efectuar cálculos básicos de produtos e servizos financeiros, empregando principios de matemática financeira elemental, para realizar as xestións administra tivas de tesouraría.
k) Recoñecer a normativa legal aplicable, as técnicas de xestión asociadas e as funcións do departamento de recursos humanos, e analizar a problemática laboral que poida darse nunha empresa e a documentación relacionada para realizar a xestión administrativa dos recursos humanos.
l) Identificar e preparar a documentación salientable e as actuacións que cumpra desenvolver, interpretando a política da empresa, para efectuar as xestións admi nistrativas das áreas de selección e formación dos recursos humanos.
m) Formalizar documentación e preparar informes consultando a normativa e as vías de acceso á Administración pública (internet, oficinas de atención ao público, etc.) e empregando, de ser o caso, aplicacións informáticas específicas, para pres tar apoio administrativo na área de xestión laboral da empresa.
n) Seleccionar datos e formalizar documentos derivados da área comercial, in terpretando normas mercantís e fiscais, para realizar as xestións administrativas correspondentes.
ñ) Transmitir comunicacións de xeito oral, telemático ou escrito, adecuadas a cada caso e analizando os protocolos de calidade e imaxe empresarial ou institu cional, para desempeñar as actividades de atención á clientela ou ás persoas usuarias.
o) Identificar as normas de calidade e de seguridade, así como as de prevención de riscos laborais e ambientais, e recoñecer os factores de risco e os parámetros de calidade, para aplicar os protocolos correspondentes no desenvolvemento do traballo.
p) Recoñecer as principais aplicacións informáticas de xestión para o seu uso habitual no desempeño da actividade administrativa.
q) Valorar as actividades de traballo nun proceso produtivo, e identificar a súa achega ao proceso global para conseguir os obxectivos da produción.
r) Valorar a diversidade de opinións como fonte de enriquecemento, recoñecen do outras prácticas, ideas ou crenzas, para resolver problemas e tomar decisións.
s) Recoñecer e identificar posibilidades de mellora profesional, reunindo infor mación e adquirindo coñecementos para a innovación e a actualización no ámbito do seu traballo.
t) Recoñecer os dereitos e os deberes como axente activo na sociedade, anali zando o marco legal que regula as condicións sociais e laborais, para participar na cidadanía democrática.
u) Recoñecer e identificar as posibilidades de negocio, analizando o mercado e estudando a viabilidade empresarial para a xeración do seu propio emprego.
v) Analizar e valorar a participación, o respecto, a tolerancia e a igualdade de
oportunidades, para facer efectivo o principio de igualdade entre homes e mulleres.

1. A organización da actividade produtiva das empresas e do traballo exíxelle ac tualmente ao persoal profesional da xestión administrativa unha grande polivalen cia, así como unha serie de competencias persoais e sociais relacionadas co tra ballo en equipo, coa autonomía e a iniciativa na toma de decisións, co desenvol vemento de tarefas e coa vocación de atención ao público.
2. As maiores vías de demanda de emprego son o incremento continuado do sector de servizos en España fronte á industria e a agricultura, así como a externa lización de certas tarefas que realizan algunhas empresas. Desde a primeira liña, increméntase o número total de profesionais da área administrativa, tanto pola im plantación de novas empresas de todos os sectores económicos como polo de senvolvemento das xa existentes. Desde o punto de vista da externalización, cada vez máis compañías deciden subcontratar a súa xestión administrativa ou parte dela a empresas especializadas, o que, loxicamente, implica o crecemento e a pro liferación de empresas dedicadas en exclusiva a prestar servizos administrativos a outras (xestorías, asesorías, consultoras, centros de servizos, etc.).
3. O cambio constante na lexislación, nos tipos de documentos e na integración dos procedementos administrativos utilizados pola empresa demanda destas per soas unha actualización continua e actitudes favorables cara á aprendizaxe ao longo de toda a vida, a autoformación e a responsabilidade.
4. A crecente competitividade no mundo empresarial require, así mesmo, profe sionais capaces de desenvolveren a súa actividade nun ambiente de xestión de calidade, respectando a normativa ambiental e de seguridade laboral.
5. Por último, en relación co anterior e coa imparable tendencia á globalización das relacións económicas, o emprego do inglés como lingua de intercambio inter nacional é imprescindible e, xa que logo, convértese nun factor máis de exixencia para o persoal profesional da área administrativa, debido á permanente xestión de documentos e de comunicacións.

1. O título de técnico en xestión administrativa permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao medio, nas condicións de acceso que se establezan.
2. Este título permitirá acceder mediante proba, con dezaoito anos cumpridos, e sen prexuízo da correspondente exención, a todos os ciclos formativos de grao su perior da mesma familia profesional e a outros ciclos formativos en que coincida a modalidade de bacharelato que facilite a conexión cos ciclos solicitados.
3. Este título permitirá o acceso a calquera das modalidades de bacharelato, de acordo co disposto no artigo 44.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educa ción, e no artigo 16.3 do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro.

Para poder cursar estudos de ciclos formativos de grao medio, o alumnado debe cumprir algún dos requisitos seguintes:

  • Posuír o título de graduado en educación secundaria.
  • Posuír o título de técnico dun ciclo formativo de grao medio de formación profesional.
  • Posuír o título de técnico auxiliar.
  • Posuír unha titulación universitaria ou equivalente, para efectos académicos.
  • Ter aprobado o segundo curso de bacharelato unificado polivalente (BUP) ou ter un máximo de dúas materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos.
  • Ter superado o segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias (REM).
  • Ter superado o terceiro curso do plan de 1963 das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.
  • Ter superados outros estudos declarados equivalentes, para efectos académicos, con algúns dos anteriores.
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Ter superada a proba de acceso a ciclos formativos.


De non cumprir ningún dos requisitos anteriores é posible acceder a un ciclo de grao medio superando as probas de acceso que as administracións educativas organizan todos os anos. Para iso é preciso cumprir dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

Módulos de Primeiro Curso

  • Inglés (160 h). +info
  • Operacións administrativas da compravenda (133h). +info
  • Tratamento informático da información (267 h). +info
  • Técnica contable (133 h). +info
  • Operacións auxiliares de xestión de tesouraría (160 h). +info
  • Formación e orientación laboral (107 h). +info

Módulos do Segundo Curso

  • Comunicación empresarial e atención á clientela (123 h). +info
  • Empresa e Administración (123 h). +info
  • Operacións administrativas de recursos humanos (123 h). +info
  • Tratamento da document. contable (105 h). +info
  • Empresa na aula (156 h). +info
  • Formación en centros de traballo (410 h). +info

CONTACTA CONNOSCO

Solicita información sen compromiso. O noso servizo de atención ao público responderalle no menor tempo posible.
986 419899