Bolsa de traballo

Cebem dispón dun servizo de bolsa de traballo para facilitar a inserción laboral aos seus alumnos e exalumnos.

O obxectivo principal deste servizo é acompañar ao alumno no proceso de inserción laboral dando así resposta ás necesidades profesionais das empresas ofrecendo talento creativo e persoal altamente cualificado.

Plataforma de teleformación online

Como complemento á formación presencial, Cebem ofrece unha plataforma de formación online que pon ao dispor dos alumnos/as, e que permite a posibilidade de completar ou ampliar a formación desde calquera lugar, sen problema de horarios ou desprazamentos. Trátase dunha contorna formativa desenvolvida en Moodle, que inclúe ferramentas e metodoloxías modernas onde os docentes soben contido e materia adicional e complementaria.

Orientación Psicopedagóxica

Dispoñemos dun departamento de intervención psicoeducativa dirixida a alumnos/ as e ás súas familias proporcionando técnicas, métodos, e procedementos para lograr un proceso de ensino-aprendizaxe adecuada ás necesidades do alumno/a.

Por unha banda, no proceso ensino-aprendizaxe dos alumnos.

Por outra banda, axudamos ao alumno na súa evolución como ser humano apoiando ao titor na formación do alumnado

  • Prevención e tratamento de dificultades de aprendizaxe.
  • Desenvolvemento da capacidade de atención e de concentración.
  • Técnicas de estudo.

Programa Erasmus

Audiovisual and Culture Agency da Comisión Europea condece ao noso centro a CARTA ERASMUS PARA EDUCACION SUPERIOR para o período completo do Programa Erasmus.

Conexión Wifi en todo o centro

O alumno dispón de conexión a Internet gratuíta en todo o centro.